lunes, 14 de julio de 2008

Un ano perdido

Cúmprese hoxe un ano de goberno na Deputación de Lugo. Do novo goberno, do goberno de “progreso” conformado polo PSOE e o BNG, que hai 365 días anunciaba grandes cambios na imaxe e nas formas da administración provincial.

E efectivamente houbo algunhas variacións apreciables. Taláronse, por exemplo, as árbores da fachada, otorgándolle así maior luminosidade e protagonismo ó edificio, e abriuse o pazo provincial e os espacios verdes da institución para uso e disfrute de todos, incluidos os integrantes do Grupo provincial popular que o outro día tivemos a oportunidade de facer o balanzo do noso traballo no xardín interior.

E todo esto está moi ben, pero de xestión, de resolver os problemas cos que cada día se teñen que enfrontar os lucenses, nada de nada.

E dende o Grupo provincial popular levamos xa moito tempo insistindo nunha idea: Non se traballa. Principiando polo propio Presidente Gómez Besteiro, que nin se molesta en exercer como tal, encabezando as reunións das xuntas de goberno (prácticamente estivo ausente da mitade das celebradas ata o momento), e acabando por cada un dos deputados delegados que parecen ir por libre na súas áreas de competencia. E como lle pasa ós artistas, á inspiración teno que coller a un coas mans na masa, afanado na tarefa. Logo as súas decisións poden ser máis ou menos acertadas, opinións haberá para todos os gustos. Podemos discutir dende o punto de vista político se esta ou aqueloutra iniciativa era máis ou menos prioritaria, pero para facelo temos que ter elementos tanxibles que poder valorar. E neste ano de bigoberno na Deputación de Lugo hai moi pouquiño sobre o que opinar.

Bueno, rectifico, hai unha cousa: a impresionante campaña de autobombo que está a protagonizar o Sr. Gómez Besteiro. Que pode considerarse ata certo punto lóxica dentro dunha institución netamente presidencialista, pero que debe estar arroupada por avances sustanciais para a provincia no seu conxunto.

O que está claro é que os catro principios que ían centrar a actuación de goberno da nova Deputación anunciados polo Presidente no seu discurso de investidura non se cumpriron.

Así, no que atinxe á cooperación cos concellos a actuación da administración provincial concretouse únicamente nunha decisión perxudicial para eles: a paralización de obras por importe de 50 millóns de euros que estaban comprometidas polo anterior equipo de goberno. E eso que a Deputación ía ser o concello de concellos.

Que dicir sobre a proximidade á cidadanía? Agás a gran operación de marketing que supón o Km 0, nada de nada.

Creo que é bo que os cidadáns coñezan as súas institucións pero se realmente se pretende acadar ese achegamento, a acción non pode restrinxirse a unha xornada de portas abertas permanente. Unha medida efectiva sería empezar, por exemplo, por axilizar todos os procesos administrativos que dependen da Deputación.

A transparencia e neutralidade da que falaba Besteiro quedouse, como case todo, en intencións porque a estas alturas hai aínda moitos concellos que agardan recibir a visita do Presidente e a maioría dos que conforman esta lista dos pendentes están gobernados polo Partido Popular. Casualidade?

Nada se sabe tampouco da conferencia de alcaldes que dixo ía convocar nin do debate sobre o estado da provincia.

Sobre o cuarto principio enarbolado por Besteiro na súa investidura, o referido ó respeto á pluralidade política, tamén brilou pola súa ausencia porque o certo é que non hai ningunha vía de diálogo establecida coa oposición, que ben podería facerse a través dunha reunión periódica da Xunta de Portavoces, que só, hai que lembralo, reuníuse unha vez.

Non podo tampouco deixar de referirme a unha cuestión que, recoñezo, sorprendeume un pouco. Hai uns días o Presidente da Deputación facía un balanzo deste primeiro ano de goberno calificandoo coma moi intenso e no que se fixeron cousas importantes. Tempo despois, cando dende o Grupo provincial popular lle rebatimos, punto por punto, como acabo de facer agora, que non cumprira nada do que dixera, rápidamente rectificou, alegando que un ano é moi pouco tempo para valorar o realizado.

Eu discrepo frontalmente con este razoamento que me soa a excusa de, se me permiten a expresión, mal pagador. Nun ano, está claro, que non se pode facer todo o que cada quen se propoña levar a cabo ó fronte dunha institución, pero si para establecer bases e a apuntar maneiras. Constitúe, ademais, a cuarta parte da legislatura.

Ata agora, na Deputación o único que se fixo foi paralizar todo que había sen presentar ningunha alternativa. Esa é a realidade. E un exemplo claro son os 50 millóns en obras dos que non se ten noticia e, claro, o gran orgullo do Presidente, o pago do canon a Chantada. Pero neste punto debo lembrarlle que o único que está a facer é cumprir unha sentenza e aínda veremos cómo acaba porque, polas últimas informacións ó respecto, a cousa non pinta ben.

Resulta intolerable que agora pretenda deixarse fora dos plans de obras da Deputacións ós concellos que se beneficiaran do pago do canon hidroeléctrico, alegando que xa van recibir importantes inversións por este concepto. É difícil de encaixar e de entender este razoamento.

En resumo, o Sr. Besteiro e o seu equipo din unha cousa e fan a contraria e sempre, desgraciadamente, en contra dos intereses xerais dos lucenses.

Terán que entender que, á vista desta situación, dicir que este primeiro ano é un ano perdido resulta ata xeneroso.

No hay comentarios: