lunes, 23 de agosto de 2010

De reprogramacións e repescas

As reflexións en alto dalgúns ministros de Rodríguez Zapatero provocan tempestades. A falla de consenso ou de criterio compartido, estupor, máxime porque, dadas as circunstancias, a improvisación, segundo quedou sobradamente desmostrado, non resulta a mellor alidada. Os bandazos, aínda que, por moito que nos pese, xa se convertiron na marca da casa socialista, non deixan de sorprender e ata petrificar ó máis sosegado dos cidadáns deste país.

José Blanco, que cando non era ministro mandaba tanto como se o fora e agora que o é aspira a gobernar varios ministerios, é un experto en esto das mudanzas de opinión. Aínda non nos adentraramos no estío cando afirmou aquilo de que a dotación de infraestructuras era un exceso, que se programaba demasiada obra pública e que había que racionalizar o gasto agora que o fiasco económico ó que nos avocou o goberno do que forma parte deixara temblando as arcas do Estado. Case chegou a dicir que España tiña demasiados quilómetros de autopistas e menos mal que non tivo a ocurrencia de poñerse a picar asfalto e a reciclar vías do tren para compensar ese “exceso” de dotacións.

A cousa, mesmo no intre exacto de dicila, non tiña moito xeito, porque se alguén agotou a capacidade de prometer obras e poñer prazos foi el.

De calquera xeito e pese a todo, anunciou drásticos recortes e acuñou como propio o vocablo, tantas veces pronunciado dende entón, de reprogramación. E os camións e as grúas e con eles os operarios principiaron a recoller os seus bártulos das estradas, dos túneles, das pontes nas que estaban a traballar. E o colapso e sobre todo as consecuencias que toda esa axitación ou, para ser máis exactos, a ausencia total de movemento nas obras que antes foran prioritarias e despois xa non o eran tanto, levou o pronunciamento doutra interesante palabra: repesca.

Desta volta o responsable da posta de moda da palabra foi o presidente Zapatero. Constatouse que o goberno socialistas non sopesara, cando menos axeitadamente, os danos colaterais que ía causar a reprogramación iniciada polo Ministerio de Fomento. Xa avisou ó momento a ministra Salgado, por si alguén se levaba a engano, que a reconsideración dos recortes en marcha non ía mellorar a situación do déficit, aínda que o seu homólogo Blanco xa se subira ó carro e admitira que pasárase de freada coas restriccións impostas.

E xa metidos de cheo nos calores do verán, dando largas sobre cándo daría a coñecer a letra pequena da reprogramación que ía volverse a reprogramar, foinos dando pequenas doses de recortes e desrecortes: a autovía Lugo-Santiago, por exemplo, deslicítase nos dous tramos adxudicados e anunciase que A-8 será reactivada, lástima que o anuncio non chegara a tempo para evitar que persoal e maquinaria abandoaran o emprazamento.

Todo a pequenas doses para que non sucumbamos ó empacho, tan frecuente por outra parte nestas datas con tanta proliferación de festas gastronómicas.

Quedamos, en definitiva e á espera de nova orde, emprazados a consultar os orzamentos de 2011 para sair de dúbidas e saber exactamente en que queda a cousa e que obras recibirán o indulto ou verán rebaixada a súa pena.

5 comentarios:

JTIRIMOL dijo...

Eu non sei ata ónde podía mandar o señor Blanco antes de ser nomeado Ministro, e agora co é, o único que fai é mudar de opinións, adquirir esas opinións, deixar unha cousa e falar da outra. Como se dun camaleón se tratase para amoldarse ben ao medio e á xente á que se ten que dirixir, xá se sabe que é famoso por cambiar de opinións segundo as circunstancias que tem ao redor, neste caso a autovia Lugo-Santiago, e a xá famosa A-8. Dicir hoxe unha cousa, e mañá facer outra, dáselle moi ben. No eido das infraestructuras, é onde está mostrando todo o seu potencial, que para algo, é Ministro. Non obstante anda algo despistado, ao mellor foron os calores do verán, que xa se sabe que o sol é moi traicioneiro, agora que imos cara o inverno, e se reanuda o curso político, a ver con qué nos sorprende... A A-8 igual se une ao final co Autovia Lugo-Santiago... “El castigo del embustero es no ser creído, aun cuando diga la verdad”,(Aristóteles), e os socialistas xa non se saben (non o saben nen eles/as) cando foi a última vez que dixeron a verdade. O importante é comezar ben a apertura do novo curso político, estar atento as eleccións catalanas, e prepararse ben para as municipais, e despois José Blanco que siga na súa particualar postura de rexeitar todo aquelo que antes, el mesmo, estableceu,

¡¡¡ÁNIMO BARREIRO, ÁNIMO PRESIDENTE!!!!!

RubenM dijo...

Tortazo tras tortazo para la provincia de Lugo con cada decisión del Gobierno ZP. ¿De qué nos vale tener un ministro lucense si no se acuerda de su provincia? Son expertos en ganar titulares: ahora recorto, ahora reprogramo... pero la conclusión es siempre la misma: lo que está en ejecución de atrasa, y lo que aún no han sido capaces de empezar, pues sigue siendo virtual. El PSOE asfixia a nuestra provincia

Anónimo dijo...

Lugo sempre perde cun Goberno socialista. Aos feitos me remito.

omnium dijo...

El Sr. Blanco terminará en el Psiquiatra, tal y como evoluciona. Primero, como bien destaca Barreiro en su comentario, viene a decir, prácticamente, que "tenemos demasiadas infraestructuras", para justificar los recortes en inversión.

Hoy, se descuelga diciendo que "Estados Unidos tiene envidia de las infraestructuras españolas". Aparte de la hilaridad que provocaría en los círculos internacionales, si alguien le prestase atención, ¿en qué quedamos? ¿tenemos demasiadas infraestructuras o no? ¿es bueno tenerlas o no?.

Esperemos que la providencia (más bien las elecciones, no hay que meter a Dios en estos fregados) nos libren pronto de este desGobierno. De lo contrario, vamos a salir muy perjudicaditos, pero mucho, del lance. Más de lo que ya estamos.

Zapatero ya nos deja como legado un pufo que tendrán que pagar nuestros hijos. Si le mantenemos en el poder una legislatura más, extenderá el crédito a nuestros nietos.

Y Blanco, gran estadista, correspondable. Búsquese ya una calle, o plaza, de nuestra ciudad, para dedicarle. Evidentemente, se lo merece.

Mateo dijo...

Todo canto veña deste goberno de ineptos e ineptas non nos pode extranar a estas alturas.

Levan dando bandazos dende hai moitos meses e así nos vai os españoliños e españoliñas.

Tanto monta monta tanto, Pepiño e Zapatero son a mesma lacra política que temos neste país.

Ponche a pel de pita ver coma estes incompetentes seguen a destruír todo canto tocan.

Só nos queda cruzar os dedos para que nestes meses que lles quedan no goberno, no seu caso desgoberno, non nos afundan máis.