lunes, 10 de diciembre de 2012

Sen resignación

Non haberá resignación na nova andaina que o Goberno galego vén de iniciar. Gustoume moito que o presidente Feijoo fixera mención no seu discurso de investidura ó espírito emprendedor e de superación que caracterizou sempre ós galegos. Un brío, unha enerxía, unha coraxe que, dende que existimos, levounos a ser referentes de bonhomía e bo facer no mundo enteiro. Ese esforzo e adicación, esa capacidade de traballo e sacrificio, tan vixente hoxe coma onte e que tan ben nos define ós galegos, será determinante para que Galicia saia adiante. Por moitos ventos en contra que nos zorreguen, non haberá resignación. A conformidade non forma parte do noso carácter, da nosa identidade, e por iso a nova etapa do Goberno galego prolongará a senda iniciada na anterior lexislatura. Unha ruta que, tendo moi presente o contexto socioeconómico no que nos atopamos e do que aínda non puidemos zafarnos, non nos reportou malos resultados. Os datos de solvencia que presenta a nosa comunidade están aí para comprobar, contrastar e comparar. A folla de ruta é clara: gobernar en interese dos galegos (de todos os galegos) facendo o que, día tras día, fan as familias galegas: non gastar máis do que teñen e pagar o que deben. Galicia sempre primeiro como xa preludiaba o lema de campaña do PP de Galicia. Non hai viraxes, nin troque de obxectivos, nin sequera variacións sustanciais no equipo: promover o crecemento e crear emprego. En esa tarefa está xa o Goberno de Feijoo que, en sintonía co feito na pasada lexislatura, segue a reducir organigrama. E en Galicia ademáis, sen renunciar á nosa identidade diferenciadora pero alleos ó disparate separatista co que algúns pretenden embarullar a convivencia, tamén está no noso itinerario sumar esforzos. Non consideramos incompatible ser galegos con ser españois nin sequera con ser europeos, máis ben todo o contrario. É complementario e sobre todo enriquecedor. Lástima que haxa quen non o entenda así, que non se sinta satisfeito e ata ledo da diversidade cultural que tan grande fai a España. Nós, os galegos, traballaremos xuntos e farémolo dende o convencemento de que só así sairemos adiante. Satisfeitos do noso autogoberno pero tamén conscentes de que esa independencia únicamente ten sentido dentro dun conxunto. Permítanme ofrecer dende Lugo, e en nome de todos os lucenses, o grao de area que nos toca aportar dende esta provincia a ese proxecto común, a ese rumbo definido polo Presidente de Galicia para superar, por fin, a crise. Non nos equivoquemos, é obriga da Xunta marcar o camiño pero por ese camiño transitamos todos.

No hay comentarios: