martes, 10 de junio de 2014

Relevo xeracional

Dende que a comenzos da semana o Rei Xoan Carlos anunciara a súa abdicación, os medios de comunicación deron insistentemente conta dos intres máis destacados destas case catro décadas de reinado, acompañados das testemuñas de testigos máis o menos directos de todo o acontecido. Visto así, con imaxes a ritmo vertiximoso, podería parecer que 40 anos non son nada. Pero son moito e significan moito. Para principiar hai que recoñecerlle, tras salientar o seu carisma e bonhomía, que a transición foi o que foi porque o Rei así quixo que fora. E o seu desexo permitiu instaurar unha democracia constitucional onde, por no haber, non había nin Constitución. E aquel 23-F refrendou, unha vez máis, a súa vocación democrática. Foi, por tanto, o guía imprescindible no tránsito da dictadura á liberdade, sen que esto supuxera ningún trauma e pese a que esa travesía non estivo exenta de obstáculos. E acadou o que nos inicios parecía un soño irrealizable: ser Rei de todos os españois. E isto é tan certo como que durante o seu reinado o noso país viviu a época de paz, progreso e benestar máis longa da súa historia e que foi, xunto coa Raiña, o mellor embaixador posible da marca España e un aliado comprometido e perfecto para allanar camiños e facilitar que as nosas empresas atoparan as portas abertas nos máis dispares lugares do mundo. O relevo xeracional, tan necesario como inevitable, farase realidade en poucos días, o vindeiro día 19. E desexo e confío en que o percorrido do Príncipe de Asturias, o futuro Felipe VI, sexa, cando menos, tan fructífero como foi o de Xoan Carlos I. Capacidade, cualidades e preparación non lle faltan. Confiemos tamén en que o azar séxalle favorable e que o resto de organismos, colectivos e o pobo no xeu conxunto avalémolo e inspirémolo no arduo traballo que lle resta por diante: revitalizar a institución e liderar ó país. Porque do que non hai dúbida a estas alturas é que a Coroa é, en si mesma, garantía de futuro e de estabilidade institucional para o noso país.

No hay comentarios: