martes, 20 de octubre de 2015

É o momento de dicir "si"

A porta a un novo ciclo económico xa se abriu, aínda que haxa moitas familias que, polo momento, non conseguiron cruzala e foi grazas ás políticas dos gobernos do PP e o apoio constante dos cidadáns. Dicíao esta semana Alberto Núñez Feijoo no Debate do Estado da Autonomía: tivemos que dicir “non” máis veces das que nos tivera gustado, por iso agora é o momento de dicir “si”. “Si” a todo aquilo que non puidemos facer nos peores momentos da crise porque era necesario priorizar a recuperación económica e asegurar o Estado de Benestar. Agora que as expectativas e as capacidades orzamentarias mudaron, podemos devolver aos cidadáns (tal e como prometéramos) os esforzos que lles pedimos. En Galicia, o noso Presidente Feijoo, concretou as medidas que o farán posible. Reducirase o imposto da renda, o que situará a Galicia entre as comunidades con menor IRPF para as rendas medias e baixas. Queremos que todos os galegos, sen excepción, noten a recuperación directamente nos seus fogares. O camiño para construír unha Galicia próspera non pode nunca deixar de lado o campo. O programa de “impostos cero” no rural en todos os tributos competencia da Xunta, servirá como impulso a un dos motores da nosa economía. O Goberno galego quixo tamén dicir “si” a unha reivindicación dunha ampla maioría social: o 99% dos galegos que reciban herdanzas non pagarán o imposto de sucesións e doazóns. Son os froitos dun traballo ben feito, que comezou no 2009 cando Feijoo se puxo á fronte do Executivo. As familias, especialmente as que peor o pasaron, son o centro das nosas políticas. A axuda de 100 euros ao mes para os nenos nacidos a partir de xaneiro do próximo ano, será un estímulo á natalidade nunha comunidade enormemente envellecida. De feito, Galicia é hoxe a autonomía con máis axudas á natalidade e todo grazas a un goberno do PP e non dos que erguen a bandeira do social. Porque para poder emprender accións sociais primeiro hai que equilibrar as contas públicas.

No hay comentarios: