miércoles, 17 de agosto de 2011

Momento de responsabilidade

O país non está para bromas. Con millóns de parados pese o tradicional repunte estacional; rescates acechantes; marcaxes inflexibles (e necesarios) de Bruselas; dúas semanas (e as que quedarán) de convulsión continúa nos mercados nas que o calificativo de récord histórico en case todo converteuse no pan noso de cada día; anuncios e aplicación de recortes por todos lados; facturas pendentes xerminando polos caixóns…, non é para menos.

Ante semellante panorama é momento non xa de apelar á responsabilidade senón de actuar con responsabilidade. Nun contexto como actual, no que é imposible atopar antecedentes similares, do que dende logo non é tempo é de buscar excusas para desviar a atención do que realmente importa: buscar e aplicar solucións. E facelo xa.

Cando a crise económica obriga a aplicar recortes drásticos e cuestiona o mantemento de servizos básicos ó nivel que o estado de benestar nos ten acostumados, non é tempo de crear plantaformas absurdas e sumarse ó dito de “a río revolto…”. O barco é de todos e todos estamos nel. Se se vai a pique, que ninguén o dubide, todos nos iremos con el, non hai marxe para os salvavidas.

Falamos de supervivencia, así de simple e así de primario. Os gobernos, os partidos políticos, os axentes sociais, os cidadáns…, todos, temos que actuar con responsabilidade, condura e sensatez, e quizáis deberiamos principar por observar o que está a pasar ó noso arredor.

Todos os países, a este e ó outro lado do Atlántico, incluso en outros mares, están en marcha, diseñando estratexias e poñendoas en práctica. Tentan conter a avalancha, manterse a flote, sumar esforzos; por qué nós non?

Por que nós estamos apagados ou fora de servizo (ou cobertura) mentres no resto de Europa, por exemplo, a actividade, pese ó estío, é frenética?

Nun contexto como a actual, un goberno ausente, en funcións, transitorio, amortizado, desganado ou como queira que o califiquemos, é, de por si, unha traxedia.

1 comentario:

aurora dijo...

no hay arreglo posible, Zapatero y sus ministros no saben como salir del lio en el que nos metieron y tiran perdigones ilusionados con que con alguno acierten