martes, 16 de noviembre de 2010

Semellanzas

Os comicios norteamericanos supuxeron un severo castigo para Barack Obama. Os cidadáns opinaron e fixérono de xeito contundente. Dixéronlle, con rotundidade, non ó paro; non á suba de impostos; e non ó incremento do déficit.

O mesmo que lle están a dicir eiquí a Rodríguez Zapatero, aló a través do voto; eiquí, mediante as enquisas. E eso que o desemprego, unha das cuestións que máis rexeitamento e preocupación social supoñen para os norteamericanos, ó igual que para os españois, non chega ó 10 por cento nos EEUU, a metade da taxa que soporta España.

Ante semexante aviso, Obama (obrigado polas circunstancias) reaccionou de inmediato, recoñecendo erros e anunciando o seu propósito de enmenda. Implícitamente admitiu que os discursos ben modulados e perfectamente escenificados, aínda que inicialmente producen un efecto hipnótico e ata eufórico na audiencia, non son suficientes para manter a moral alta e o respaldo inalterable. Máxime cando toca lidiar coa crise económica máis dura dende aquela Gran Drepresión do século pasado

En momentos como éste, aínda que é importante ser capaz de transmitir ilusión á cidadanía, resulta aínda máis necesario ofrecerlle confianza e, por riba de todo, solucións. E cando non hai solucións, pérdese a confianza, a ilusión volatilízase e a decepción ocupa o vacío que deixa.

Os discursos desproporcionadamente optimistas, e quizais aderezados en exceso de arrogancia e ata pode incluso que dunha pinga de soberbia, acaban por chocar coa realidade, coa amarga e difícil realidade.

Zapatero debería aplicarse o conto. Negou a crise e tras admitir a súa existencia (non sin dificultades) e non facer nada para atallala (máis ben contribuir a agrandala coa suba de impostos, conxelación das pensións e demais ocurrencias), optou por un cambio de goberno (que non de políticas) cun maior componente “comunicativo”. Unha estratexia que precisamente Obama vén de recoñecer que foi un erro.

Nos momentos duros (demostrado queda), os cidadáns, en calquer lado do océano que se mire, non queren mitos senón xestores, actuacións solventes e de calado que, cando menos, manteñan o grao de benestar acadado.

Zapatero debería aplicarse o conto e, como recomenda o dito, poñer as súas barbas a remollar.

5 comentarios:

JTIRIMOL dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
JTIRIMOL dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
JTIRIMOL dijo...

PARTE PRIMEIRA: O sistema americano é totalmente diferente ao español, ali Obama é o xefe do goberno e mais o xefe do estado, liderando o poder executivo xunto co goberno federal.
Tampouco se pode comparar aos Demócratas e Republicanos coas formacións políticas existentes en España, nen en Europa, agás, quizais, salvando as distancias co goberno francés.

Mais se en algo se parecen ZP e Barak Obama é en que ámbolos dous son uns mentirosos patolóxicos.
O caso de ZP xá o comecemos todos, pero o de ¿Obama?. ¿porque o castigaron así os/as cidadáns estadounidenses?. Entre outras cousas, e moi ben observado, Xosé Manuel, pola crise, por non pór remedios sólidos e polo aumento do paro.
Pero hai outros temas, Obama afirmou que erradicaría o terrorismo e sería moi severo con el (este é o segundo tema que máis preocupa á sociedade norteamericana), ben, pois non só mentiu, senón que disimulou o seu apoio a Iran, apoiou a destrucción de Israel facendo boas migas con Ali Abunimah, e agora oponse totalmente ás medidas de control que permitan o Patriot act, para identificar conversas sospeitosas de terroristas sobre EE.UU.

E en política exterior, un dos seus puntos fortes, agás en África e Médio Oriente (neste caso por que lle conviña), véxase lrán o Top de Hamas ou Ahmed Yousef, quenes afirmaron que compartían a visión politica de Obama, e eso a sociedade estadounidense non o perdoa. E se encima lle sumas a ineficacia para facer fronte ao problema do paro, o castigo era esperado, e el xa o sabía.

JTIRIMOL dijo...

PARTE SEGUNDA: Certo é, que a diferencia do señor ZP, polo menos Obama recoñece os seus fallos, recoñece o seu fracaso en diferentes eidos, recoñece a súa eneficacia, e recoñece que determinadas medidas adoptadas non serviron para solucionar o que el pensaba. Recoñéceo e faino diante da sociedade, sen agodarche e dando a cara. Eso é un punto a favor, do presidente, probablemente máis importante do mundo.

E polo menos, tenta de buscar solucións e non agrabar máis a situación. E atención a esto, se fai falla, non ten problema en pedir consello ou apoyo ao partido Republicano. Mentres que aqui en España, o PP lle leva dicindo a ZP durante máis de 700 días que se está trabucando continuamente na súa política e no seu xeito de plantexar as cousas, pero el fai oídos xordos, porque fai o que quere. E así nos vai. Non se pode tardar 14 meses en recoñecer que hai unha crise, non se pode tardar 14 meses en pronunciar a palabra; crise, non se pode tardar 14 meses en sustituír “pequena desaceleracción económica” por “crise financieira”, non se pode, porque nos estás enganando a todos/as, e eso é inconcebible e imperdoable a un Presidente que está representando a toda a cidadania. Hai un vello provérbio chino que di “La primera vez que me engañes la culpa será tuya, la segunda, será mia”. ZP engañounos sendo a culpa súa, nas eleccións a sociedade poñerao no sitio que lle corresponde, na oposición. Porque non somos tontos para volver a ser enganados continua e constantemente.

JTIRIMOL dijo...

PARTE TERCEIRA: Certo é que cando as cousas van mal, como neste momento, cando as cousas están como están e o estamos a pasar tan mal, quizais por instinto, quizais por ilusión, quizais por esperanza, agarrámonos a calquera cousa, aínda que sexa unha mentira ou unha promesa vacía.

Por iso é importante que non nos tenten vender máis fume.

María Zambrano dicía algo así como “El corazón del hombre necesita creer algo, y cree mentiras cuando no encuentra verdades que creer”. Tentemos entre todos/as que ZP e o seu equipo de goberno ou desgoberno non nos tomen máis o pelo, e non caigamos nas súas promesas, porque non son tales.

As semellanzas, son comparacións, ou símiles, daquelas cousas ou situacións que son semellantes entre si, mais neste caso non pode haber semellanza entre os dous presidentes, porque EE.UU. ten un Presidente, e España ten un amago de Presidente, un recoñece as súas equivocacións e erros e o outro nega todo unha e outra vez.
Xosé Manuel, coido, que ZP, non vai poñer as súas barbas a remollar.porque lle falta talante, clase e dignidade para poder facelo.

Sigo sen poñer ningunha frase de grupos de Rock porque seguimos de luto, sen embargo vou deixar unha do novelista Libanés Khalil Gibran “En el corazón de todos los inviernos vive una primavera palpitante, y detrás de cada noche, viene una aurora sonriente”. Son tempos duros e difíciles para todos/as nós, para uns máis que para outros e a eneficacia deste goberno golpeounos a todos/as, pero xá virán tempos mellores cando estes “políticos” volvan á oposición, e se é posible, queden nela para sempre.









¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡ÁNIMO BARREIRO, ÁNIMO PRESIDENTE!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!