martes, 19 de enero de 2010

Unha estrea estrelada

Zapatero estréase na presidencia da Unión Europea con máis pena que gloria. E eso pese a non escatimar esforzos en proclamar a diestro e siniestro a gran oportunidade que para España suporá estar ó fronte da Europa unida nun intre no que se tomarán decisións importantes impulsadas, claro está, polo Goberno de turno.

O malo é que a meirande parte destas importantes decisións, desa ambiciosa axenda, xiran sobre economía e desgraciadamente nesta materia o executivo que lidera Rodríguez Zapatero non está a sentar cátedra nin dentro nin fóra das nosas fronteiras. As súas primeiras propostas, de feito, están a colleitar xa, aínda sen esvaecerse a euforia do estreo, críticas unánimes ou directamente un rexeitamento total.

É innegable que España non asume este importante reto nas mellores condicións e cando menos carece da autoridade moral, por decilo dalgún xeito, para tentar sequera marcar directrices.

Principiar o ano cunha taxa de paro do 20 por cento, o que supón catro millóns de desempregados (que rondarían os catro millóns e medio de contabilizar os que están camuflados en programas de formación), e coa sombra dunhas previsións que apuntan que a tendencia destructiva no mercado laboral vai a manterse ata o 2011 non é a mellor carta de presentación. Como tampouco o é que o Eurostat publique o dato de que case un de cada dous xóvenes españois en idade de traballar carecen de emprego, o que vén a supoñer que o 44 por cento dos menores de 25 anos non teñen traballo.

A esta mala estampa súmase o elevado déficit público e o propio crecemento económico que colocan ó noso país moi lonxe da estela de referencia que marcan países como Alemania e aproxímanos, pola contra, a outros con moi pouco peso na Europa dos 27 como pode ser o caso de Letonia.

Zapatero e a súa nefasta xestión económica en España non son, en definitiva, o mellor aval para pretender liderar a defensa do vixente modelo social, do mantemento do denominado estado de benestar.
A presidencia de turno da Unión Europea é efectivamente unha oportunidade para o país que a ostenta, pero España iniciouna co pé cambiado. Veremos se somos capaces de reencauzala e se desta volta Rodríguez Zapatero aproveita para defender como merecen e precisan os sectores productivos básicos de Galicia, léase leite, carne ou peixe, e non repite os erros do pasado que tan alto custo están a ter para a nosa comunidade.

15 comentarios:

ZParo dijo...

O qeu vai a facer ZP na presidencia da UE non é outra cousa que facerse fotos con todos o grandes mandatarios do mundo para despois poder colgar as fotos no facebook como fan os pequenos cando consiguen as ansiadas fotos dos seus ídolos futbolísticos, e isto mesmo é a grande aspiración de Zapatero e depaso tamén lle vale para olvidar máis aínda a dirección do noso país e facer oídos xordos do que di a oposición. E todo isto mentres que non só recibe críticas internas e do noso país, senon tamen que os grandes xornais europeos fan as suas peor previsións para o noso país mentres que o nosos goberno permanece impasible ante a debacle que está sufrindo este país.

Estrella dijo...

No es de extrañar que Zapatero ya reciba críticas, teniendo en cuenta que no es capaz de gobernar un país, en europa se deben de estar preguntando como será capaz de presidir con eficacia la Unión Europea.
Esperemos que por lo menos sea capaz de aprovechar esa presidencia para impulsar medidas que ayuden a los séctores más perjudicados por la crisis aunque tratándose de Zapatero y su grupito dudo que sea capaz de hacer eso.

JTIRIMOL dijo...

PARTE PRIMEIRA: O señor ZP non vai aproveitar a oportunidade que lle dá a presidencia para poder tomar medidas que impulsen os sectores afectados póla crise financieira. ZP non está preparado para asumir dita responsabilidade, porque é um improvisar e um mentireiro, que tem unha venda nos ollos e que só a saca, ou cando o protocolo o require ou cando, por desgracia, non queda mais remédio.

Espana, país, que preside. Tivo o record de superar a maior taxa de para de toda a nosa historia. Si, o goberno de ZP, logrou superar a crise do 93. Todo um récord, do cal debe estar orgulloso.

O único aval que posúe é o da improvisación e o da mentira. E non son avales que nos deixen quedar moi ben en Europa. No 2007 atrevéuse a afirmar, que Espana, nun período que iría de dous a três anos, é dicir agora mesmo, que superaríamos a Alemaña, e mais a Itália em renta per capitã. Afirmou co prezo da vivenda se ia moderar e que o sector da construción ia medrar. Efectivamente, que lolo pregunten os millóns de obreiros que están no paro, ou a famílias e xente xove que quere aceder a unha vivenda.

Fai uns tres anos no debate sobre o estado da Nación, volveuse atrever a afirmar que na próxima lexislatura alcanzaríase o pleno emprego de xeito definitivo e non a calquer precio. Realmente de chiste, um non sabe se rir ou chorar. Tamén afirmou co noso sistema financiero, institucións colectivas de crédito que eran as máis solventes do mundo. Srán, do mundo no que vive él, só así se entendería tal aberración e tal insulto a tódolos cidadáns.

JTIRIMOL dijo...

Parte segunda: O certo é que gracias a el, desgraciadamente a economia española non está preparada para facer fronte a unha conxuctura como a que se está vivindo nos últimos meses.

E inda por riba, o noso presidente, desafia a crise em calquera momento e em calquera lugar, tal e como fixo fai un ano, cando se reuniu com Cándido Méndez para posteriormente acudir ao 120 Aniversario da UGT. E de valentes defender algo no que cres, pero de moi cobardes defender o que tes que negar para despois desmentir.

E inda por riba, tivo e ten que ser o noso presidente Autonômico o que lle estema dando constantes leccións, como o plan de austeridade, o despilfarro... Xá que non convén esquecer que en plena crise o señor ZP, presidente de todos os españois mantén na Moncloa a mais de 700 persoas, cun coste aproximado de 29 millóns, que se encarga de pagar toda a cidadania. En vez de reducir gastos, despilfarran.

E ZP xunto ao seu amigo Solbes, deixaron auténticas perlas literárias, para a introducción de calquera libro de Oscar Sorén ou de Ned Abercrombie. E así podíamos disfrutar en médios de información ou de desinformación, segundo se queira mirar, perlas coma istas, Zapatero: “Lo enunciaré de forma sencilla pero ambiciosa: la próxima legislatura lograremos el pleno empleo en España. No lo quiero con carácter coyuntural, lo quiero definitivo”. Esto líase en EL País, se tirades de hemeroteca encontrarédelo tal cual o escribo eu aquí. ¿incrible???. Pero iso non é todo, tirando de hemeroteca (que para iso está) e o que se escribe é inalterable pero non rectificable, tamén se podían ler cousas coma istas Solbes: “Los efectos de la crisis hipotecaria estadounidense tendrán un impacto ‘relativamente pequeño’ en la economía española”. Zapatero: “España está a salvo de la crisis financiera”.

Así que mira, meu querido, Xosé Manuel, permíteme que com todo iso e máis que se me queda non tinteiro dude que a presidencia de turno da Unión Europea sexa unha oportunidade para Espana e para Galicia.

Unha cousa que non ten que ver com isto, pero ten que ver con onde vivo, primeiro colocan os cartéis eses do Plan E en fincas privadas e sen permiso, esbandallando todo, que custa mais o cartel que a obra. Desfán os camiños, os balados, as cunetas. Hai pozas por cantos sítios hai e os desperfecto do vendabal arranxámolos tódolos que vivimos no médio rural. Dendê logo Tirimol, non semalla unha aldea de Lugo, semella unha tribu dun país tercermundista, por desgracio. E todo cristo critica, pero nen Deus dá alternativas nen solucións. E o rural estase fartando.

“Rod Smallwood me preguntó si quería audicionar para la banda. Y siendo joven y demente dije, ‘No, lo que quieres decir es, ¿quiero el trabajo? Porque si audiciono, lo tendré’.” Bruce Dickinson (Vocalista de Iron Maiden)
.

ALEXANDRE dijo...

ZP carece da cualidade xurídica que lle poida permitir realizar válidamente os actos xurídicos ou doutros ámbitos que requira a Presidencia da Unión europea, non está preparado para gobernar un país e dito cargo quédalle moi grande. E desgraciadamente coido que a súa presidencia vai ser outra oportunidade perdida.

Iria_1985 dijo...

Jose, tes toda a razón do mundo, e por encima colocaronos mal a sinal ¿víchela? Apunta pa Lugo e non pa Tirimol. Increible, e es verdad, no rural estamos abandonados, en todo o rural. Este alcalda dá pena.

Javier dijo...

Coma sempre España o cu do mundo, que si sancións si, que si sancións non, sempre metendo a gamba, esto ten que acabar xa

zETA dijo...

Barreiro, vin algunha das suas intervencións e voulle dar un consello, non grite, non se alporice cando os ministros fagan oidos sordos no senado, os cidadáns daranlle unha lección a estes novos listos, a primeira nas municipais.

telmo dijo...

PROPUESTAS DE ZP:
1º. Gran pacto social europeo entre trabajadores y empresarios. ¿Piensa desarrollarlo como en España?, ¿culpando a los empresarios de la crisis, fomentando que nadie contrate a nadie, bloqueando cualquier reforma laboral?
2º. Devolver el tono a la economía europea. ¿Cómo está haciendo en España? ¿Reinventando la economía "insostenible"?
3º. Apuesta decidida por el coche eléctrico. ¿Y esta es una gran solución a la crisis económica mundial?
4º. Establecimiento de un mercado interior digital. Sobre esto aún están pensando los eurodiputados. Lo que no comprenden es que ZP se refería a vender "digitalmente" las empresas españolas a los amigos del Presidente (algo tuvo que aprender del felipismo.
5º. Terminó con un alegato a la igualdad entre hombres y mujeres, ciudadanos y ciudadanas, miembros y miembras. Es lo suyo.
¡Ay!

Nicanor dijo...

Hai un par de días o PP, dando unha lección maxistral, mostrou na Eurocámara o seu apoio ao programa para a presidencia europea presentado por ZP. Pero vendo como goberna este bon home o seu país, a verdade é que teño as miñas dúbidas de que a cousa chegue a algo máis que boas palabras, porque outra cousa non fai pero falar. Penso que vive noutro mundo.

omnium dijo...

La acogida internacional a la Presidencia española de la Unión Europea no ha podido ser más desalentadora. Los Eurodiputados le han enseñado claramente los dientes a ZP (y éste nos vende el gesto como que le han sonreído), la prensa europea se mofa de nuestro Presidente, los Gobiernos de los Estados miembros más relevantes miran las propuestas de Zapatero con escepticismo, en el mejor de los casos.

Me pregunto yo, ¿es este el mismo ZP que nos sacó de Irak para "devolvernos al corazón de Europa"?. No, si a Europa hemos vuelto, lo que ocurre es que nuestro lugar no está en el corazón, sino en otro elemento menos noble de la anatomía (parte baja de la espalda).

laura dijo...

Toda Europa está cuestionando la gestión de Zapatero, los españoles ya están empezando a ver que con los socialistas no llegaremos a ningún buen puerto. Los lucenses también empiezan a querer un cambio porque ven que tanto la ciudad como la provincia hace aguas por todos lados. Como lucense quiero que gestionen bien el dinero que pago en mis impuestos, por tanto quiero que se marche de una vez, el figurín de Besteiro y el abraza farolas de Orozco, nos están arruinando......

Anónimo dijo...

Zapatero levou a España a recesión económica máis grave da súa historia, que fará como presidente da Unión Europea levala a piques. Zapatero non é de fiar, hipotecou España e Hipotecara o futuro de Europa. Os socialistas son malos xestores esta máis que demostrado.

Lino dijo...

É lamentable, o presidente do Paro leva un axenda paar europa onde lles vai ensinar a sair da crise en tres tardes, vai impulsar un novo modelo ecnómico (como sexa o seu apañados imos, logo moitas políticas de igualdade e solidaridade, que feitas coma as fai él, dan para falar moito e fabricar cortinas de fume que escondan os fracasos.

armadanzas dijo...

¿Que respeto lle poden ter o resto de líderes políticos a Zapatero?
¿Que grandes ideas vai a aportar unha mente tan "privilexiada" coma a do nos presidente?
Facia moito tempo que non sentía vergoña de ser español