viernes, 26 de febrero de 2010

Pacto si, pero non cheque en branco

Zapatero reclama un gran consenso, un pacto de Estado para superar a crise económica na que está sumido o noso país. A gravidade da situación así o require e así o demanda a sociedade no seu conxunto, non só xa o resto dos partidos políticos ou as propias centrais sindicais que hai uns días saíron á rúa para esixir un cambio.

Ese necesario pacto de Estado non pode, sin embargo, entenderse nin sequera platexarse coma un cheque en branco. A obrigación dun Goberno é gobernar e cando un Presidente de Goberno apela ó consenso, obrigado precisamente pola situación límite na que se atopa o país, consecuencia, non hai que esquecelo, dunha errática e desacertada política económica, a actitude debe ser outra.

A culpa da situación extremadamente delicada na que se atopa España, cunha taxa de paro desorbitada e con todos os parámetros de crecemento económico negativos, non é do Partido Popular. Tampouco o Partido Popular é o responsable das contradiccións, improvisacións, vaguedades e barullos provocados polas medidas adoptadas polo executivo que lidera Zapatero e cuxos efectos de sobra son coñecidos por todos.

O PP sabe estar a altura das circunstancias e proba cercana de que a súa disposición para alcanzar acordos está fora de toda dúbida é a lei de caixas de Galicia. Houbo entendemento co BNG pero os socialistas, tamén eiquí, non defenderon os intereses do país.

Que o PP no ámbito estatal asume a responsabilidade que lle toca como principal partido da oposición é igualmente innegable. Propostas fixo dabondo. Ningunha, desafortunadamente, foi aceptada polo Goberno socialista, que na vez de sopesalas, cando menos, centrou todo o seu discurso en desacreditalas.
Mariano Rajoy amosouse disposto a tender a man pero é difícil dicir si a un acordo cando nin sequera se explicitaron os puntos básicos de partida. Zapatero apela a que ésta é unha cuestión de Estado, pero el, coa súa negativa a recoñecer erros pretende que o pacto sexa unha cortina de fume que tape a súa responsabilidade, non se comporta, por tanto, coma un home de Estado.

9 comentarios:

ALEXANDRE dijo...

Hai unha cousa que ten que quedar clariña, e polo que semella, o Goberno central quérea deixar tan nítida como cando houbo os problemas de auga na cidade. Vamos, a ver, o PSOE, ten ou debe recoñecer os seus fallos e erros, e se non o fai, evidentemente, o que está facendo é crear unha cortina de fume, tras outra cortina de fume. E non pode ser.
Que establezan dunha vez, criterios de acción, para poder evaluar os motivos e as correspondentes consecuencias. Agora, que Pactar por pactar, non. Un goberno en crise precisa a confianza das demais forzas políticas, e por suposto os socialistas precisan a confianza do principal partido da oposición, pero esa confianza hai que gañala. E polo de agora, fixeron moi poucos méritos.

Estrella dijo...

Después de todas las idas y venidas que tuvo el gobierno de Zapatero es realmente difícil confiar en él.
Esta muy bien reunirse pero es una pérdida de tiempo si el gobierno en vez de escuchar las ideas y medidas que presentan los otros partidos políticos, lo único que hace es intentar convencer a éstos de que sus medidas son muy buenas y no moverse de ahí.
España no está en situación de perder el tiempo, así que espero que el gobierno socialista recapacite y actúe correctamente.

Unknown dijo...

Paréceme incríble que o sr. Blanco e o sr. ZP, veñan reclamando o pacto, por o pacto, só co fin, de non queimarse politicamente; a esta xente, o que lles ocorre e que teñen un medo terrible, do que se nos ven enriba, eu tamen, esto está a poñerse tan mal, que non saben por onde sair, e queren que o PP entre no saco das desfeitas ,por que así somos todos iguais;pois non,non vai ser así, hai que tomar medidas estructurais importantes, e eles non queren, hai que meterse no cinturón, e eles non queren, hai que baixar os impostos, para que a xente consuma máis, e eles non queren...eles estás a penalizar o aforro,a penalizar a inversión,a penalizar o consumo. ..PERO O QUE PENSO EU É, PORQUE NON SE VAN E DEIXAN DE UNHA VEZ POR TODAS, AOS QUE XA DEMOSTRARON MÁIS DUNHA VEZ, QUE SON CAPACES DE SAIR ADIANTE, E ARRANXAR AS DESFEITAS DOS SOCIALISTAS.

Unknown dijo...

Pero como se vai pactar cun goberno que hoxe di unha cousa e mañá o contrario. Agora nos xubilamos aos 67 mañá non, hoxe conxela o soldos dos funcionarios, mañá non, etc ... É imposible saber hacia onde imos con este goberno. O que deberían facer e empezar a eliminar Ministerios inútiles, que por ahí é por onde se van os cartos. O do pacto é outra forma máis de non querer asumir a súa responsabilidade e votarlle a culpa ao PP, que é o que leva facendo todo este tempo

omnium dijo...

La reclamación de un pacto de Estado en este momento es una trampa más que el PSOE pone al PP, y de paso a toda la sociedad española, en este momento.

Es el enésimo truco de un prestidigitador agotado, que sigue tratando de distraer al público a toda costa.

¿Qué pacto de Estado puede darse cuando una de las partes (el Gobierno) pretende que los demás se sumen a sus políticas, sin admitir las sugerencias de los demás?. ¿Qué pretende, pactar al mismo tiempo las políticas anticrisis con el PP y con Izquierda Unida?. ZP sabe que eso es imposible, y a pesar de ello sigue reclamando "un pacto de todos". Es la mejor muestra de que no es más que la penúltima engañifa de un Gobierno que va a entrar en la historia, pero por una puerta bien distinta a la que querrían.

JTIRIMOL dijo...

Un Tratado, acordo, ou pacto, (chamádelle como queirades) entre as formacións políticas, sobre todo PSOE e PP, non creo que sexa ningunha solución. Coido que é unha perda de tempo, porque, en primeiro lugar para realizar un pacto, hai que ter como finalidade que se cumpla o acordado. E con este goberno, o único que se pode acordar é, a permanente improvisación en tódolos eidos.

Se todos sabemos que o que están a facer é erróneo, cómo se vai chegar a un pacto?. É imposible. Se eles din que dúas e dúas son cinco, e nós correxímolos para decirlles que son catro. E eles non entran en razón, pois paréceme unha soberana tonteria, e un feito totalmente erróneo para achegar posturas. Mentres eles non cambien, é moi difícil chegar a pactar sen perder o tempo.

A pregunta é, que é o que preocupa? A resposta é evidente, o paro. Solucións para a crise?. Ningunha. Propostas? Ningunha. Feitos? Pois retrasar a idade de xubilación 730 días máis, dos 27.000 que nos toca vivir ou malvivir, subir o I.V.A., poñer en risco as pensións... Consecuencias? Que ZP se convirte no enemigo número un dos parados, dos xubilados e agora dos autónomos.

Con todo isto, non se pode pactar. Pactar porque si. Eso é un insulto a tódolos/as españois. Ou hai propostas como Deus manda, que para eso son profesionais da política, ou a dimitir. Así de claro. Que un xá está bastante farto de coller os xornais e non ler nada máis que tonterías ou que desgracias. De vez en cando dar algunha esperanza, por pequeniña que fose, non estaría mal, e sería de agradecer.

Xosé Manuel, de todos/as é sabido a miña admiración por ti, e agora dígoo abertamente. Tan só miña nai sabe esa gran admiración que moitas veces ata me manda calar xd!. Pero tamén che digo (e eu sempre me mantiven nun segundo ou terceiro plano, traballando para o partido sen afán de protagonismo) que de cando en vez, tiñas que mirar as necesidades das personas. E tamén que cando unha ovella se aparta do rebaño, corre o risco de ser comida polo lobo, cando se apartan máis de dúas, corre risco de desfacerse o rebaño. E eu xa me estou empezando a cansar de ser o pastor que as ten que tornar e gardar.

E simplemente engadir, que agora o PSOE ve necesario ese pacto. Se se produce só espero que non sexa nen unha perda de tempo, nen como indicas ti no título do artigo, um cheque em blanco. E a necesidade podíana evitar se fixeran os deberes cando os tiñan que facer.

"Parches y remiendos son bálsamo suave
que calman heridas unas horas más.
Cuando la memoria nada en la botella,
tiene más sentido reir y llorar, reir y llorar". (Carlos Goñi, Guitarrista, letrista y compositor del grupo de rock Revolver)


¿Necesidad? Palabra cómoda con que el culpable se quita de encima la culpa, para arrojar en el vacío toda soberbia y traición.
(E. de Geibel)

guido dijo...

É increible, no tempo que Zapatero leva gobernando, so contou cas minorias, comprando os apoios a súas políticas, e agora quere que o principal partido da oposición lexitime o mal gasto e a chapuza, para endosarlle o fracaso das súas políticas. A responsabilidade esta en pactar cando é posible, non en servir de comodíns a unhos "listos" para que laven a cara dos eus fracasos.

Anónimo dijo...

PREDICAR CON EL EJEMPLO

El titular le ha quedado muy bonito, pero APLIQUESE EL CUENTO.
¿Quien puede creerse nada del PP cuando su política es extender cheques en blanco?

Puedo comprender, que no estar de acuerdo, en que Ud. piense que necesita los votos de Barreiros (San Cosme) para ser presidente de la Diputación, pero de ahí a perder la dignidad del partido otorgándole a ese Alcalde un cheque en blanco en forma de amnistía urbanística, con un coste adicional para el ciudadano de 12 millones de euros, es cuando menos INDECENTE.
Y más que indecente, incalificable, es engañar a los ciudadanos diciendo que se firma un convenio que pone todo en su sitio, cuando una gran parte de los promotores amnistiados son ajenos a las consecuencias de ese convenio urbanístico.

¿A donde nos conduce el “todo vale”?

¿Es defender el interés general permitir que un alcalde reinterprete a su gusto y voluntad las Leyes urbanísticas destrozando el medio irreversiblemente?

¿Es el ejemplo de gestión que se ofrecerá en las próximas elecciones?

Vaya pensando qué hará cuando la oposición empiece a hacer públicos los desmanes cometidos en medio de la próxima campaña electoral, presentando a la opinión pública fotos de edificios donde se ha construido mas de lo autorizado por licencia, y enseñando públicamente copia de las denuncias presentadas por ciudadanos perjudicados ante las que la Xunta no quiso actuar.

Y ESPEREMOS POR EL BIEN DEL PARTIDO QUE NINGUN FISCAL EMPIECE A RASCAR……

mateo dijo...

Zapatero está tocado, está dando palos de ciego para intentar poner freno a lo que se le ha ido de las manos.Todos sabemos que Zapatero es el culpable de la situación actual.

Después de dos años a la deriva, todo el mundo sabe que el Gobierno socialista es culpable de la situación actual que atraviesa España, al no querer afrontar las reformas necesarias.

Esto es: austeridad en las Administraciones Públicas, reformas estructurales y control del gasto público y del endeudamiento.

Justo lo que Zapatero no ha querido hacer.

Sólo le pedimos una cosa: VETE YA