martes, 25 de junio de 2013

Restructuración

Unhas administracións austeras, útiles e eficaces. Iso pretende conquerir a reforma proposta polo Goberno, unha das máis importantes das moitas desenvoltas ata o de agora. Unha reforma que leva aparellada unha aposta diáfana pola modernización das administración públicas; por optimizar ó máximo os recursos; por aplicar, en definitiva, criterios empresariais ó Estado que, aínda que con significativos matices de fondo e forma, non deixa de ser unha empresa, de grandes dimensións ademais. Unha reforma necesaria para facer fronte a problemas ineludibles, como a efectiva rebaixa de ingresos, pero tamén para dar resposta a unha demanda cidadá e para aplicar criterios de racionalidade a unha estructura que, hai que recoñecelo, está sobredimensionada e mantén numerosas duplicidades. Unha reforma pendente dende hai anos pero que ninguén, ou mellor dito, ningún goberno se atreveu a acometer. É certo que a súa aplicación está supeditada á colaboración das propias administracións, sobre todo á das Comunidades Autónomas. Evidencia desa relevancia é que preto da metade das medidas previstas incluidas no documento redactado polo Goberno competen a elas, e hai que ter moi presente que temos un modelo autonómico moi descentralizado e, en consecuencia, con moitas competencias trasferidas. Apelo neste punto ás verbas do Presidente Rajoy: fuxamos de ideoloxías e tentemos mellorar o sistema. Non hai dúbida de que acometer esta reforma requerirá, entre outras cousas, unha maior planificación, fixar competencias para cada quén e redistribuir as competencias administrativas. Un traballo sesudo e laborioso que, por certo, tivo xa os seus antecedentes: restructuración de ministerios, reducción de emprego público, eliminación de empresas públicas... En definitiva, tras a aplicación da cultura da austeridade, toca agora a da coordinación e, claro está, tamén da colaboración e a solidariedade. En Galicia sabemos ben o que esto significa porque Feijoo foi o primeiro en acuñar e aplicar o concepto de austeridade, e unha pata dese proceso centrábase precisamente no adelgazamento da administración galega en aras da acadar un maior grao de optimización e eficacia que, dito sexa de paso, foi conquerida. Coido ademáis que moitas das cuestións ás que se alude nesta profunda remodelación son de sentido común e o aforro que se derivará delas, evidente: aproveitar as novas tecnoloxías, unha tesoureiría común, centralizar as compras… van encamiñadas nesa dirección. Igual de irrefutables son algúns dos problemas que pretenden evitarse con elas, como reducir a morosidade das admnistracións ou axilizar os procesos administrativos. O camiño está trazado, profunda e seriamente ademáis. Agora a resposta e a implicación do resto das administración é o importante.

No hay comentarios: