martes, 29 de enero de 2008

O Debate

Hai uns días celebrouse nunha televisión local un debate no que intercambiei opinións co número dous do Partido Socialista e cabeza de lista por Lugo José Blanco. Dende entón tiven a oportunidade de coñecer de primeira man a impresión que lle causou ós lucenses que seguiron o programa en directo e incluso as que fixeron os medios de comunicación. Non quixera que esas opinións condicionaran agora a miña visión, aínda que xa de entrada recoñezo que non vai ser doado facelo.

En primeiro lugar, quixera puntualizar, como así o fixen na miña primeira intervención no mencionado debate, que o formato elexido por TeleLugo non respondía o reto que a principios do pasado mes de outubro lle plantexei a José Blanco. Eu, en aras de acadar a maior participación e transparencia posible, quería que fose aberto ó público e a todos os medios de comunicación que así o desexaran.

O tema que propuxen tamén se restrinxía a un único asunto: o grao de cumplimento das promesas electorais feitas polo Partido Socialista hai catro anos para Lugo. Pode que moitos pensen que estas cuestións son de matiz, pero creo que é convinte explicar os feitos tal como son.

É certo que os datos, como acontece coas botellas medio cheas ou medio vacías, sempre, en función do seu uso, poden dar percepcións diferentes e incluso contradictorias da realidade. Pero os feitos non.

E os feitos son que en Lugo non hai unha nova ponte (ainda que José Blanco prometa unha segunda sen ter posto sequera unha pedra da primeira); que o Cetal non xerou 15.000 postos de traballo (ainda que o Sr. Blanco siga a insistir en que SERÁ (e poñoo en maiúsculas para recalcar o tempo futuro que eu leo como condicional) un importante revulsivo para a creación de emprego, nin temos autovías, nin temos AVE…, nin temos case nada do prometido por non dicir directamente NADA.

Si temos, pola contra, algunhas cousas que o PSOE non nos prometeu na campaña electoral de hai catro anos: os prezos dos productos básicos (lease luz, gasoleo, cesta da compra: leite, pan, ovos, polo, cebolas…) polas nubles; hipotecas difíciles de asumir; mercado laboral precario; pensións mínimas…

Pero para José Blanco, en función do discurso que defendeu no debate, todo vai ben.

E a cuestión de fondo é esa: establecer se as cousas están ben ou non. Eu sego pensando, despois de analizar con atención o dito por o Sr. Blanco, que non. O que promete e non cumple, defrauda. O que empeña a súa palabra ata deixala baleira de contido, deixa, en definitiva, de ter credibilidade.

Penso que o PSOE non cumpriu con Lugo e que José Blanco, pese a ser o número dous dos socialistas, non foi quen de facer valer nin as súas promesas nin a súa palabra.

2 comentarios:

Maricastaña dijo...

Estou dacordo, sen embargo da a sensación que pase o que pase todo vai ben (aumenta espectacularmente o paro, destrúese emprego, suben as hipotecas, encarecense os productos básicos...)e o psoe segue aventaxando en estimación de voto o pp (segun as enquisas), e zapatero esta ben valorado,¿que ten que facer o psoe para que a xente deixe de apoialo? ¿realmente somos así os españois? creo que si esta crise fora gobernando o pp esto seria un estado de sitio, non o entendo....

Maria dijo...

Hola, visteis el debate de ayer entre Solbes y Pizarro? la verdad es que yo soy votante del PP y objetivamente me pareció que lo hizo bastante mejor Solbes que Pizarro, creo que Pizarro no aprovechó la oportunidad en un tema como la economía en donde independientemente de las cifras macroeconomicas todos los españoles sabemos, da igual si somos del PP o del Psoe que nuestro nivel de vida empeoró muchísimo y sin embargo Pizarro no supo atacar, creo que hay que tener muy bien preparados los debates y estar muy bien asesorados en las actitudes y poses ante la cámara.Pero no todo es negativo tengo mucha confianza en Rajoy ya que lo hizo muy bien en las dos entrevistas que tuvo y estoy convencida de que le va a dar un repaso a Zapatero. Mucho ánimo y a trabajar.