martes, 3 de noviembre de 2015

O cambio en positivo

Esta semana o Presidente do Goberno, Mariano Rajoy disolvía as Cortes e convocaba eleccións xerais. Esta foi, sen dúbida, a lexislatura do “cambio en positivo”, porque pasamos da recesión a liderar o crecemento da zona euro. Estamos satisfeitos, pero non de todo, por iso temos a vista posta no horizonte realista de 20 millóns de ocupados no 2020. O Goberno tivo que emprender o conxunto de reformas máis ambicioso da nosa democracia, reformas que garantiron o mantemento do Estado de Benestar e aseguraron o sistema público de pensións. Estas eran as nosas premisas fundamentais, as liñas vermellas que non podíamos nin queríamos cruzar, e que si cruzaron outros conxelando as pensións. A corrupción estivo presente estes catro anos. Non é inherente a un partido, é propia de quen abusa dunha posición de poder; pero a solución non pode partir de propostas populistas senón de medidas de rexeneración democrática coma as que acometemos. O noso Goberno foi o que máis reformas levou a cabo contra a corrupción nos últimos 40 anos. O desafío secesionista marcou tamén parte da lexislatura. Rajoy está liderando a unidade de todos os demócratas. O noso Goberno velou sempre polos cataláns, deulles resposta aos seus problemas, pero sempre dentro da legalidade. Máis emprego, máis políticas sociais e menos impostos, esta é a herdanza do Goberno de Rajoy. Enfronte, o legado dos socialistas: a desconfianza; por iso, o primeiro que tivemos que facer foi recuperar esa confianza perdida; porque se ninguén confía en que un país vai cumprir coas súas obrigas, ninguén lle presta diñeiro e ninguén inverte nel. Sen confianza non hai recuperación. Hoxe só negan que estamos mellor que hai tres anos quen deliberadamente cerran os ollos ante a realidade, porque lles interesa cerralos para obter réditos políticos.Tivemos que tomar medidas duras e impopulares, moitas incluso contrarias ao noso programa electoral, pero eran imprescindibles. Demostramos que o noso non foi un Goberno que actuara pensando nas urnas, senón no beneficio conxunto dos españois. Queda moito aínda por facer, e o proxecto do PP é o único que garante que non se vai botar por terra todo o acadado estes anos coa solidariedade dos cidadáns. Non podemos poñer en risco todos estes logros apostando por iniciativas encamiñadas a que se unan perdedores para alcanzar o Goberno.

No hay comentarios: