lunes, 11 de junio de 2012

Ilusión

As reformas que está a implementar o Goberno central están a encauzar a difícil situación na que se atopa o país. Rajoy e o seu equipo teñen ben definido o camiño que hai que percorrer. E están a dar os pasos precisos para elo. As medidas que se están a adoptar, con non poucos sacrificios, son ben acollidas dentro e fora das nosas fronteiras. Organizacións internacionais, institutucións comunitarias e ata os propios membros da Unión Europea recoñecen os esforzos que o Goberno, e os españois no seu conxunto, están a facer para superar esta crise e acadar que España volte a medrar e a xerar emprego. Ven con bos ollos a ferrea vontade de cumprir os obxectivos de déficit e a coraxe implicita nas reformas estructurais que se están a desenvolver, e respaldan, consecuentemente, as actuacións que se está a levar a cabo do noso país. Estamos, en definitiva, a xerar confianza. Os tempos cambian e para estar á altura e en consonancia con esa evolución hai que adaptarse. Europa sopesa incluso a necesidade de avanzar algo máis nos preceptos que configuran a súa alianza económica, en promover a unión fiscal como complemento á monetaria, e aplicar entón políticas orzamentarias comúns que eviten efectos desestabilizadores como os que estamos a vivir nestes intres. España sitúase nesa órbita e a súa voz ten forza e, o máis importante, en consideración. Temos, por descontando, que evitar triunfalismos, ningún enfermo que leve meses na UCI pode marcharse a súa casa sen pasar antes por planta e ser obxecto de continuos e exhaustivos controis médicos. Debemos recoñecer e asumir que nos quedan aínda moitas dificultades que superar pero tamén debemos ter presente e poñer en valor as nosas fortalezas, resaltar sen complexos nin falsa modestia as nosas virtudes como país, os nosos puntos fortes. O Producto Interior Bruto de España non supera o billón de euros e a nosa economía non é unha das máis potentes da Unión Europea por casualidade. Detrás desa posición preponderante hai traballo, potencial e bo facer. Debemos valorar tamén a nosa fortaleza política, o respaldo maioritario co que conta o Partido Popular, que imprime solvencia e solidez ás nosas institucións. Non debemos desestimar nin devaluar as nosas posibilidades, porque temos moitas, a nosa historia así o demostra. Así que, aínda recoñecendo as dificultades concretas ás que ten que enfrontarse o noso país, apelo á confianza e ó optimismo no futuro ó que hai uns días aludía o presidente Rajoy: teñan a certeza de que imos superar esta situación.

No hay comentarios: