martes, 1 de septiembre de 2009

A marca socialista

Hai uns días facía mención ó uso partidista das institucións como unha marca propia dos socialistas, pero non é a única. Hai outros rasgos que os caracterizan: o despilfarro, a destrucción de emprego (España lidera o ranking da Unión Europea neste eido), a ineficacia na xestión… Alí onde chegan, sexa ó goberno municipal, ó provincial, ó autonómico (co respaldo nacionalista) ou mesmo ó nacional, os números principian a bailar atolondradamente e case na mesma proporción na que se reduce a acción, o traballo, o avance.

A ineficacia é sempre un defecto, pero resulta aínda máis imperdoable cando o tempo que toca vivir e de vacas fracas e os brotes verdes non medran nin coa auga de maio que inusitadamente cae no estío.  

É un feito, por exemplo, que o goberno que lidera José López Orozco é ineficaz. Acredítano os datos de execución orzamentaria e afirmao o Consello de Contas tras auditar as contas municipais do 2006.

Comparativamente co resto das principais cidades galegas, Lugo non é que quede en mal lugar, é que lidera o ranking das peores. O 76,1 por cento do investimento real previsto, o máis importante ó fin porque nel inclúense as obras en infraestructuras e dotación de servicios, quedou sen executar. De que sirve entón incluir proxectos, coa conseguinte partida, nos orzamentos municipais se despois non se cumplen nin as previsións que se autofixa o propio goberno?

A pregunta é retórica, porque de nada serve (agás para contentar ficticia e momentáneamente á cidadanía afectada de cara quizais a unha cita electoral) poñer uns números nun papel que despois non se ten a mínima intención de cumprir. É certo que ás veces xurden  imprevistos, inconvintes que retrasan e dificultan, por tanto, o cumprimento das previsións, pero se éstas se reducen a unha execución de menos do 24 por cento, unha de dúas: ou os imponderables confabuláronse en masa contra Lugo ou o Goberno de Orozco é un desastre.

Pero o preocupante, por non empregar un calificativo algo máis gráfico e polo tanto alarmante (aínda que penso que describiría con máis rigor a realidade) é que este incumplimento de compromisos, que converte os números en ficticios, é, por así delicilo, un hábito socialista, unha marca da casa.

Lémbrense, por exemplo, da porcentaxe de execución orzamentaria na provincia de Lugo do Ministerio de Fomento cando o capitaneaba a hoxe eurodiputada Magdalena Álvarez no 2006, 2007 ou 2008… Teñen en mente o retraso das autovías, do AVE, incluso desa nova ponte sobre o Miño, que o hoxe ministro José Blanco principiou a "contruir" alá polo 2004, pero no que o pasado ano, por exemplo, investiuse só o un por cento dos 4,5 millóns consignados?

A Deputación de Lugo, seguidora fiel tamén a este plantexamento socialistas de presupuestar pero non executar, tiña a finais do pasado ano pendente de gastar algo máis do 51 por cento do seu investimento real, que supoñía uns nada desdeñables 39 millóns de euros. Xa saben que o ritmo de traballo do equipo que lidera Gómez Besteiro non é precisamente supersónico. E eso que nas últimas datas, fundamentalmente dende o pasado 1 de marzo, é moi proclive a reclamar, ó igual que o Sr. Orozco, ó Goberno autonómico a posta en marcha de plans que contribúan a incentivar a contratación de obra pública por aquilo de que axude a dinamizar o mercado laboral, que boa falta fai cos máis de catro millóns de parados que hai en España. Non apostan, sen embargo, por predicar co exemplo, empezando por cumprir os seus propios compromisos de dotación de infraestructuras e servicios.   

A Xunta bipartita non foi tampouco exemplo de execución, quizais porque ambos socios estaban máis preocupados por alongar a súa sombra sobre o outro que por gobernar.

En fin, non gastar as partidas incluidas nos orzamentos é unha práctica común dos socialistas, que non son pródigos en aforro, por certo. Deron claras e sobradas mostras de que a austeridade, o de apretarse o cinto, non vai con eles cando teñen a responsabilidade de administrar os cartos públicos.

Non hai reparo en despilfarrar, para eso teñen tempo, pero teñen serias dificultades para levar a cabo o plan de traballo anual que eles mesmos establecen. Non aplican sen embargo a mesma pereza á hora de cobrar ou subir os impostos. É unha lástima que as varas de medir, segundo para qué e para quén, sexan distintas.

5 comentarios:

JTIRIMOL dijo...

A eneficacia do Partido Socialista para facer fronte aos problemas cotiás é o pan de cada día, dende o despilfarro ata o desemprego, suma e sigue. E se xa falamos de proxectos prometidos e incumplidos, poderiamos escribir un libro. O goberno de Orozco é un desastre, mírelo por onde o queiras mirar. Os seus compromisos son papel mollado, e se a iso lle sumamos que precisamente non son moi pródigos en aforro, pois imaxínate o panorama.

Antes de falar do Bipartito e dos seus catro anos na xunta, e máis do Goberno de Orozco, aprobeito ista entrada, para decir que me sinto totalmente engañado e estafado co señor ZP, e a súa cuadrilla (entendendo por ela a un grupo de amigos cuxa amiszade dura dende a adolescencia ata idade adulta), non sexa que alguén se me enfade por tal vocablo e o confunda cos banderilleros e picadores que acompañan ao toreiro. Pero vamos ao grano, eu son un amante da Cultura (en todo o que ela conleva) Dende o Arte, Literatura, Cine, Teatro ata a Música, especialmente a música Rock e Heavy en tódalas súas vertentes (power, Hard, black, gótica, doom…) e o orzamento destinado a cultura por parte dos Socialista esvaeceuse no aire. Promesas incumplidas; onde están; o incremento de beneficiarios de Becas, os libros de Textos gratuitos, a creación dun bo Ministerio de Educación, Ciencia e Tecnoloxía, a bendita reducción do I.V.A nos productos culturais, o aumento da financiación pública á cultura, o traslado o Arquivo de Salamanca e a Ley para a Música feita neste país.

Dito isto, paso a falar do bipartito, en tempo de crisis, de desemprego, de dificultades económicas moi gordas para tódalas familias galegas, non se lles ocorre outra cousa que pasear en barco e mercar coches, e amueblar os despachos, bo ejemplo para os cidadáns ¿verdade?.

E con respeto aquí a Lugo, e a Orozco, inclible o retraso das autovías e do AVE, e xa non mencionemos a famosa Ponte sobre o río Miño, menos mal que os Romanos construían ben, que senón teriamos que pasar en helicóptero. E simplemente dicirlle ao señor Orozco que Lugo non comeza na Calle da Reina e remata Na Praza de España, que no Rural tamén vivimos personas (cousa que el debe descoñecer, e que hai que recrdarlla), porque para cobrar os impostos, sí existimos. Porque fai uns días dicían que non se medía coa mesma vara aos do PP que aos do PSOE, e dicíano simpatizantes do Partido Socialista, pois tiñan razón.

A ineficacia é unha das principias virtudes do Goberno de Orozco, o despilfarro a sina de identidade dos Socialistas. E xa cos datos que aporta Xosé Manuel sobre o Concello de Contas, o cumprimento das previsións, se reducen a unha execución de menos do 24 por cento, mailos datos que aporta sobre a execución do AVE e dos 39 millóns de euros que tiña pendentes gastat a Deputación a finais do ano pasado; con todo iso no ámbito local, co que pasou na Lexislatura do Bipartito, e co que está a acontecer con Zapatero, só me queda por decir; ¿Socialismo? Non, Gracias!.

Estrella dijo...

A Orozco le encanta llenarse la boca con promesas y compromisos que se quedan en eso, promesas.
Ahora que si va a seguir la línea politica de primero digo una cosa, luego otra y cuanto más improvisada sea mejor que tanto le gusta a Zapatero casi prefiero que no haga nada y se quede sentando en el sillón.

zETA dijo...

Parece que a los de Lugo se nos trata de estúpidos, es hora ya de un gobierno que de verdad vele por los intereses de todos los lucenses.

armadanzas dijo...

Onte vin no "gato al agua" na cannle Intereconomia tv, unha entrevista que lle fixeron ao señor Manuel Pizarro na que quedaba patente cal fora a forza política que dixera a verdade respecto a situación económica que atravesa España.
Por tanto xa non Zapatero que tamen, sinon que todos os menbros do goberno socialista carecen nestes intres da credibilidade tan necesaria para estar a fronte do noso país.

viveirés dijo...

Que si home que si, tes toda a razón Barreiro. Para cumplidor dos compromisos en dotación de infraestructuras e servicios o señor Fraga. En Gaiás non houbo queixa de todo, seguro que os amigos que fixeron as obras cobraron todo. E senón deu tempo, xa se sabe, contratos blindados.

Pero eu voulle dicir unha cousa e vou falar da miña zona, A Mariña. E máis concretamente da Mariña Occidental (xa sabe, esa división absurda e estúpida que fixeron para colocar a tres tipos nas fundacións; tremendos chiringuitos lles chamaría eu). Pasaron catro anos e aquí seguimos igual. Bueno, non, polo menos ían camiño de adxudicar o treito de corredor entre San Cibrao e Celeiro e de licitar o Celeiro-variante de Viveiro. Agora disque anda parada a historia, será que en Viveiro gobernan os socialistas e non interesa tirar cousa cousa para adiante?

En fin, ao que vou, e perdoen se son mal falado, eu son viveirés e estou ata os coll... de aguantar no vrao uns atacos criminais, así que vaianse poñendo as pilas se non queren que sexa moi pesado co tema. Dígalle isto de parte miña ao seu compañeiro Balseiro e deame a súa opinión sobre o tema (bueno, perdoe, que xa sei que non responde). E de paso, pregúntelle polas centralización das autopsias. Balseiro, ese gran defensor da Mariña.

En fin... que xa que estamos falando de Viveiro, fale do que verdadeiramente nos importa (como presidente lucense do PP que é) e deixese de botar balóns fóra.
Que cara... pasa co bipartito de Viveiro? Non, tranquilo, non tolei. Sei que agora gobernan os sociatas en minoría, falo do bipartito do PP. Imos acabar con grupo mixto na corporación e só dous concelleiros do PP, ou que? Diga home diga, que en Viveiro sabemos que xa houbo varias reunións para tratar sobre o tema, pulpada de Naseiro polo medio (só estaban os afíns na mesma).

Por certo, anímese a contestar cando lle preguntan, que non custa nada e queda vostede moi ben coa xente. O outro é mala educación.