lunes, 28 de diciembre de 2009

Outra oportunidade perdida

Se algo está a caracterizar á política económica do Goberno de Rodríguez Zapatero é a improvisación e a total falla de medidas eficaces para facer fronte á crise económica que atravesamos.

Un exemplo máis do caos gubernamental foi a Conferencia de Presidentes. Tras tres anos sen interese por convocor esta xunta, a precipitación e a ausencia de seriedade protagonizaron unha cita que debería servir para marcar un xiro na política económica do goberno. Así, na vez de preparar concienzudamente o encontro para poder consensuar medidas e reformas económicas de profundidade, o Goberno Zapatero optou por presentar un documento cheo de xeneralidades e inconcrecións, no que nin sequera se incluían cuestións básicas para tentar superar a crise como son a reforma laboral ou a baixada de impostos, e por esixir un apoio incondicional a este acordo sen sequera darlle tempo ós presidentes autonómicos para estudialo en detalle.

O fondo e a forma empregada no encontro puxeron de manifesto que o Goberno non ten intención de rectificar a súa política económica que levou a España a ter catro millóns de parados e un déficit público tan elevado que compromete as nosas posibilidades de crecemento.

Con esta reunión Zapatero quería levar a cabo un dos seus malabarismos de márketing co que pretendía corresponsabilizar ós presidentes autonómicos do desastre económico que supón a súa política. Pero o único responsable da situación que padecemos é el. Non hai que esquecer que son as comunidades autónomas gobernadas polos socialistas as que presentan maiores descuadres orzamentarios. É preciso lembrar ademais que gran parte do déficit das comunidades débese á imprevisión do Goberno, que contou cuns ingresos totalmente irreais para este ano o que provocou unha drástica reducción nas transferencias que reciben do Estado e obrigaraas a devolver sumas nada desdeñables que no caso de Galicia ascende a 1.900 millóns de euros.

E por riba de todo iso está a reforma do modelo de financiación autonómica (que non incluiu na reunión cos presidentes) que levou a cabo de xeito partidista: antepuxo o pacto con determinados grupos políticos para acadar o seu apoio en detrimento das necesidades do conxunto das autonomías e dos seus cidadáns.
Os presidentes autonómicos das comunidades gobernadas polo Partido Popular realizaron un exercicio de responsabilidade nesta Conferencia de Presidentes porque non se pode dar un voto de confianza a este executivo ata que non dé mostras claras de que vai modificar a súa política económica, que sobradamente demostrou xa que é un desastre. Zapatero perdeu outra oportunidade de amosar a súa vontade de buscar unha saía á crise.

30 comentarios:

Estrella dijo...

Zapatero ya no sabe lo que hacer ni como hacerlo. Hace tiempo que ya perdio toda credibilidad y que sus intentos por desviar la atención de su ineficacia dejaron de funcionar

JTIRIMOL dijo...

PARTE PRIMEIRA: Unha persoa cando tarda máis de 35 meses, en recoñecer que estamos en crise, pois a verdade é que mal vamos. Tardou 1.050 días, en darse conta e en cambiar o seu discurso e antes o que era unha desaceleración no ámbito económico, pasa a convertirse en crise financieira. Ben, xa chegou a unha conclusión, o que pasa que polo camiño, cansouse de mentir e sobre todo cansouse de improvisar. E iso en política é malo, improvisar só o deben facer Sidney Bechet, Freddie Keppard ou Jelly Roll Morton e ademais pódense permitir o luxo de empreñar ou non vibratos e glissandos.

Pero un Presidente do Goberno español, non pode improvisar. A improvisación soamente para os músicos de Jazz. Na vida se comezamos improvisando, acabamos mal. E reúnese cos presidentes das Comunidades Autónomas, e en vez de saír reforzado de dita reunión, quedouse só. E non valen as escusas baratas de charlatán de feira, botándolle a culpa aos presidentes das comunidades Autónomas nas que Goberna o PP, como o fixo, na pertinente roda de prensa.

JTIRIMOL dijo...

PARTE SEGUNDA: O peor de todo, e que reuniunos para falar da crise e poñer solucións, pero lamentablemente, das 18 persoas que alí había, unha non tiña clara as súas posturas, nen solucións para afrontar iste problema. E por desgracia isa persoa, era e é o Presidente do Goberno.As dúas soluccións que puxo sobre a mesa e que levou a cabo son lamentables, primeiro dá cartos aos bancos, vamos que regala cartos como se fosen caramelos. Obxectivo disto; está claro que a economía non se para a base de fluír o crédito. Saíulle mal, ademais os banquiros españois, deben moitos cartos aos Bancos Alemáns. A segunda (e última medida que toma) foi a de volver a regalar cartos aos concellos, para facer obras (que en moitos casos custa máis o cartel que a obra) para emplear aos parados. Bueno, non sei a que parados porque a min, chamar non me chamaron. Pero serán os respectivos Concellos os que fagan ditas obras, polo tanto cando se terminen, remataremos igual que estamos agora mesmo pero con máis débeda. É decir que cando Jaime colla o Concello de Lugo, atopará as arcas baleiras.

.O mellor de todo, son as derradeiras verbas que empregou para referirse a toda ista situación, afirmando por activa e por pasiva, que Españá saldrá da crise. Home, esperemos que saia pero contigo, véxoo moi difícil. Durante o Informe Económico del Presidente del Gobierno 2009dixo textualmente a “partir de ahora España crecerá "de otro modo" porque se acometerán las "reformas precisas" para aumentar la competitividad, renovar el patrón productivo, "mejorar el mercado laboral y ganar en el terreno de la innovación". Pero eu sen dúbida quédome coa última frase, “"El tren del crecimiento está muy próximo”. Ista é unha frase para enmarcar.
Si, señor ZP, soñar é gratis (polo de agora). Bueno, igual cando vostede dixo todo isso estaba soñando, e todos sabemos, ou deberiamos saber que o tren interprétase como unha evolución psíquica e espiritual que vostede, señor ZP, debe emprender nunha dirección, boa ou mala. Aínda que visto o visto ata de agora, decántome pola segunda opción.

JTIRIMOL dijo...

PARTE TERCEIRA: Semella que agora quérese volver abrir o debate sobre o bilingüísmo, que non é tal debate, senón que o inventou o BNG. Semella que agora todos se enorgullecen de ser galegos/as (eu tamén). Pero para isso atacar a Alberto Feijóo, dicindo que está matando o nosso idioma, é moito dicir.

Por partes, ¿Qué di o art. 5 do Estatuto de Autonomía de Galicia? e ¿Que di art. 3.2. da Constitución española de 1978? Pois din que o Galego e o Castelán son as linguas oficiais de Galicia.
Moitos falan de Castelao e do seu libro “As cruces de pedra en Galiza” pero tamén escribíu “As cruces de pedra na Bretaña”. Um apuntamento, Alguns defenden que o galego é unha variedade diatópica do diasistema lingüístico gallego-luso-africano-brasileño, algúns non vinculados o BNG, pero si a outras formacións políticas Nacionalistas e minoritarias, din que o Galego e Portugués son a mesma lingua. Certo que formamos um País, pero um rasgos do galego son semellantes aos de calquera lingua procedente do latín.

O máis curioso é que nen os expertos se poñen de acordo, así que dubido moito que catro persoas dunha formación política, sen base histórica, poidan dar unha opinión coherente e que convenza a filólogos, filósofos e historiadores. Improvisar? Home está bem de vez em cando, pero tanta improvisación xa cansa. Deixémoslla pois ao señor ZP, que no lo agradecerá.

Ademais segundo a separación dialectológica de Galicia empregada por organismos como a Real Academia Gallega (RAG) ou o Instituto da Lingua Galega (ILG) existen tres bloques lingüísticos reconocidos, cada un coas súas particularidades. O bloque occidental abarca as Rías Bajas e chega ata a zona de Santiago de Compostela. O central ocupa a gran maiora do territorio galego, e por último o bloque oriental comprende as zonas más orientales de Galicia e os territorios fronterizos de Asturias , León e Zamora.
E na nosa cidade, em Lugo, é onde mellor se “fala” o Galego.

JTIRIMOL dijo...

PARTE CUARTA: Pódovos asegurar, que o galego non morrerá, tranquilos. Ademais se sobrevivíu durante os Séculos escuros, non o fará agora.
Sinceramente, coido, que a política do Alberto neste aspecto, foi a máis axeitada. Que convivan as dúas linguas, e sem imposicións é o mellor. Impoñer algo, porque sí, non é un bo camiño. E cando filólogos, filósofos e historiadores, vertan a súa opinión afirmando que a Xunta está matando o galego. Serei o primeiro en rectificar o que digo e o que opino.
Pero a día de hoxe, foi un acerto do equipo de goberno de Alberto.

E polo do señor ZP, perdeu xa tantas e tantas e tantas oportunidades, de facer algo por arranxar o p`roblema da crise. Que se quedou só, é o que pasa cando ata ti mesmo perdes o rumbo froito da improvisación e dunha política de República Bananera, como dirían os gran José Luis Gil ou a cordobesa Macarena Gómez..
Por certo, Xosé Manuel, a postura xa non dos presidentes das outras Comunidades gobernadas polo PP, senón a do nosso presidente Autonómico, foi de admirar, e coido que deu unha clase maxistral de política. Así da gusto, e de iste xeito todo o que dixo no Congreso Local, díxoo na Conferencia de Presidentes. Un 10 para Alberto.

SIMON dijo...

Ito vai para JTIRIMOL; vamos a ver ¿ti es o negro de Barreiro? ¿Canto che paga por escribirlle os artigos?. Supoño que bastante, nótase que estás con él tódolos días. A min dácheme igual que eu ao PP, pois xa ves pufff!!!. Pero isto parecen dous blogs o teu e o do Senador. E escribes ti mellor ca el, manda carallo!!! Por moito que prediquedes non vades conseguir nada. Soñas coa deputación pero nen de coña, polo menos véchese culto e gústache a música, algo é algo. A la liz ano e que non vos traigan moito carbón os reis. Aínda co merecedes.

JTIRIMOL dijo...

Para Simón: Boas, vexamos. Polo de agora xa podes sacar algo de positivo do PP e do blog de Xosé Manuel, que é que non existe a censura, e cada quen escribe e opina o que quere. Noutros Partidos políticos si que hai censura e nos blogs tamén, véxase por exemplo o do señor José Blanco.

1º Sinto dececionarte pero non lle escribo os artigos a Xosé Manuel, e tem capacidade de abondo para facelo.

2º Non me pagan por escribir.

3º Debo darche as gracias, porque a verdade é que levaba um dia algo malo por asuntos persoais, e ti em certo modo, alegráchesma ao compararme com Xosé Manuel, sempre é um orgullo que te comparen com alguén a quen admiras.

4º Non vexo a Xosé Manuel tódolos dias (por desgracia). Véxoo cando hai algún Acto. Él é un traballador nato e só ten tempo para adicarlle ao Partido.

5º Sempre me mantiven nun segundo ou terceiro plano. Non me gusta “pelotear” nen ser o protagonista, isso deixámosllo a outros. Eu se traballo é dendê a sombra, porque me gusta e porque creo na Política do Grupo Municipal, e nas persoas que o forman.

6º Non me gusta a música. Amo a música e sobre todo o Rock e o Heavy. Temo mais de 5.000 discos na casa. Cando queiras convídoche a velos e incluso ata te invito a um café.

7º Se de verdade te chamas Simon, é um bo nome, e fíxome recordar a BigSimon, esse productor musical que faleceu no 2006 com só 34 anos. Que produciu traballos de, Saratoga, Not For Us, Urban Dux, Dark Moor, Básico ou os odiados e amados Mago de Oz.

8º Permíteme somar côa Deputación e mais co Concello. Que de cando em cando com esforzo os soños fanse reais.

9º Deséxoche um Feliz ano e que che traigan moitas cousas os Reis Magos.

NNXX Vilalba dijo...

Bo nadal Señor Barreiro e permita trasladarlle unha cousa: Como ven os afiliados lucenses a novas xeracions que pablo poida ser presidente.
http://libertadpp.blogspot.com/2009/12/siguen-los-rumores-de-nnxx-lugo.html

Sobran palabras

Antonio Porta dijo...

Nos han mentido, se han aprovechado de nuestros votos para llegar al poder. Incluso quieren que los que somos docentes hagamos su trabajo en los colegios e institutos. No haré nada, que vuelvan los naccionalistas a mandar en la enseñanza. Es lo que se merecen por mentirosos...

http://www.libertaddigital.com/sociedad/gloria-lago-feijoo-nos-toma-por-idiotas-y-se-ha-aprovechado-de-nosotros-1276380292/

xaxa dijo...

O que agora os asesores do presidente da Xunta chaman o decreto do plurilingüismo vén a confirmar todas as sospeitas. Por primeira vez dende a chegada da democracia, o Goberno desprotexe a lingua galega no ensino, deixándoa, no mellor dos casos –porque en Infantil sofre un durísimo golpe– nun 33% da carga lectiva. Feijóo desoe así o mandato do artigo 4 do Estatuto de Autonomía, que obriga os poderes públicos a “potenciar” o emprego da lingua propia de Galicia en todos os planos da vida pública. O galego volve, co Partido Popular, aos anos setenta.

Con esta folla de ruta, Feijóo paga os servizos de Galicia Bilingüe durante a campaña electoral. A plataforma contraria á normalización do galego consegue boa parte dos seus obxectivos, e ao declararse aínda así “enganada”, faille un último favor ao presidente da Xunta: contribúe a crear a falsa impresión de que o Goberno recúa e fai un esforzo de equidistancia cando é todo o contrario. Esa é a segunda trampa. Por primeira vez en tres décadas, crébase o consenso. Agora si, a lingua está en conflito.

Lino dijo...

Estes non queren tomar decisions, pq teñen un problema que é que unha parte do seu electorado e galeguista e outra parte é galegofoba. Enton pretenden non enfadar de todo a ningun dos 2 colectivos. A Feijoo so lle interesa gobernar mirando as enquisas. E de ahi que presentase case dando as uvas este decreto pq non lle interesa que se fale moito deste tema xa que lles resta votos. Deixar todo en mans dos pais libraos de tomar decisions e permitelles "democratizar" os retrocesos que poda sufrir o galego no ensino.

Anónimo dijo...

O PP quere acabar co galego, pero busca facelo por via da liberdade de eleccion dos pais . Non se atreven a facer un programa de ensino 33% galego e 66% castelan por medo a ser tachados de partido antigalego, enton deixan todo en mans dos pais sabendo cal sera o resultado final. E meten o ingles por medio para que non se fale do galego/castelan e pasar este decreto por moderno e plurilingue. Encima de galegofobos, cobardes.
Detras deste decreto esta o interes de Feijoo para agradar a prensa madrileña e escalar posicions na carreira pola presidencia do PP en Madrid. Ademais dos posibles intereses economicos que presionen para exterminar a lingua galega e introducir o ingles,xusto cando imos de cara a unha tansicion entre a globalizacion e un goberno mundial (o Novo Orde Mundial). Enton interesa que o galego desapareza e introducir o ingles coma segunda lingua (nun futuro tentaran que sexa a primeira).

Liberio dijo...

Se non defenden a nosa lingua, alguén será quen de crer que defedenderan os intereses dos "galegos"? ??????????????
De tentarse levar a cabo suporía un caos inigualable.Un decreto, ao cabo, con trampa, onde a retórica do plurilingüismo e o equilibrio entre o galego, o castelán e o inglés agocha en realidade o verme da desgaleguización.
Cada neno é titular do dereito de ser acollido no ensino NA LINGUA MATERNA (art.13.1 da LNL), for galego ou castelán. E non creo eu que ese dereito persoal poida ser anulado por unha decisión dos pais, nin en solitario nin por votación da maioría.

Anónimo dijo...

Quero pensar que a historia porá a cada un no seu sitio e Feixóo metido nun curruncho da historia, como o asasino do galego, só que desta vez o galego non vai morrer. Os comparsas que non poden ter valor por si mesmos e agardan a que os valoren desde Madrid, non pasarán de simples virreis de provincias do imperio, nin gobernan nin mandan, obedecen.

Supoño que os docentes terán algo que decir da descualificación do profesorado por parte do presidnete da Xunta e sobre todo os profesores de inglés que parecen os culpables do nivel do idioma en lingua extranxeira.
Sei que hai xente no PP, que non quere isto, que aínda lle ten aprezo ao galego. Por tanto a pelota está totalmente no seu tellado. Que digan, que non son complices disto, que os seus votos non foron para isto, se non xa poden coller o "G", e queimalo. Porque o seu discurso galeguista estará morto. Máis morto que o galego no ensino. Sexan coherentes sr. Barreiro, e logo non se queixen de que lles digan que non defenden o galego.

naufragos dijo...

PEPE BLANCO, SALVAME! VEN CORRENDO GALICIA NAUFRAGA!!!!!

FEijoo dirixe o goberno única e exclusivamente con criterios de rendibilidade electoral ou demoscópica, cales deben ser as accións de goberno –decreto do galego, libros de texto, audis, concurso eólico,... Os conselleiros non son máis que meros executores, a maioría deles hooligans do PP, sen ningunha análise crítica, sen ningún tipo de prexuizo e sabendo que se como brazo armado do think tank acaban queimados, que é máis que probable en algún caso, o partido saberá recompensar axeitadamente os servizos prestados.
Este é o novo modelo PP de facer política que Feijóo está rabiando por implantar en Madrid, se coa axuda de Gürtel, se presenta a oportunidade. Menos mal que sempre nos quedará Pepe Blanco para pararlle os pes.

Anónimo dijo...

Todo é tacticismo, día a día. Ningún proxecto de longo alcance, ningún debate estratéxico. É a banalización rendible da política. tanto en xeriátricos (lei de dependencia) como en garderías-, recursos naturais –concurso eólico, acuicultura-, sanidade –listas de agarda-, en educación –(decreto do galego)libros de texto, universidades-, ou en industria –plan Incite de I+D+i-.

Subasta de Audis e compra de Citroëns retransmitidas en directo e publireportaxes das cadeiras de deseño de Touriño nos telexornais.
Ningún debate estratéxico. A fonda crise económica, os douscentos mil parados en Galicia , non son asuntos, semella, dos que deba ocuparse o goberno da Xunta de Galicia.
Trátase de captar a atención da cidadanía e da oposición con asuntos de curto recorrido. Actuar en función do titular de prensa e do telexornal.

Anónimo dijo...

Para coñecer polo miudo a análise cr´tica do decreto do plurilinguismo lede o Blog persoal de Felipe Diez en EXTRAMUROS.

filipediez.blogaliza.org

Anónimo dijo...

MENUDO FACHA este Filipe Diez.

Piensa que como habrá padres que elegirán enseñanza en español, no se les puede permitir inmiscuirse en la planificación política de gallegización a la fuerza de la ciudadania galeza (si, dije galeza... de galiza)

JTIRIMOL dijo...

: Calquera decisión que tome o PP sempre vai ser ollada pola oposición como se ista fose un microscópio, unha faz de electróns ou fótons que é preciso vixiar vén de preto para que o PP non consiga que isa información se procese, ainda que eles non proporcionen nada, e só critiquen ao aire.

Antes xa pasou con outros temas, acentuándose a cousa cando se falou da Lei do Aborto. Agora é póla cuestión lingüística e pólo Decreto do Galego. Cousa que xá se viña cociñando de lonxe. Realmente, as argumentacións que fai o BNG, penso que nen eles mesmos as cren, e bueno, certas afirmación, sobre a Língua Galega, mellor non reproducilaS. E nalguns ámbitos quere facerse quedar ao PP como unha espécie de grupo de fachas ou Nazis, concretándoo mais na persoa de Alberto (o presidente de todos os galegos e galegas), independientemente da súa cor política, non coma outros presidentes. Se bem, as propostas do BNG achéganse máis ás dun tal Austríaco nacido um 20 de abril do 1889. E as de outras formacións de carácter nacionalistas (minoritárias) e non vinculadas ao BNG, son tales burradas, que non merece a pena nen citalas.

Vexamos pois, banalización rendible da política, xa deixou boa mostra o Bipartito dela. Alberto tomou unha Galicia a intemperie e paseniñamente estanos sacando a flote, nalgúns casos de golpe, como o Plan de Austeridade, en outros alongo plazo, como o Plan Impulsa. Pero está gobernando, non coma os outros, iso si que era banilización rendible. O art. 5 do Estatuto de Autonomía de Galicia e o art. 3.2. da Constitución española de 1978, ¿Matástelos?. Vamos a ver, sempre conviviron as dúas lingua sen armonía. Falades do ensino, pois moi ben, só dous apuntamentos, o Primeiro, no ano 2006, nun Colexio de Lugo (non vou dar nomes) unha mestra daba tódalas asignaturas en galego, inclusive Lengua y Literatura Castellana, facéndolles ler “El Quijote” en galego. Dá bastante que pensar. A lingua galega, non amata iste Decreto. O galego ninguén o vai matar porque ninguén ten intención en facelo. E porque o noso é un idioma oficial igual co castelán e sempre cohexistiron e conviviron sen problemas, durante década se dácadas, tanto na ensinanza coman outros eidos d avida, en ninguén se queixou. E meus pais non deron galego na escola, e os pobres só puideron estudar os estudios básicos. Nos colexos vai seguir habendo e existindo galego.

Fixádevos ata na Universidade podedes cursar “Historia de Galicia”. E dicir tamén, e isto vai para aseñora carmen fernández, que en vez de facer campaña política nas aulas Universitarias. Se ocupase un pouco máis da Normativa do Galego, a cal di que tanto defende. Porque seguimos cun bloque occidental, centra le oriental. Nos cale so galego falado e escrito é distinto, de tal xeito cunha persoa de Rías Baixas empregga vocablos que non entende unha persoa da zoona oriental, limitando con Zamora, por exemplo. E seu n idiomas e empeza a dividir en “dialectos” entón xa hai un problema.

Polo demais estade tranquilos, que ninguén vai matara o galego. Eu sinceramente quero pensar que isto é froito, dunha especie de “pánico” provocado polas declaracións dalgúns individuos de certas formacións políticas, e que non vos sae avós de dentro. Posto que non ten sentido abrir ou reabrir un debate que endexamais debeu de existir.

Isto viralle moi vena o PSOE ea o BNG, para desviara atención por uns cantos días máis, ao igual cás revistas do corazón, pois istes x ateñen tertulia para dúas semanas.

TAnia dijo...

Ver a disciplinados presidentes autonómicos cumplir las consignas de sus partidos en Madrid causa rubor y desazón: ¿son ésos los representantes que hemos votado o han sido suplantados por peleles partidistas?

¿Qué demonios le importa el futuro de galicia y de nuestros niños y niñas a Nuñez Feijoo cuya única ideología son las encuestas y a quien sólo le preocupa el resultado de las próximas elecciones para dar el gran salto a Madrid?
FEijoo goza de un poder casi ilimitado, es el mayor generador de desigualdades, desequilibrios y abusos de la historia de Galicia.
Este hombre introduce el caos en las aulas gallegas, los niños y niñas se tirarán a la cara unos a otros que lo que hablan es lo que decidieron por ellos sus padres y madres. Creamos estudiantes sin personalidad própia que es otra forma de adoctrinamiento que él denostaba del Bipartito. Y lo peor de todo es que lo hace por agradar a los mayores separatistas de Espña y que llegado el momento nada le agradecerán y lo dejarán más sólo que la una.
Me da la sensación no sé si a ustedes tembién de que en esta Xunta todo es provisional, todo está cogido por hilos, y no sé en que momento saldrá a los medios que tanto le gustan y nos dirá a todos los gallegos y gallegas- Amigos hasta aquí he llegado, abandono por que esto se me hace grande y Galicia no es lo que yo pensaba, ni los gallegos y gallegas están aborregados ni había tal imposición sino la que yo quiero imponer, por eso les digo- que lástima pero adios, me despido de ustedes y me voy…….

xenio dijo...

Lean “Memorias dun ninguén” de Carlos Mella di cousas tan interesantes comaestas:

En Galicia houbo un xenocidio lingüístico imposto desde afora. Agora estamos diante dunha castración imposta desde dentro levada a cabo por
aristócratas foreiros; aristocracia de palleiro ou executores dos designios de fora.

“Se os representantes galegos non asumen e defenden os valores do idioma, a cultura e, en definitiva, os esquemas esenciais que conforman a galeguidade…, están a producir un total falseamento da súa representatividade”.

Anónimo dijo...

Xa está o negro de Barreiro dando explicacións e escribindo o seu discurso. Pero non nos convence, Feixóo está matando o galego, por moito que digan eses tales filólogos, historiadores... Ós que se refire. Nada JTIRIMOL, Feixóo está matando o galego, asumídeo e rectificade antes de que sea demasiado tarde.

ALEXANDRE dijo...

Poderiamos dicir que hai uns 6000 idiomas no Mundo (sen contar os dialectos). Uns 150 aproximadamente, aínda contando con entre 5 e 20 falantes, non corren risco de desaparecer ata a cuarta xeneración. E hai outros 190 idiomas que non os falan máis de 40 persoas e probablemente nunca desaparezan. En India, Estados Unidos, Brasil e Indonesia é onde máis linguas hai, e ningunha lingua local corre perigo serio de desaparecer. Se ata en Papua Nueva Guinea hai preto de 820 lenguas, e curiosamente todas conviven.
Ao que vou con todo iste rollo que soltei, é que o Galego non vai desaparecer nen o vai matar ninguén. E por raro que vos poida parecer é moi conveniente que conviva con outra lingua para fortalecelo, sempre e cando non se descrimine e convivan as dúas linguas en total armonía, como pasou ata agora.
E en canto ao ensino, o que ten que facer un rapaz ou rapaza ao acabar a ensinanza obrigatoria é ser libre para decidir e comprometerse ca sociedade. Despois oxalá poida saber galego, castelán, inglés, francés e ata alemán.
Ademais como podedes afirmar que Feijóo mata o galego, se nos discursos e mítines que dá, é o idioma que emprega. Non ten sentido.

LAURA dijo...

Paréceme ven coma nai de dous nenos en edade escolar, que o novo decreto contemple a posibilidade por unha banda do trilingüismo, para que meus nenos teñan opcions a ter coñecementos do inglés, tan necesario a hora de buscar traballo no futuro, por outra banda seguir coa lingua dos seus avós, e por suposto tamén coñecer a lingua de Cervantes, profundizando nela e desenrolandoa en todas as súas dimensions.
En outros termos tamén paréceme ben que pódase elexir unha asignatura troncal para castelá e outra para galego, podendo ter coñecemento do medio en galego e matemáticas en castelá, ou viceversa. Darlle peso ao Inglés equiparános a outras comunidades internacionales, en iste intre estamos moi por debaixo.Ánimo o culto a localismo en exclusiva non é enrriquecedor, o amor ao noso en liberdade é crecer en sabiduria.

Anónimo dijo...

O tratamento aparentamente "igualitario" que o documento concede as tres linguas no horario escolar é, ademais de meramente publicitario (coa marca de "plurilingüismo" trátase de vender mellor o novo decreto), discriminatorio para a lingua galega, xa que en todos os manuais de Sociolingüística aplicada ao ensino aparece que a lingua minorizada debe contar cun tratamento curricular preferente, algo que non nos pode resultar novidoso xa que é o modelo que aínda temos en vigor. O que nos achega a segunda conclusión, tras tres décadas de presenza progresiva do galego na escola, con este modelo provocaríase por vez primeira un importante retroceso do seu uso e consideración educativa, mais aínda cando a fraca saúde do noso idioma requeriría accións aínda máis enérxicas de fomento e protección.

Lucas dijo...

O estropicio poderá ser de campionato. Na maior parte da privada han estar contentos, como en GB, e mesmo frotándose as máns cos debates nos centros públicos, .. aínda que se cadra non chegamos aí, mercede á cordura democrática e cívica.
Como ocorre con outros aspectos da ideoloxía neoliberal, úsase a palabra liberdade cando, en realidade, o que se quere dicir é “liberdade para uns poucos” ou “liberdade para os que xa están en posición de privilexio”.

TERESA dijo...

A educación dos nenos e nenas, nunha democracia, non é algo que poidan decidir os pais directamente, porque afecta a toda a cidadanía. Aos que teñen fillos e aos que non, aos que xa non os teñen en idade escolar e aos que pensan telos no futuro. E tamén aos pais e nais que teñen fillos escolarizados, MOVAMONOS.
Son numerosos os atrancos que se nos presentan, sobre todo en determinados ámbitos urbanos, para desenvolver a nosa vida cotiá e profesional en galego. Tan numerosos son, que moitas persoas ocultan socialmente a súa lingua, sexa para evitar desagradables problemas nas relacións sociais, sexa por imperativo da empresa onde traballan. É o fenómeno da invisibilidade social do galego, derivado dos prexuízos sobre a lingua existentes na sociedade. MOVAMONOS.

xenio dijo...

Castelao dixo que “se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma”. Os inimigos de Galicia saben que esta deixará de ser, desaparecerá como tal e diluirase nunha amorfa e homoxénea España, cando o faga a única lingua que lle é propia. E o mesmo Castelao nos lembrou que “só Galiza vai salvar a Galiza”.

O responsable do barco é o patrón e este nunca debe consultar á tripulación se a borrasca se capea ou se corre. El ten todo o poder e el debe de ter, por conseguinte e en exclusiva, toda a responsabilidade, sen ampararse de xeito covarde, pusilánime ou demagóxico na opinión do rapaz de abordo. Un presidente nunca debe de utilizar ao pobo como bobo útil para lexitimar espurios intereses.

Nacho dijo...

Xa que se desviou esto a o debate do Galego,darei a miña opinión.
Teño 36 anos,vivo nunha aldea e anque a miña educación foi case integra en castellano,eu sempre pensei e falei en galego,no galego da miña zona.
Estuven traballando para unha empresa de Burgos,tendo que estar por Galicia,Asturias e por León,eramos un grupo de 7 personas,todos gallegos,e gallegofalantes claro.Cando viña algun jefe ou entre a xente que non era galega,falabamoslles en castellano e nunca tuvemos ningun problema.
No ano 2007 cambiei para Seaga (empresa creada por o BNG) e xa de comenzo tuven que demostrar que era gallego,e tuven que ir sacar un titulo para demostralo se queria traballar,cando xa estaba traballando encontreime con moitos "galegonormativofalantes",e grandes defensores de Galicia e da súa lengua,que se tentaban rir de como falaba eu,do meu acento,e de que decia que "o meu vecin iva polo camin con uns pantalois rubios" pero que cando falaban polo telefono cos amigos ou cando o alcohol os "desinhibia" o que falaban era en castellano.
E ¿porque? Pois porque nunca falaron en gallego,solo falaban gallego nesa empresa e por medo a quedar sen traballo.
Cada un debe de ter dereito a falar,a reñer e ata a xurar no idioma que lle apeteza sen que ninguen lle trate de impoñer un,porque sempre foi e será que o que che impoñen é o que non fas.
Temos un idioma que temos que coñecer e dominar pero ese idioma,ten unhas limitacios fisicas que son (por exemplo) Piedrafita ou Ribadeo que a o outro lado ese idioma xa non é habitual que o falen.
Eu son Galego pero tamén son español e a miña obligacíon como como tal,é a de conocer e saber falar perfectamente os 2 idiomas.
E imaxinade que en Galicia solo se falara Galego e Asturias solo se falara o Bable ¿Como fariamos para entendernos?

Beatriz dijo...

¿Crisis? ¿Qué crisis? Esta página está llena de antipatriotas. Va a haber que plantearse cerrarla sin intervención judicial, que es lo que mola a los patriotas .