jueves, 30 de septiembre de 2010

Racionalizar e optimizar

Unha boa cantidade de empresas implantaron como elemento básico para optimizar a súa xestión un plan de calidade. Un bo método non só para controlar a súa productividade senón para mellorar os seus resultados. Permite identificar casi de xeito inmediato onde se producen os fallos é, por conseguinte, é moito máis doado, rápido e tamén rendible, solventar o problema con igual inmediatez. Trátase, en definitiva, de buscar a denominada excelencia empresarial.

Nos tempos que corren, como ben sabemos todos, é imprescindible, por non dicir directamente que é unha cuestión de supervivencia, facer cábalas milimétricas para que cadren as contas a fin de mes. Ás veces (demasiadas, máxime se non se ten traballo), é unha arte malabarista digna de estudio.

A adaptación é inaplazable e a realidade innegable. Neste contexto, difícil, o presidente da Xunta anunciou un recorte importante nos orzamentos do vindeiro ano. Abrir a boca e caerlle enriba sapos e culebras, foi todo unha.

Ante tal reacción, róndanme un sinfín de preguntas: Vivirán estes que se rasgan as vestiduras con tanta vehemencia noutro país? Ignorarán que a economía española marca mínimos históricos e capitanea o vagón de cola da Unión Europea, amén doutras listas igual de inquietantes coma a do desemprego?

Descoñecerán, en definitiva, a repercusión de propoñer unhas contas fantasiosas e, polo tanto, incumpribles? Non saberán a razón pola que os galegos teremos que devolver ó Estado nada máis e nada menos que 2.600 millóns de euros? Non palparán na rúa a inquedanza que provoca unha suba de impostos xeralizada ou a conxelación de case calquera cousa que ata non fai moito parecíannos intocables? A preocupación masiva que producen os constantes cambios de criterio e actuación que non só non resolven nada senón que agravan aínda máis a situación?

En tempos difíciles a racionalización do gasto é obrigada. Facer a mellor planificación económica posible, vital. Feijoo fixoo nada máis tomar as rendas do goberno co obxectivo último de garantir a estabilidade orzamentaria da Xunta. E nesa senda segue.

Outros, mantéñense na improvisación, no continúo cambio de criterio, na rectificación sobre a rectificación. En propoñer e impoñer como solución máis cómoda a suba de impostos, que outros (todos) paguen a súa desfeita, ou directamente ameazan, por exemplo, con apropiarse de 243 millóns de euros do fondo de cooperación.

Nos fogares de todos os galegos imponse unha premisa: os ingresos marcan inexorablemente a capacidade de gasto. Na Xunta, unha casa na que todos tempos parte, acontece o mesmo. Cunha reducida capacide de endebedamente (imposta como consecuencia da lixeireza coa que outros xestionaron os fondos), unha reducción nada desdeñable das transferencias procedentes do goberno do Estado, imponse buscar alternativas para evitar o colapso, a quebra económica.

Reducción si, pero blindando servizos básicos. Qué agardaban os que agora e eiquí tanto vociferan pero que non hai tanto tempo malgastaron con gran xúbilo os recursos que non tiñan en aras de arañar rendabilidade electoral, que o Goberno de Feijoo adoptara, amparándose nos malos tempos, decisións erráticas, improvisadas e inxustas?

Sentímolo señores e señoras. Temos en Madrid, e no Goberno que preside Zapatero, un bo espello no que mirarnos. Facer todo o contrario do que fan os socialistas é, a priori, unha garantía de acerto.

4 comentarios:

mateo dijo...

Canta razón tes amigo Barreiro.

Tender o pé máis do que da a manta e sinal de agarrar unha boa, e gracias a ZParo collémola gorda vaia se a collemos.

As graves consecuencias coñecémolas tod@s, inda que parece que os que se atreven a mencionalas son uns antipatriotas, mentireiros, que non arriman o lombo...

A política de ZParo e nefasta, foino dende que chegou daquela maneira á presidencia, e seguirao sendo mentras continúe no poder.

Temos a sorte de contar un Galicia cun presidente que sabe onde está, que traballa cada día pola súa terra e polos milleiros de galegos e galegas que aquí estamos.

Feijoo atopouse cunha situación compricada gracias ós seus antecesores e gracias a ZParo. Inda así está conseguindo avances na nosa terra, e eso fastidia moito a aqueles que durante catro anos non fixeron nada.

Para chegar á altura política de Feijoo, os ZParo, Pepiño, Pachi, OroZPo... e compañía teñen moito que aprender, inda que dubido que os seus cocientes intelectuais llelo permita.

JTIRIMOL dijo...

PARTE PRIMEIRA: Paul Krugman, dicía que o paso ao que as cousas están empeorando é tan rápido qué é difícil ver como van axudar as medidas de rescate. Aquí hai varios conceptos que dende o goberno de ZP dominan mal, e os confunden, mesturándoos coa política que fixeron, sobre todo, nestes últimos dous anos.

A economía española, claro que marca mínimos históricos. E a consecuencia é que o equipo de goberno de Zp adicouse a empeñar sen proveito os bens que lle foron herdados do anterior goberno. Ao gasto excesivo e innecesario. En gastar de forma insensata e incontrolada, dilapidando a economía española, a cal xa estaba sumerxida na Crise financieira. En definitiva, foi o goberno, da mentira, da improvisación constante e do despilfarro.

E en vez de realizar as delixencias conducentes a un logro político que suavizase dita situación, en vez de administrar, dirixir, ordear, organizar ou dispoñer de calquera mecanismo que puxese un pouco de orde, no medio do desorde que causou. Pois en vez deso, adicouse a despilfarrar (con cambio de goberno incluido) e non a xestionar. Conceptos opostos entre si, que ZP tomou como sinónimos.

Ti, Xosé Manuel, titulas ao teu artigo “Racionalizar e optimizar” e pos como bo exemplo a algunhas empresas. E eu engado a boa xestión da Xunta capitaneada politicamente por Alberto. Pero realmente alguén pode chegar a pensar, que un goberno socialista, pode ser capaz de organizar o traballo e a súa xestión de xeito que se aumente o rendimento, se salga un pouquiño adiante, mellorando a situación económica e ao mesmo tempo facendo o esforzo para reducir os costos? Se son incapaces, tan sequera, de atopar unha boa maneira de facer política e de pór solucións. Como van ser capaces de optimizar e racionalizar. Son conceptos inexistentes nas súas bases, ditos, e feitos políticos ao longo da historia. E este, que vai pasar a ser o peor goberno da democracia española, non se lle pode pedir, semellantes milagros políticos, por unha sinxela razón; están a anos luz de comprendelos, e polo tanto a miles de anos luz de poñelos en práctica.

JTIRIMOL dijo...

PARTE SEGUNDA: Ti, mesmo, Xosé Manuel, o defines perfectamente cando te refires aos fogares galegos, nos cales afirmas (como é evidente) que a premisa é que os ingresos marcan a capacidade de gasto. Pero iso eles non o comprenden (aínda que pareza mentira). E partindo desa base, poden facer dende orzamentos fantasmas ou máxicos ata calquera cousa que se propoñan. Porque os gobernos socialistas, que houbo, durante a historia da democracia en España, demostraron ter unha capacidade nula, en canto a datos, cifras e números se refire a cousa. Deben ser de letras (o que pasa que o mostran pouco, ignorando a historia e cultura herdada), porque o que se di en referente a economía, péganlle unha patada aos axiomas, entes abstractos, propiedades, e razoamento lóxico. É dicir que suspenden en Economía, en xestión, e en todo o relacionado coa mesma. Como tamén o fan en credibilidade.

E tes toda a razón, cando dis que facer o contrario deles é sinónimo de acertar. Porque o cidadán de a pé, xa non sabe se se están rindo del, ou se en vez de políticos e gobernantes, o que temos son monologistas do Club da Comedia.

Da folga xeral, é mellor nen falar, a realidade faino por sí soa. E en canto as Festas do San Froilán (de interese turístico nacional e galego) mellor non facer balance ata que están comecen e rematen. O que sí, e que lle recomendaría a unha tal Nuria Mundiña López, que semella que é Concelleira de Cultura, que non presuma tanto co seu discurso barato, dos concertos nen do programa. Porque máis pobre e máis collido con alfireres non pode estar. E inda por riba a que ía ser a actuación estrela das festas, Placebo, suspenden a xira, por problemas de saúde de Brian Molko.

En fin Xosé Manuel, sigamos o exemplo da Xunta e o camiño marcado polo PP na persoa de Alberto dende o primeiro día que tomou posesión ata hoxe, e regalémoslle entre todos/as os galegos/as un espello político a ZP para que se mire o que é xestionar, racionalizar, optimizar, en difinitiva, o que é gobernar.

“(...) Pero no es lo mismo reconocer que las matemáticas son herramientas útiles y aún indispensables al economista, que sostener que la Economía es una ciencia matemática porque se ocupa de cantidades”. (Jesus Silva Herzog)
“Who made who, who made you? Who made who, ain't nobody told you? Who made who, who made you? If you made them and they made you Who picked up the bill, who? And who made who?” (Angus Young, guitarrista do grupo de rock australiano AC/DC)




¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡ÁNIMO BARREIRO, ÁNIMO PRESIDENTE!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

omnium dijo...

Hemos llegado, en estos tiempos oscuros, a un punto en que lo más políticamente incorrecto es la verdad.

Si el Gobierno de la Xunta presenta unos presupuestos restrictivos, porque la realidad así lo exige, ahí está la oposición para discutir la oportunidad del recorte.

Ante una situación de crisis, cualquiera, sin necesidad de haber pasado por la Universidad, puede comprender que es necesario reducir gastos. Ya no vamos a entrar en que la profundidad de la crisis, a nivel nacional, venga determinada en gran parte por el descontrol en el gasto público que ha sido signo de identidad del zapaterismo. Dejemos eso aparte.

El caso es que estamos como estamos, y es preciso recortar, y recortar duro. Incluso el nefasto Gobierno que tenemos en Madrid lo está haciendo, de forma insuficiente y errática, y negándolo al día siguiente, pero lo está haciendo.

En cambio, resulta que aquí, en Galicia, el Gobierno Feijóo no puede hacerlo. El amigo Pachi Vázquez, mostrando en la oposición la misma responsabilidad de la que hizo gala cuando estaba en el Gobierno, critica a Feijóo por hacer, a nivel autonómico, lo que Zapatero está haciendo a nivel estatal.

Evidentemente, tener que afrontar decisiones de este tipo no es agradable, ni conveniente en términos electorales. A pesar de ello, hay que gobernar pensando en el futuro, no en el mañana inmediato. Dejemos para Pachi y su pandilla (que otro nombre no merecen) lo fácil.

La Galicia de hoy necesita una visión menos mezquina. Recordemos una vez más la archiconocida expresión de James Freeman Clarke "un político piensa en las próximas elecciones; un estadista piensa en las próximas generaciones".

Sé que es difícil, y más con unas elecciones a ocho meses vista. Pero el Gobierno de la Xunta debe mantener el rumbo firme y adoptar las decisiones precisas, por dolorosas que sean. El país se lo agradecerá.