martes, 27 de enero de 2015

EPA

As cifras da Enquisa de Poboación Activa coñecidas esta semana levannos a afrontar con optimismo o futuro. Sen complacencias porque a taxa de desemprego está aínda no 23,7 por cento, pero con confianza. Melloran as previsións, mellora a situación das familias, constátase a primeira alza de emprego dende 2007, ou dito doutro xeito: o pasado ano é o segundo consecutivo no que se rexistra unha baixada do paro tras seis anos de constantes e dolorosas subidas. E ademáis, o sector privado volta a xerar emprego e unha boa parte destes novos postos de traballo son de calidade, contratos indefinidos e a tempo compreto, o que resulta moito máis importante. É evidente que o contexto xeral no que se atopa o noso país é diferente ó que atopou o Goberno en decembro de 2011 cando chegou á Moncloa: a economía, en xeral, está a mellorar e a crise, afortunadamente, está a quedar atrás. Todo isto refrenda, como xa indiquei en máis dunha ocasión dende este mesmo foro, que as reformas acometidas polo executivo que lidera Mariano Rajoy están a dar os resultados desexados e perseguidos e que, non cabe dúbida, son consecuencia directa dos esforzos realizados polo conxunto da cidadanía nestes últimos anos. As boas noticias aportadas pola EPA compleméntanse coas previsións efectuadas polo Fondo Monetario Internacional que fixa para España un crecemento maior do que incialmente anticipara. Mellora o noso crecemento en tres décimas e o ministro De Guindos adianta incluso que na vindeira primaveira poderemos medrar ó tres por cento. Cando, como é o caso, os datos son positivos, aínda que resalto a súa importancia polo que supón de espaldarazo ás accións desenvolvidas polo Goberno, apelo tamén á prudencia. Si, resta moito por facer pero estamos no bo camiño.

No hay comentarios: