miércoles, 18 de mayo de 2011

Recta final para o 22-M

Entramos na recta final. O domingo despexaremos dúbidas e constataremos o acerto ou desacerto das enquisas que se foron publicando ó longo desta campaña electoral e, no caso concreto de Galicia, a que forza política encomendarán os galegos a responsabilidade de asumir a dirección de cada un dos 315 concellos que conforman o noso territorio durante os vindeiros catro anos.

As previsións pintan ben para o Partido Popular. Os que vivimos a campaña a pe de rúa, percibímolo día a día.

A xente está farta de que proliferen os problemas e escaseen as solucións; de que planee constantemente a ameaza de ter que asumir novos recortes sociais e outra subida de impostos con xa preto de cinco millóns de parados ás costas, e queren cambio. Un cambio que, hoxe por hoxe e vistos os resultados da nefasta xestión levada a cabo polo goberno central, só pode liderar o Partido Popular.

O obxectivo, non neguemos o obvio, é obrigar ós socialistas, e ós que os apoiaron, a marcharse. E para elo, cada voto importa e conta. Para elo é imprescindible ter nos concellos gobernos fortes, que teñan unha soa voz e unha única acción de goberno, e que concentren todos os esforzos en acadar a recuperación económica e en reactivar a creación de emprego. Esa é a prioridade.

No Partido Popular estamos convencidos de que a tan necesaria rexeneración política e económica de España é posible acometela de abaixo arriba, dende a administración que máis preto está dos cidadáns.

Pero o único xeito de facelo é, non nos enganemos, dende a austeridade, a planificación e a responsabilidade. A esa responsabilidade apelo eu para que o vindeiro 22 de maio os galegos continúen o cambio de ciclo iniciado hai dous anos nas eleccións autonómicas.

7 comentarios:

JTIRIMOL dijo...

PARTE PRIMEIRA: Xosé Manuel, pérmite que primeiro faga alusión ao goberno central e a ZP que é de onde veñen tódolos problemas. As finalizacións dos argumentos de ZP, fai que o desenlace do seu programa electoral, esvaeza de súpeto. Xa sebemos que as matemáticas son exactas e que os números e as cifras son inalterables como a historia. E por moitas voltas que lles queiran dar, a realidade é a que é, polo que non atopamos ningunha solución singular, particular nen xeral, ao problema que estamos recibindo. E iso é triste, xa que vemos que a única saída posible, son ou ben eleccións anticipadas ou ben dimisión, ámbalas dúas case imposibles de pensar nestes intres, ainda que sexan desexadas póla maioria da cidadania.
A diferencia existente entre unha situación desexada, e a situación política actual; é o goberno do señor ZP e todo o seu equipo. Todos estamos de acordo en que dende fai xa, bastantes meses tódalas medidas tomadas se basan na constante improvisación. E as últimas medidas referentes aos recortes salariais, seguen sen ser suficientes, axeitadas, e ademais bastante inxustas, em tódolos eidos. Claro que, quizais, para unha maioría da cidadania, se vexa con vos ollos que se lle conxele o soldo aos funcionários, xa que poden ter a visión de que teñen un soldo máis que digno e un traballo de por vida. O que pasa que a realidade é totalmente oposta a esa visión, enfocada polo presidente de España, e ratificada con vos ollos por José Blanco. O cal afirma por activa e por pasiva, que os beneficiarios da crise son os do PP, e que o PP emprega a crise como arma electoral. Evidentemente, non fai falla ser moi intelixente, para ver que ditos argumentos non se sosteñen nen con alfileres, e que mentres improvisen e fagan desviar miradas cara o PP, máis tempo de marxe terán para seguir poñendo parches a esta nefasta política. A única solución sería un Goberno liderado polo PP. E a xente cada día que pasa se dá máis conta delo

JTIRIMOL dijo...

PARTE SEGUNDA: Isto xa é indignante dende fai xa meses. Agora isto parece unha tómbola; e o señor ZP o titiritero e os demais os “estafados” que xogamos nela. Presumen de política social e económica, ¿social? ¿económica?. As contas non as cadra nen o mellor economista do mundo, vamos que nen tan sequera John Forbes Nash, sería capaz de pór ao día as contas dos Socialistas.

Primeiro collemos a friolera e non despreciable cantidade de 8.000 millóns de euros e tomamos medidas absurdas para poñerlle parches (xa rotos) á crise Mundial que estamos vivindo e sufrindo. Que a crise non é culpa de ZP como argumenta Leopoldo Arias Abadía, pois é discutible. Certo é que é unha crise Mundial, que o Sistema Capitalista topou e o sistema do benestar vénse abaixo, aquí en España veu de rebote e afectou nun principio a Burbuxa inmobiliaria e despois arrastrounos a todos/as. A ZP xa o avisábamos, pero facía oídos sordos (cousa que se lle dá moi ben) e negaba a crise, negaba a crise e seguíaa negando, Crisis? What crisis?? Título dun disco dos británicos Supertramp, debe de ser fan da banda, un bo grupo de rock progresivo, aínda que eu son máis de Iron Maiden ou dos Ourensáns Los Suaves “Esta vida me va matar” moi bo disco que debería chegar a oídos do señor ZP. Se para él seguimos ben… Os parados e a crise só son fantasías dos cidadáns e do Partido Popular.
O que está claro é que estamos nun barco a deriva cuxo capitán é o señor ZP, e perdeu totalmente o rumbo, e só poden pasar tres cousas, ou fundímonos e vamos parar ao fondo do mar, ou acabamos nunca illa deserta (bo título para unha novela de Robert L. Stevenso) ou ben, colle o timón deste barco xente comprometida que navegue na dirección adecuada, é decir, ten que coller o timón o Partido Popular, e teno que facer xa!! Ao igual que en Galicia, na que cada membro do Bipartito ía para o lada que el quería e nós á deriva, ata que Alberto se dispuxo a navegar nunca mesma dirección, enderezando todo o que o PSOE e BNG torceron, que non foi pouco, todo sea de paso dicilo, porque co refrito que formaron, menudo panorama para Alberto, que o está facendo de maravilla.

JTIRIMOL dijo...

PARTE TERCEIRA: O domingo orozco irase do Concello e deixará paso a un equipo de goberno xove e con gañas de traballar, con gañas de dar o callo por Lugo, con gañas de dar o callo por tódolos e cada un/unha dos/as lucenses. Liderado por Jaime Castiñeira. O domingo será un día importante porque se botará do Concello a alguén que foi incapaz, xa non de levar a cabo un proxecto grande, senón incapaz de cumplir algo de prometido en 12 longos anos. Ao señor Orozco xa se lle acabaron as prórrogas. Pódese, onte por Galicia, hoxe por Lugo. Queda pouco Xosé Manuel, para que sexas Presidente da Deputación, e o bipartidismo torne ao seu fin. O 22 será un día de festa para todos/as, e dende aquí, o teu blog, animo a todos/as a participar, porque hai que lembrar que nalgúns paises non teñen a sorte de poder votar. E evidentemente pido o voto para o PP.
Jaime Alcalde.
Xosé Manuel Presidente.

¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡ÁNIMO BARREIRO, ÁNIMO PRESIDENTE!!!!!!!!!!!!!!

Anónimo dijo...

Espero que haxa un cambio político na provincia e na cidade de Lugo o 22 de Maio.

Por certo, manda narices que haxa quen lle bote a culpa da crise ó PP. É certo que en 2003 xa se veía que había que cambiar de modelo productivo, mais a responsabilidade de levalo a cabo foi de quen tivo a responsabilidade de goberno en España a partir de 2004, ZP, quen o tiña incluido no seu programa electoral. E qué fixo? Todos a sabemos: non preparar ó noso país para o futuro e gastar como se os ingresos públicos foran infinitos, causándolle non poucos quebradeiros de cabeza ó seu Vicepresidente económico, Pedro Solbes, quen con moi pouca dignidade tragaba unha e outra vez ata que viuse incapaz de seguir adiante có irresponsable que tiña por xefe. É moi curioso volver a ver o debate Solbes-Pizarro para ver quen dicía a verdade sobre a situación de España en 2008 o e que se nos viña enriba.

Moito ánimo, Xosé Manuel, que o domingo pola noite serás o Presidente electo da Diputación.

Anónimo dijo...

No dudo de que haya gente apolítica en las manifestaciones que estamos viendo estos días, si realmente la base de estas propuestas es el hartazgo de la clase política, creo que el partido popular en Lugo (que es el que conozco) puede ser una corriente de aire fresco que limpie un poco el daño que ha hecho el psoe a los políticos en general (y repito, hablo de Lugo en particular porque es lo que conozco)

Anónimo dijo...

DIMISION XAAA!!!!

Xa viñamos avisando pero non ai peor xordo que o que non quere escoitar.

¿Merecía a pena manter os votos de Barreiros a costa do cabreo de moitos votantes doutros municipios que teñen alí a sua segunda vivenda pola perda de dignidade do partido?

O resultado ahí o tés.


Avisamos do que se cocía e non fixeches caso.

Anónimo dijo...

Xa van case que duas semanas dende as eleccions e seguimos sen DIMISION