martes, 21 de abril de 2015

España, á cabeza de Europa

Cando o presidente do Goberno, Mariano Rajoy, comezou a acudir ás reunións europeas en 2012, ninguén, nin os máis optimistas, podían imaxinar que, en só dous anos, España pasaría de ser un socio pouco fiable a un referente entre os Vinteoito. O Consello Europeo celebrado a finais de marzo deu boa mostra de que o noso país, pouco a pouco, se consolida coma unha das economías máis fortes da Eurozona. O peso español na toma de decisións en Europa é cada vez maior. Na súa comparecencia no Congreso dos Deputados, Mariano Rajoy, afirmou que o noso país “conseguiu que os seus obxectivos nacionais se convertan en prioridades europeas”. O noso Goberno marca a axenda comunitaria con intereses clave para o crecemento de España. O impulso á unión enerxética que promovemos no último cumio da UE, a política de fiscalidade ou o tratado de libre comercio son só algúns exemplos. Estes son os froitos de tres anos de esforzo e sacrificio dos españois e das reformas promovidas polo seu Goberno. A confianza e o respecto non se conseguen de forma gratuíta. Lembrouno o noso Presidente: a influencia española é o resultado de “facer as cousas ben”. A outra cara da moeda en Europa márcaa a Grecia de Alexis Tsipras, un país, que aínda a día de hoxe, presenta dúbidas sobre a súa continuidade na zona euro. Os organismos internacionais continúan recoñecendo os nosos esforzos. A economía española acaba de recibir a maior revisión á alza nas súas previsións. O FMI mellorou en medio punto as súas perspectivas de crecemento para este ano; en xaneiro calculaba un progreso do 2%, que agora elevou ao 2,5%. O Fondo tamén mellorou a súa previsión de emprego e estima que entre este ano e o seguinte crearemos máis de 600.000 postos de traballo. Pero isto non é suficiente, o Goberno segue esforzándose para consolidar e acelerar esta creación de emprego. Esta é a gran ferida da crise que aínda segue aberta. Por iso, o Goberno continúa centrando tódolos seus esforzos en conseguir pechala.

No hay comentarios: