miércoles, 15 de abril de 2009

O ministro Blanco

Crise económica por resolver que deriva nunha crise de Goberno a pouco máis dun ano da súa toma de posesión. Despois de varios días de especulacións, por fin, Rodríguez Zapatero confirmou os nomes da seu renovado executivo. Cinco caras novas e un cambio de carteira.

Algúns nomes estaban cantados. Un deles, o de José Blanco, soaba dende hai moito tempo. Destacoo de xeito especial porque, ó fin, é un veciño e vaia por diante a miña felicitación pública polo seu nomeamento. Di o dito que un amigo, na porta do inferno; e é de esperar que, sendo de Lugo, algunha discriminación positiva ou una maior sensibilidade pola súa provincia haberá. Eso é, de entrada, esperable pero sobre todo desexable.

Esta claro que é doado superar a laboura feita pola súa antecesora, a ben coñecida polos galegos en xeral e os lucenses en particular, Magdalena Alvarez. Pero tampouco hai que esquecer, aínda que sexa cortés dar unha marxe de confianza, que Blanco prometeu moito para Lugo cando viña de visita, sendo xa o número dous do seu partido a nivel nacional (xa coñecen o conto da ponte…), pero fixo moi pouco.

Agora ten unha boa oportunidade de compensar o ninguneo ó que o Goberno central someteu a nosa provincia durante os últimos cinco anos. Non se trata xa de que nos den máis que ós demais, senón o que lexítimamente nos corresponde, empezando por non ser a única provincia á que non chegará o Ave.

O novo titular de Fomento ten moito traballo por diante, moitos proxectos por rematar e moitas obras por empezar. Agardo que a súa entrada no executivo sexa para ben dos lucenses. Xa non valen nin hai excusas. Xa non terá que recurrir a dicir que manda máis que un ministro; agora xa o é.

E do resto dos nomeamentos, qué dicir.

Dá a impresión de que había que devolver a algúns o respaldo acadado noutros tempos e a outros darlle a oportunidade de retirarse con honores. Non creo dicir nada novo ó afirmar que esta remodelación non convence a ninguén que non sexa da casa, da casa socialista, claro.

En primeiro lugar porque non parece que este drástico e amplo cambio, pese ó anuncio do propio Presidente Zapatero de que iría nesa dirección, sexa un gabinete coa principal encomenda de solventar a tan traída e levada (e negada) crise económica.

E menos aínda de austeridade. Pero a austeridade, como xa é costume entre os socialistas, non é un vocablo incluido no seu predicamento; brila sempre, máis ben, pola súa ausencia. Non sorprende, por tanto, que non cumpra esta premisa, aínda que, dadas as circunstancias, sería lóxico un xesto (aínda que só fora eso) neste senso.

A modo de resumo, fágome eco, aínda que cunha leve variación, do título dun artigo públicado hai uns días por este xornal: “Ferraz desembarcou na Moncloa”.

1 comentario:

rosalia dijo...

Haberá que agardar que fai o Sr. Blanco, por agora sonri moito, pero os antecedentes que temos del non son moi bos. A ver cantas pontes ten Lugo cando deixe de ser ministro