martes, 11 de junio de 2013

Maio

Hai que fuxir de triunfalismos e ser moi prudentes porque o problema do desemprego que ten o noso país continúa a ser gravísimo. Nembargantes, tampouco podemos subestimar a importancia do dato do pasado mes de maio, por riba incluso de que tradicionalmente sexa un bo mes no que á reducción do paro se refire. Coido que o máis relevante é que, pese a seguir inmersos nun momento de recesión, España foi capaz de crear emprego: Preto de 6.000 traballos en termos de afiliación neta á Seguridade Social desestacionalizada. Non menos importante é que ese balanzo positivo non é aillado. En marzo e abril rexistráronse descensos singnificativos. A caída de marzo era a primeira que se rexistraba dende o ano 2008 e a de abril permitiunos baixar dese número arripiante que supón ter cinco millóns de persoas sen traballo. Non hai que deixar de ter presente tampouco que esta tendencia á mellora principiou a fraguarse antes, ó constatarse unha clara desaceleración na destrucción de emprego. Aínda que sexa ós poucos, vaise sumando. O reto agora, e tamén a esperanza, é que a traxectoria continúe e, sobre todo, se consolide. Achaco esta melloría, máis reducida (claro está) da que todos desexamos, á reforma laboral desenvolvida polo Gobierno. E seguramente non sexa ésta a única razón. A profunda reducción do déficit, o control da prima de risco, unha balanza de pagos máis positiva para os nosos intereses e mesmo contar cunha mellor imaxe internacional, consecuencia de que (devagar) imos cumprimos os nosos compromisos, a bo seguro que algo tamén influiron. Non é doado reanudar a marcha cando o freazo foi tan abrupto e continuado como o que nos afectou a nós, nin tampouco estabilizar ata tal punto as variables macroeconómicas como para que as melloras poidan constatarse directa e claramente na rúa. Pero o dato de maio do desemprego é bo e demostra que a dirección elexida polo Goberno é a acertada.

No hay comentarios: