martes, 24 de febrero de 2015

GRECIA NECESITA A UNIÓN EUROPEA

O recente estreado goberno grego de Syriza, que lidera Alexis Tsipras, chegou ao poder co compromiso de conseguir a quita parcial da débeda, prescindir do programa de recortes e subir o salario mínimo aos 750 euros. O problema é que cando se fala de gasto público hai que explicar cómo conseguir o financiamento. E Tsipras non o fixo (como tampouco o fai Podemos en España). Equivocouse pensando que podería costear as súas promesas electorais co diñeiro dos demais, neste caso dos seus socios europeos. Os españois prestamos diñeiro a Grecia, a pesar de estar atravesando unha situación delicada, deixámoslles 26.000 millóns. Xa o dixeron Mariano Rajoy e Luis de Guindos, fomos solidarios cun país que se encontraba nunha situación límite. Os españois somos agora os seus acredores, pero tamén os seus socios. O Goberno español está disposto a asumir unha posición construtiva co país heleno, pero sen traspasar a liña vermella da devolución da débeda. Non se pode construír Europa se todos e cada un dos países membros non cumprimos cos nosos compromisos. No Partido Popular creemos na Unión Europea, no euro e nos dereitos fundamentais. Pola contra, outros, queren eliminar o sistema de liberdades co que máis progresou España e poñen a vista en modelos de tan dubidosa democracia coma o do réxime bolivariano de Venezuela. O Goberno de Mariano Rajoy tivo que tomar decisións complicadas que levaron aos cidadáns a asumir duros sacrificios pero, ao evitar o rescate, conseguimos eludir males máis grandes coma os que agora tanto afectan á vida cotiá da sociedade helénica. Grecia, sen diñeiro na caixa, coa súa economía parada, os ingresos mermados e a banca perdendo depósitos, necesita urxentemente a axuda da UE, el FMI y el BCE. Ten que pagar 17.000 millóns en 2015 aos seus acredores e debe comportarse coma un socio fiable. Ninguén en Europa quere un novo terremoto a estas alturas cando xa se ve o final da crise.

No hay comentarios: