miércoles, 9 de enero de 2008

Un comezo

As novas tecnoloxías e sobre todo a irrupción de internet nas nosas vidas, a rede de redes, a autopista da comunicación como adoitamos xa chamala, trocou totalmente a maneira de entender non só as relacións humanas senón tamén o xeito no que nos intercomunicamos co resto do mundo.

O que era inconcebible hai uns anos, que facía pensar máis nunha especulación propia da ciencia ficción, é unha realidade tan contidiá que resulta moi difícil entender o noso mundo, xa sexa no ámbito persoal coma no profesional, sen a presencia de internet.

É unha ferramenta revolucionaria que nos obriga a reconfigurar, para empregar un vocablo netamente informático, a nosa concepción e percepción da realidade. Permítenos, por riba de todo, ter tantos ollos e oidos como sexamos capaces de imaxinar.

O blog é un foro de debate, aberto e sen condicións, onde calquera e o máis importante, cando queira ou poida, exprese a súa opinión. Dende eiquí bríndome, con todos os que así o desexedes, a recuperar esa vella aspiración socrática de aprender na discusión que tan ben souberon desenvolver os clásicos. Tentemos recuperar, gracias as ventaxas que nos ofrece a modernidade, voltar á plaza pública, aínda que ésta sexa virtual, e medrar, no amplo sentido da palabra, no intercambio de ideas e inquedanzas. ¿Aceptas a miña proposta?

1 comentario:

breogan dijo...

Noraboa polo teu blog. Estás á última. Espero leer nel interesantes opinións sobor de temas varios.