martes, 24 de junio de 2014

Renovación

Unha monarquía renovada para un tempo novo. Así o dixo Felipe VI e coincido con el. É máis, concordo con todo o que dixo no seu primeiro discurso coma Rei ante as Cortes, no que se presentou totalmente conscente da gran responsabilidade que, dende a Xefatura do Estado, ven de asumir; da necesidade de ter unha conducta exemplar que lle otorgue a autoridade moral e o respeto que precisa para exercer as súas funcións. Gustoume especialmente que fixera notar unha diferenza sustancial con respecto ó comenzo do reinado do seu pai: El é un rey constitucional. Non o esquezamos e valoremos a súa proclama de fidelidade á Carta Magna na súa xusta medida, sen menospreciar o compromiso cos valores sobre os que se asenta esa convivencia democrática: liberdade, responsabilidade, solidariedade e tolerancia. Teñamos moi presente tamén que esa Constitución fixa con rotundidade o seu papel. Na nosa monarquía parlamentaria o rei é un súbdito e a súa neutralidade, aderezada con discreción e prudencia, é un requisito imprescindible. Que ninguén pretenda, en consecuencia, que impulse ningún tipo de acción política. Ese non é o seu cometido. É árbitro, que convida, como xa o fixo, e dentro do recoñecemento e respeto á pluralidade, ó diálogo. Pero non xoga. Como ben dixo, a Coroa é símbolo da unidade de España e, en consecuencia, de estabilidade. Unidade que non é uniformidade. Matiz importante porque, no respeto á diversidade que caracteriza a nosa identidade, non cabe dúbida de que, como ata o de agora demostraron os feitos, cabemos todos. O Rei, facendo gala da súa bonhomía, agradeceu a todas as persoas que, dun xeito ou doutro, contribuiron a convertilo no que hoxe é. E nese apartado, claro está, os seus pais ocupan un lugar especial: Don Juan Carlos por dibuxar o camiño hacia a democracia e Dona Sofía por unha vida impecable ó servizo de España. Ademais, estableceu dous obxectivos claros e non só para a Coroa, tamén para o resto de institucións. O primeiro: impulsar a recuperación do prestixio que as institucións nunca deberon perder, unha revitalización á que debemos entregarnos a fondo todos os que, dun xeito ou outro, temos algunha responsabilidade no seo desas institucións. E, en segundo lugar, facer fronte a un problema que tamén é común a todos: loitar contra o desemprego. Eu, coma Felipe VI, tamén confío no futuro de España. Síntome orgulloso do novo rei e tamén do meu país, entre outras cousas, porque afrontamos con normalidade o relevo na Xefatura do Estado, o que pon de manifesto a nosa madurez democrática, e porque estamos en camiño de deixar atrás a crise económica.

No hay comentarios: