miércoles, 23 de septiembre de 2009

As contas do leiteiro

Hai algunhas semanas, a raíz dun informe do Consello de Contas sobre o grao de execución orzamentaria no Concello de Lugo, tildaba ó Goberno que dirixe José Clemente López Orozco de ineficaz. 

Baseaba a miña crítica no feito de que durante o exercicio auditado, o correspondente ó 2006, tivérase executado pouco máis do 24 por cento do investimento real previsto. Preguntábame daquela de que serve incluir proxectos e consignar o gasto previsto no orzamento municipal se despois, sistemáticamente e nunha porcentaxe tan abultada, non se cumpre.  

Poñer números nun documento, o máis importante ó fin dos que se redactan en calquer administración, por poñer, non ten ningún sentido. De pouco serve, por non dicir de nada, prometer que se vai facer esto ou aquilo porque, antes ou despois, o eco devolverá o engano. 

De nada serve tampouco tentar esquivar os efectos negativos da crise económica que estamos a vivir inflando as previsións de ingresos. Tamén eso fixo Orozco nos orzamentos deste ano. As súas contas, de feito, rebosaban optimismo, quizais porque a el si o convenceron os seus compañeiros de partido no Goberno central cando dixeron atisbar 'brotes verdes' espallados por aí.  

Nós xa llo advertimos daquela. O forno non estaba, e segue sen estar, para moitos bolos, e non resultaba prudente prever para o presente exercicio un crecemento dos ingresos por riba do 25 por cento, a previsión máis alta de todos os concellos de Galicia. Hai que telo en conta, porque el non reparou nelo, pese a que no 2008 as súas previsións iniciais rebaixáronse en preto dun oito por cento.  

Orozco, sen embargo, seguindo a súa liña, tirou para diante. Nas súas previsións fixo oídos xordos tanto á reducción de ingresos do Concello por impostos directos como á rebaixa de fondos que ía transferirlle a Administración do Estado. Dende o Goberno de Zapatero ben claro lle dixeron a el e ó resto dos alcaldes que non tiñan en mente unha compensación orzamentaria por esa mengua no traspaso de fondos dende a Administración central ás locais. 

Pero ó final a realidade impúxose, e no primeiro semestre de 2009, segundo a propia Axencia Tributaria, a caída media da recadación local sobrepasou o 30 por cento.   

Total, que o Alcalde de Lugo vai ó seu aire, facendo súas as contas da leiteira, alleo a case todo o que preocupa nestes tempos ó común dos mortais que non é outra cousa que tentar chegar a fin de mes coas fabiñas contadas que teñen non peto. Fai orzamentos irreais, baseados en previsións irreais e, polo tanto, cando o vindeiro ano vaiamos comprobar os niveis de execución comprobaremos, unha vez máis, que (case) nada do dito se fixo.  

Todo o garabateado nas contas para 2009 no Concello de Lugo é, como xa vaticinábamos, ficción. Non hai fondos nas arcas municipais e tampouco se agardan. Poñer o carro por diante dos bois nunca deu resultado e o tempo confirmarao.

 

7 comentarios:

Armadanzas dijo...

Eu do que diga o sr Orozco xa non me creo nada tras 10 anos de goberno nos que non fixo practicamente nada do que prometeu.
Firmemente penso que aqueles políticos que perden a credibilidade, como e o caso do noso alcalde, terian que deixar paso a outra xente con outras ideas. E no caso de Lugo, xa vai sendo tempo de que volte o PP.

JTIRIMOL dijo...

PARTE PRIMEIRA: As matemáticas son unha ciencia exacta, e cando os números non cadran, pois non os vai facer cadrar o señor Orozco por arte de maxia, tal fose Arturo Cortina.

Unha década perdida e de retraso a nivel de infraestructuras e a nivel cultural, non fixo absolutamente nada do que prometeu. Con cándidas verbas viñan polos pobos pidindo o voto e prometendo e prometendo, e a xente votoulle, pero xa está farta porque non somos parvos, e o único que fai e rirse dun.

Para min que perdou o Norte, e xa fai tempo que o perdeu, e agora ven arrastrando esa inestabilidade política tras del, dende fai anos. A súa xestión é pésima, o que si que hai que recoñecer é que é un bo charlatán. É decir que vende fume, e dáselle á perfección facelo, é unha das súas sinales de identidade.

E dálle por poñer números ao tolo nun papel e o orzamento non o cadra ninguén. Efectivamente, Xosé Manuel, son as contas da leiteira, excelente metáfora para referirse á xestión totalmente pésima e desfasada do Alcalde da nosa cidade. Pero eu iría máis lonxe e aplicaría tamén esas contas ao señor ZP.

Estes do PSOE soñan espertos, venden fume, incumplen o que din, cambian o goberno, desenderezan o que xa torceron (que é difícil), e tratan de justificar o inxustificable, e así vamos, esto vaise á deriva, e non me cansarei de repetir que fai falta un patrón, que colla o timón deste barco, e non leve a bo porto. Porque estamos á deriva e con serio perigo de acabar no Triángulo das Bermudas.

JTIRIMOL dijo...

PARTE SEGUNDA: Aínda que eu empregaría coa xestión de Orozco a fábula da “Oca e dos ovos de Ouro”. Na cal unha oca pon ovos de ouro, e a vida dos granxeiros cambia por completo ao ver tal fenómeno, agora poden facer fronte aos seus problemas cotiás. Pero a un non se lle ocorre outra cousa que matar á Oca, porque pensou que dentro da oca había ovos de ouro, e ao matala, os granxeiros quedaron pobres e sen poder facer fronte os problemas cotiás. O mesmo que este goberno, que toma medidas absurdas no medio dunha crise gravísima, e despilfarra ata que nos deixe a todos coma os granxeiros da fábula de Esopo.

E a fábula da leiteira e perfectamente aplicable a Orozco, tras ter as arcas do concello cheas, pois Orozco soña esperto… …E pensa conseguir a admiración popular. Como as arcas están cheas, pensa en invertir en infraestructuras, en arranxar os camiños do rural, en cumplir todo aquilo que prometeu… E con todo iso gañar a confianza da xente, e cando a teña gañada, ser elexido Alcalde con maioría aplastante. Pero trabucouse, ao igual que na fábula. A leiteira soña con mercar de todo, e quere facer manteiga e vendela, e despois comprar galiñas e vendelas e así sucesivamente… E non se decata de que o leite caeu, e as contas que fixo foron en valde. Igual ca Orozco. Vergonzoso é que no primeiro semestre de 2009, segundo a propia Axencia Tributaria, a caída media da recadación local sobrepase o 30 por cento.

E despois está o tema das promesas incumplidas. Se xa de por si lles resulta fácil poñer números nun papel ao tolo, máis fácil lles resulta prometer e non cumplir, neso son espertos.
E xa non me refiro ao alcalde senón que miro máis para arriba e refírome aos altos cargos do PSOE e ao señer ZP. Que nos explique a todos ónde está o Aumento en 1.031 milllóns de euros do Plan de Vivienda, o Cumplimento do Plan de Galicia, o aumento das infraestructuras, o aumento no gasto da seguridade do transporte, o apoio ás resolucións da ONU no conflicto do Sahara, o aumento da cooperación do desenvolvemento ata o 0,3% PIB, a deflactación de la tarifa del IRPF… Suma e segue.

JTIRIMOL dijo...

PARTE TERCEIRA: Dende logo se ista é a política que defenden apaga e vámonos, é injustificable tod o que fan, e que non o adornen con verbas absurdas e cándidas. Esto é un desastre a nivel Nacional, e a nivel local, pois xa vedes, non hai fondos nas arcas municipais e non creo que se esperen porque últimamente os milagres escasean.

Hai un proverbio francés que di que “incluso o día máis longo ten un final” Así que esta década de política bananera, algún día tamén terá un final, e o tempo, é un gran mestre, que pon a cada un no seu lado. E a estes pouco lles queda, o problema é o sufrimento e a impotencia das familias lucenses ao non poder facer nada. E estou totalmente de acordo co comentario anterior, un político que perde a credibilidade, ten, forzosamente, que deixar paso a outra xente con outras ideas, e sobre todo con ganas de traballar e de facer as cousas ben.

Estrella dijo...

El señor Orozco lleva demostrando durante muchos años su gran ineficacia como alcalde de Lugo, fueron muchas las promesas que hizo pero también fueron muchas las que se quedaron en el aire, las más importantes se pueden ver en www.lugojoven.blogspot.com
Lugo necesita un cambio ya!

ZParo dijo...

a decada de goberno socialista no concello de Lugo serviu para frear o avance da nosa cidade, fai 10 anos Lugo era terceira cidade de Galiza tras Vigo e Coruña, e hoxe en día estan por diante dela Ourense e Santiago, isto mostra o estancamento da nosa cidade en todos los ámbitos, o señor Orozco basou as suas campañas electorais sempre no mesmo: a nova ponte sobre o río miño que aínda seguimos igual que estabamos; o problema da localización do novo auditorio; ou a creación de zonas verdes que tal e como se pode ver, o parque dos paxariños por exemplo segue paralizado dende fai case 2 anos ou o do Miño que a pesares de estar "rematado" deixa moito que desexar xa que é moi deficiente, e como isto pasa como con case todo na nosa cidade. En un primeiro momento Orozco promete moito pero a hora da verdade non se leva a cabo nada en parte porque a maioria dos presupostos destinados sobretodo a infraestructuras, cultura e turismo non se invirten nestas materias o que provoca o estancamento dunha das cidades mais belas de Galiza.

zETA dijo...

Como bien dijo, Sr. Barreiro, en el pleno del pasado lunes, los informes de Orozco se repiten ciclicamente en un cuadro de diagnostico igual o peor al de otras consultas pasadas: inclumpimientos y más incumplimientos; faltan dos años pero en la calle se respira necesidad de cambio