lunes, 15 de febrero de 2010

Ocurrencias

Dar confianza nos malos momentos é indispensable para chegar a superar o atranco que nos toca vivir. Pero ante un espectáculo tan esperpéntico como o protagonizado polo Goberno de Zapatero nestes últimos días co anuncio do retraso da idade de xubilación e demais ocurrencias é imposible, por moita fe que o asista a un, ter sequera esperanza en que mañá volte a sair o sol.

O dos 67 anos abriu a caixa dos tronos. Pode que haxa que revisar o sistema de pensións, pero dende logo a poucos convenceu a maneiras empregadas polo Goberno para introducir no debate o alongamento da vida laboral coma unha medida para garantir o futuro das pensións.

A explicación de porqué estamos onde estamos, ou parte dela cando menos, hai que buscala en que dende mediados de 2007 este país perdeu 1,5 millóns de contizantes, polo que neste intre o ratio entre traballadores en activo e pensionistas é de 2,5; en que pecháramos o pasado mes de xaneiro con máis de catro millóns de parados recoñecidos oficialmente; en que o superávit da Seguridade Social se esté a dilapidar en tempo récord; en que o 44 por cento dos xóvenes que queren traballar non atopan onde ou que máis da metade dos que teñen a fortuna de ter emprego teñen un contrato temporal… A lista de razóns sería tan longa que ocuparía todas as páxinas deste xornal.

E si a cousa xa era de por si grotesca, con ese conto de que a idea en cuestión é só unha proposta a valorar e negociar con vistas ó futuro, o clímax do entreacto (porque aínda queda moita obra por didiante) foi o anuncio do alongamento do cómputo para fixar a cuantía das pensións de 15 a 25 anos que tivo unha vixencia de catro horas.

Foi sen dúbida a medida máis efímera adoptada por un Goberno na historia deste país, pode que na historia da Humanidade. Valle Inclán estaría abraiado con este episodio que, hai que recoñecelo, tivo en vilo a todos, pensionistas, traballadores, parados e ata os integrantes da xeración Ni-Ni.
Todo esto podería ser o argumento dunha película con tintes cómicos, pero desgraciadamente a realidade, unha vez máis, supera a ficción. E o triste e que o conto aínda non acaba eiquí.

11 comentarios:

ALEXANDRE dijo...

Xa o dixen varias veces, que hai que diferenciar entre xestionar e despilfarrar, e ningún goberno socialista, logrou separar ámbolos dous termos. Polo menos aquí, en Galicia, prevese un crecemento positivo do PIB. A creación de emprego non vai medrar nada este ano, e se o fai a penas se notará. E claro que había que revisar o sistema das pensións porque cando nun país deixa de haber máis de un millón e medio de cotizantes hai que tomar medidas, eso veo calquera.
Con este goberno a realidade supera á fición en tódolos eidos. E así vamos e seguimos, afundidos e encima arrepentidos. E a confianza hai que gañala e o equipo de goberno de Zapatero demostrou que non se lle pode dar, porque non é serio dar a confianza a un goberno que nos está fundindo e que non ten programa, nen ideas e basa todo nunha improvisación constante.

JTIRIMOL dijo...

Son a esperanza xunto cos soños, os que sopòrtan a vida. Que nos baixen ao inferno é moi doado, só fai falla non querer, non ser querido e que o Goberno de ZP siga tomando decisións e medidas, que fan que ao final do túnel, non se distinga, tan sequera, um raio de luz. Véxase o tema das pensións, por pór un exemplo de miles que podiamos poñer. E así mentras funden ao país, os soños e as esperanzas, que soportan os nosos días, vánse fundindo na constante improvisación deste goberno, de República Bananera.

O que máis me aterra, non é que estes feitos políticos superen con creces á ficción. Como por exemplo o problema do auga en Lugo, e o señor Alcalde, de viaxe de lecer polos EE.UU a ver se vén Obama e volve inagurar a deporadora xa inagurada anteriormente. O que me aterra é que o goberno semella que se está convertindo na xenaración NI-NI, que nomeas ao final. E esa actitude atérrame moito, xa que se foron capaces de matar ao Rock And Roll, entre mares de antenas, océanos de descargas, msn que nunca chegan, e golpes a unhas sucias teclas, mentres os soñadores nos acurrucábamos no fogar, a esperar un futuro no que non te teñas que traicionar, para ser parte da sociedade. Medo me dá se toman o control do goberno e do país, e os trens sigen semellando ou que nunca chegan ou que cambian de destino, mentres amasan millóns, e outros millóns siguen no paro.

Semella, ou teño a sensación, de que nada lle importa a este Goberno, tan grande, tan raro, navegante da ruína. Os días son máis longos e as noites máis escuras. Poucas verbas fan falla, mil mentiras por unha verdade, fundindo ao País, golpeando aos cidadáns sen piedade. Os traballadores pagan para chorar, e os parados choran por non poder traballar.

Xosé Manuel, que longo se está facendo o camiño, e que longo os días, nos que cheguen a súa despedida. A do Goberno, a da Deputación, e a da Alcaldía. Xa que dimitir non o van facer, as urnas borraranos do mapa, para que pasen a formar parte da Historia de España, como o peor Goberno da Democracia..

Os puños pechados xa están apretando demasiado, tanto que nos están afogando, e as rosas vermellas cada vez teñen máis espiñas, nesta sociedade soa e perdida. Trapos negros nas fiestras da miña habitación, finxo ser feliz para chegar con esperanza a outro día, e máis de catro millóns de españois, fan o mesmo cá min.

Por eso, por todo eso, e por mil razóns máis; ¿Dar confianza ao Goberno?. ¿Dar confianza??????. Xosé Manuel; endexamais, sencillamente porque non se pode crer nesas persoas, porque son incapaces de actuar dun xeito adecuado en calquera situación. Ben sexa no eido político ou social. E cando demostren o contrario, poderíaselles dar confianza, mentres, ningunha... Ou o que é o mesmo, a mesma, que nos dan a tódolos/as cidadáns.

“The first line hit me like a kick in the face
Thought I better have another just in case
Next thing i knew my heart was under attack
Bought a one way ticket to hell....” Justin Hawkins (Guitarrista, letrista e vocalista do grupo de Rock británico, The Darkness)

“La confianza perdida es difícil de recuperar, porque la confianza no crece como las uñas”. (Johannes Brahms).

Anónimo dijo...

Claro que se puede debatir si es necesario o no trabajar más años; pero lo que no puede hacer un gobiero responsable es improvisar y celebrar una ceremonia de confusión tras otra. Y, por favor, llamen a las cosas por su nombre. En el plan de ahorro de 50.000 millones que acaban de sacarse de la manga no hay ni un solo euro de reducción en sueldos de altos cargos!!! A ver si toman nota de lo que hizo el PPdG en la Xunta de Galicia...

sila dijo...

Lo malo de llevar casi 6 años en el Gobierno es que ya no puedes culpar a los anteriores de las desgracias del país. Bueno, puedes hacerlo, pero la gente cada vez "traga" con más dificultad.Aquí tenemos dos crisis; la primera es la crisis financiera internacional. La otra tiene nombre y apellidos: se llama José Luis Rodríguez Zapatero. Claro está que él no ha inventado ni causado los problemas estructurales de la economía española, los que ahora nos impiden sumarnos a la recuperación internacional al mismo ritmo que otros países. Pero todo lo que ha hecho durante esos 6 años de gobierno, lejos de paliar los problemas históricos, no ha hecho más que agravarlos. Es el típico caso del bombero pirómano.Creo que el socialismo es una idea equivocada, pero respetable en el plano teórico. Otra cosa es la coincidencia histórica (¿o no será una coincidencia?) que se ha producido en los últimos años en España, donde los períodos de gobierno socialistas, al cabo de un tiempo de permanencia en el poder, pueden resumirse en tres palabras: paro, despilfarro y corrupción. No es un juicio, son datos.

Anónimo dijo...

Tenemos un presidente acabado, sin ideas (nunca las tuvo claras), que nos está fastidiando el presene y el futuro. Zapatero pone en riesgo las pensiones.
En este 2010, no va a ingresarse ni un solo euro en el Fondo de Reserva por primera vez desde su creación en 1997.
Nuetro "ilustre" presidente oculta la verdadera situación de la Seguridad Social:
Desde julio de 2007 se han perdido más de 1,5 millones de cotizantes
3 millones sólo están cotizando mientras les dure lo que cobran del paro
La Seguridad social está gastando a mucho mayor ritmo (7%) de lo que ingresa (0%)
El superávit se ha desplomado un 30%
ZAPATERO VETE YA

laura dijo...

A Zapatero le ha dicho todo el mundo, y no sólo el PP, la CEOE, el fondo internacional, la Unión Europea....él sabe bien lo que tiene que hacer, pero piensa inaudítamente que las cosas se resuelven solas; ahora quiere que el PP en un pacto contra la crisis le resuelva y lleve las culpas de las medidas antipopulares, pues no!! sr. Zapatero o se va y gobierna Rajoy o se queda y gobierna usted. Nuestro presidente está acabado politicamente, lo sabe también todo el mundo, el problema es que aún quedan dos años para las elecciones y España y los españoles no vamos aguantar semejante caos intelectual y económico.

Armadanzas dijo...

A zapatero no le quedará más remedio que dimitir y celebrar elecciones anticipadas.
Nunca en la historia de la reciente democracia española se ha visto nada semejante.
Rajoy, el PP lo va a tener complicado una vez más, para salir de esta situación pero es el único partido politico en España capacitado para ello.

Anónimo dijo...

Menudas metáforas, las de Jtirimol, eres un poeta!.

JaviFiunte dijo...

Estos son unos cobardes Jose Manuel, pero vosotros seguid así, que a todo cocho chegalle o San Martín

Thornado dijo...

Non quero teorizar sobre estos asuntos xa que está casi todo, por non decir todo, dito, así que tan só quero engadir unha frase que debéramos decir todos en voz alta: "a por ellos, que son pocos y cobardes..." Así que vamos entre todos a aplicar o conto a ver si de unha puñetera vez sacamos a esa tropa das poltronas e solucionamos este desaguisado no que estamos metidos.

Saúdos dende Foz, e bos ventos

mateo dijo...

Ahora Zapatero pide solución para:

Máximo histórico de parados en España: 4.326.500 (más de un millón creados sólo en el año 2009)

Casi un millón de jóvenes españoles empezaron el año 2010 en situación de desempleo. La tasa de paro juvenil (44,5%) dobla la tasa de paro general; además, los jóvenes son las principales víctimas de los despidos (el 57% de los jóvenes que trabajan tienen contratos temporales)

ZAPATERO VETE YA