lunes, 5 de agosto de 2013

Exemplo

Un accidente é sempre unha traxedia. Un da magnitude que se viviu nas proximidades de Santiago, a víspera do día de Galicia, unha catástrofe. Non poderemos borrar da nosa memoria colectiva ese día, esa curva, ese tren. Tampouco a dor, as bágoas, as historias rotas, as ilusións truncadas. Non esqueceremos as vidas que se apagaron nin as que aínda se debaten por sobrevivir, nin ás súas familias nin ós seus amigos. Todos, esa noitiña, fomos un na dor, no loito. E todos, os galegos os primeiros, simultaneamos ese fondo pesar co orgullo polo comportamento dos veciños de Angrois, convertidos, a causa dos caprichos do destino, nos primeiros testigos da traxedia. Esas persoas que se lanzaron, sen escatimar tempo nin esforzo, a socorrer ós afectados co primeiro que atoparon a man merecen, sen dúbida, esa medalla de ouro otorgada polo Concello de Santiago e o recoñecemento, unánimemente, de todos e dende todos os ámbitos sociais. Dicía Séneca que únicamente na fortuna adversa atópanse as grandes leccións do heroísmo. Exemplo claro é este, como o de todos os traballadores públicos que, estiveran ou non de servizo, aportaron tamén o seu valiosísmo grao de area. Por iniciativa propia, interrumpiron as vacacións, os descansos, ata a folga, para sumarse ó operativo encargado de rescatar, trasladar, apoiar e coidar ás víctimas. Nas grandes desgrazas, os seres humáns, as persoas sencillas e anónimas, saben ser máis grandes aínda, sobrepoñerse a eses duros golpes con entereza, forza, entrega, solidariedade e unha inagotable dose de humanidade. As xentes de Angrois, xunto con todos os servidores públicos foron exemplo. Exemplo a seguir. As miñas condolencias e agarimo ós familiares e amigos dos falecidos e o meu máis sinceiro ánimo ós que aínda están hospitalizados. Deséxolles unha pronta recuperación.

No hay comentarios: