martes, 29 de septiembre de 2009

Impulso a Lugo

Sensible e axil. Así foi a resposta de Alberto Núñez Feijoo á peculiar situación da provincia de Lugo nestes intres de crise e á chamada de atención e, por que non dicilo, de auxilio formulada polo propio sector empresarial e sindical. Así debe ser a reacción de calquer goberno nun contexto adverso ó desenvolvemento da actividade económica, piar básico e imprescindible para a prestación de calquer outro servizo público á cidadanía.

 

Que o Consello da Xunta viñera a Lugo a reunirse é un feito histórico pola ausencia de precedentes; que o fixera non coma un acto simbólico de descentralización senón de compromiso firme e inequívoco co futuro da provincia, é insólito.

 

O Goberno de Feijoo veu a Lugo a tomar decisións importantes, determinantes, para o porvir da nosa provincia.

 

Veu a falar de discriminación positiva, de reequilibro territorial pero comprometendo a súa realización  cunha folla de ruta establecida e cuns obxectivos ben concretos: incentivar os investimentos productivos e fomentar a actividade empresariais que permita crear emprego e riqueza e que todo elo contribúa, en definitiva, ó seu artellamento territorial. Todo eso é o Plan Impulsa Lugo.

 

Un envite sin precedentes e que estou convencido de que marcará un antes e un despois para a nosa provincia. E non exclusivamente pola súa trascendencia económica, senón porque dá claras mostras de que Feijoo resposta de xeito inmediato ás demandas que se lle formulan dende a sociedade.

 

Un único apunte para fundamentar esta afirmación: poucos días despois da celebración das eleccións autonómicas reuninme cunha delegación do Plan Lugo na que me trasladaron as súas inquedanzas polas dificultades que atravesaba o texido empresarial e os traballadores e, por conseguiente, a provincia; Núñez Feijoo, só dous mes despois da súa toma de posesión como Presidente da Xunta, recibiu en Santiago a representantes deste colectivo para coñecer de primeira man as súas reivindicacións. Tres meses despois hai sobre a mesa un plan de actuación concreto para darlle resposta a esas demandas.   

Pero aínda hai máis, máis previsión, máis organización, máis visión a curto plazo para afianzar máis o futuro. Mentres se contrata e redacta o plan estratéxico que fixará as liñas de actuación e que coordinará, controlará e valorará dende Lugo o Igape, están xa vixentes unha serie de medidas transitorias e diferenciadoras para impulsar o investimento empresarial, especialmente o emprendedor, con salientables ventaxas para as empresas lucenses.

 

Esto si que é discriminación positiva, nin promesas, nin proxectos, nin intencións, feitos. Porque en Lugo estamos case acostumados a que os anuncios de significados responsables políticos, e a lista de exemplos é moi longa, queden en nada. Pero o Goberno da Xunta deu mostras de que ten un xeito moi distinto de facer as cousas, de gobernar.

 

Hai outro aspecto importantísimo e tamén innovador no programa Impulsa: a súa vocación aglutinadora. O desexo de que todos, cunha única voz, nunha única dirección, traballemos xuntos en prol do crecemento da nosa provincia. Empresarios, sindicatos, asociacións e administracións, sexa cal sexa o súa cor política, afanados, cóbalo con cóbalo, nese obxectivo.    

 

É un propósito ambicioso, de altas miras, pero no que valerá a pena empeñar o esforzo. Impulsa Lugo e o estímulo que precisaba a nosa provincia para situarse onde lle corresponde estar.

5 comentarios:

Armadanzas dijo...

Xa era tempo de teres en Lugo un proxecto tan ambicioso coma este plan
Agora espero que esta iniciativa tan necesaria proposta polo PP non teña a oposición interesada dos outros grupos

Estrella dijo...

Confió que este plan tan ambicioso sirva para impulsar la economía y el sector empresarial de Lugo, tan dañado a causa de la crisis.
Espero que todas las administraciones independientemente de su color político se involucren en el plan por el bien de Lugo aunque en ese sentido me mantengo algo escéptica.

JTIRIMOL dijo...

PARTE PRIMEIRA: Está claro que había que pór algunha solución a tales consecuencias causadas pola terrible crise que golpean a nosa cidade. É un Plan moi ambicioso e confío nel para impulsar a economía lucense. Creo que hai que introducir importantes inxeccións de capital para sacar isto adiante. E non esquecer o atraso da nosa cidade con respeto (xa non a outras cidades españolas) senón a cidades galegas.

Evidentemente iste Plan marcará un antes e un despois na nosa cidade, supoño que a Cámara de Comercio, os sindicatos e os empresarios, estarán satisfeitos pola decisión da Xunta de Galicia na persoa de Alberto Feijóo, da creación de dito programa e Plan de axudas. Destacar que os empresarios (destes tres colectivos) foron os que máis se resentiron da crise, e que ninguén tomou ningunha medida aos problemas que viñan arrastrando dende xa fai tempo, e ten que ser agora a Xunta, nas mans de Alberto a que poña solución a semellantes dificultades coas que se topou o mencionado colectivo.

Non estou moi de acordo coas declaracións de Jesús Pernas, nas cales, afirma que é un programa de mínimos pero que está satisfeito. Que esteña satisfeito é o normal, en maior ou en menor medida, ou medida xusta da situación, pero non creo que seña un programa de mínimos.

É moi bo, moi positivo, e di moito a favor do PP que o goberno de Alberto, actuase con tal rapidez na nosa provincia ante as demandas da mesma.

Eu son optimista, non tanto como para afirmar que esta provincia seña a de máis atractivos de España polas facilidades para a instalación ás novas empresas. Pero si para considerar que será unha das mellares do territorio galego.

JTIRIMOL dijo...

PARTE SEGUNDA: E destacar eses préstamos a doce anos de interese cero, cos que nunca contaron. Con iste Plan de impulso para Lugo, un síntese orgulloso de pertencer ás novas xeneracións e de participar nas actividades do PP. Alberto, gardián das súas palabras e intimidade, só se expresa con feitos, e non con demagoxia ou politiqueo barato, e iso vése. Un 10 para el, e para o seu equipo de goberno.

Agora queda traballar man a man e que as demais forzas políticas sepan apreciar a evidencia do Plan e a realidade que se está a vivir na nosa cidade. Confío en que así seña, aínda que teño as miñas dúbidas. Espero e desexo en que os do BNG non comencen con comeduras de miolos e argumenten barbaridades para buscarlle vinte pés ao gato, tal e como fixeron (día tras día) na lexislatura de Fraga cando fixo as Autovías e este colectivo político, argumentaba que o que estaba facendo o PP, era dividir a Galicia en dúas, na Galicia rica e na Galicia pobre. Unha auténtica barbaridade, espero que apoien dito Plan.

Lugo precisa un estímulo, que lle vai dar este Plan. Para min a clave é o texido empresarial da nosa provincia, e as axudas que iste Plan supón para este colectivo tan dañado pola aguda crise que se está a vivir e que tiñeron que sufrir nas súas carnes.

Un proxecto moi abicioso para a nosa cidade, Montesquieu dicía que “Un hombre no es desdichado a causa de la ambición, sino porque ésta lo devora”. E Johann Wolfang Von Goethe dicía que a ambición e o amor eran as alas das grandes accións. Con isto Quero decir que desexo que este proxecto ambicioso se leve a bo fin, confío plena e cegamente en Alberto, e con traballo a ambición non nos devorará, senón que se fará realidade de que a voz de todos, isa voz aglutinadora se escoite na nosa cidade. E xa era hora de que tiñésemos un Plan tan ambicioso, isto é discriminación positiva, e non politequeo barato, como xa indiquei máis arriba. Esperar que ninguén empregue este proxecto para facer oposición interesada a efectos políticos. E recalcar que era o que precisábamos para ter a nosa provincia no lugar que merece e que lle corresponde.

Anónimo dijo...

Menos política e maís festa.
¡viva o San Froilan!