martes, 7 de agosto de 2012

Confianza

Dende que Mariano Rajoy asumiu a presidencia do Goberno, adoptáronse unha serie de medidas encamiñadas a encauzar a compricada situación económica na que se atopa o noso país. Hai un par de semanas, por exemplo, establecéronse accións para conquerir un axuste de 65.000 millóns de euros nun prazo de dous anos e medio. Non cabe dúbida de que estas decisión son moi duras, pero a cidadanía debe entender que non hai maneira de evitalas, que, dadas as circunstancias, non hai máis remedio que actuar así. Explico as razóns: Durante os anos de goberno socialista non se fixo nada para modernizar a nosa economía e, por riba, dilapidouse a súa credibilidade co incremento desmedido do endebedamento, o déficit e o desemprego. Para colmo de males e de mal facer do executivo liderado por Rodríguez Zapatero, incumpriuse o obxectivo de reducción do déficit previsto para 2011, que debería ser do 6% pero que foi do 8,9% do PIB, o que supón máis de 90.000 millóns de euros. E hai verdades incuestionables por moi crudas que resulten: se pretendemos asegurar os servizos públicos fundamentais, non queda máis remedio que rebaixar o déficit. Non hai outra opción. Os números son explícitos. Pecharemos este exercicio cunha débeda pública que rondará o 80% do PIB, uns 800.000 millóns de euros (saliento neste punto que en 2007 representaba o 36%), e se lle engadimos a privada, o montante subirá ata os 1,8 billóns de euros, o 165% do PIB. En términos de débeda externa neta (pública e privada menos activos financieiros) a porcentaxe ronda o 90 por cento do noso Producto Interior Bruto, uns 900.000 millóns de euros. Para entendernos: o conxunto dos axentes económicos do noso país deben ó exterior case o mesmo que a totalidade dos bens e servizos que se xeneran en España nun ano. E fago outro apunte eiquí para facer unha comparativa, coido que esclarecedora: a débeda exterior neta de Gran Bretaña equivale ó 14% do seu PIB; a de Francia e Italia, ó 21%, e Alemaña é acreedor neto. Tampoco podemos esquecer que nestes intres o tipo de interese que debe aboar España para refinanciar a súa débeda sitúase no entorno do 7%, uns niveis que son imposibles de asumir durante moito tempo. Só neste ano afrontar o pago suporanos un desembolso de preto de 30.000 millóns. Neste contexto hai que entender as decisións do presidente Rajoy, a adopción de medidas díficiles e impopulares, pero que son as que necesariamente hai que tomar se queremos acadar a consolidación fiscal, modernizar a nosa economía e alcanzar a sostenibilidade orzamentaria e, en último termo, medrar e crear emprego. Tampouco debemos perder de vista as circunstancias do noso entorno e o traballo que se está a desenvolver para avanzar no proceso de integración económica da eurozona. Máis Europa e máis euro, ideas sempre defendidas polo Goberno de España. Hai que agardar, por tanto, a que o feito ata o de agora dé os seus froitos. Conscentes das dificultades, non debemos ter dúbida de que ó fronte deste país está un Goberno que sabe o que hai que facer e que está firmemente comprometido co mandato que lle encomendou a cidadanía: gobernar. Mariano Rajoy foi claro a este respecto na súa comparecencia do pasado venres. A súa maior preocupación, como non podería ser doutro xeito, son os máis de cinco millóns e medio de desempregados. Dinamizar o mercado laboral é, por conseguinte, primordial pero para lograrlo é precisa a reactivación económica. Equilibrar gastos e ingresos é igualmente prioritario. Hai que desterrar a práctica dos últimos anos de gastar máis do que se ten porque as consecuencias son gravísimas. Na resolución destes problemas está centrado Mariano Rajoy. O seu realismo é, en si mesmo, garantía de futuro.

No hay comentarios: