lunes, 7 de diciembre de 2015

España en serio

As do 20 de decembro non son unhas eleccións calquera, son as eleccións máis importantes da nosa democracia. Non só votaremos a un candidato ou aoutro, a un partido ou a outro; o 20-D decidimos o futuro de España. Debemos ser capaces de explicar todo o que fixemos porque, a diferenza doutros partidos, o PP preséntase ás eleccións co aval do traballo. O aval de catro anos de esforzos, nosos e dos cidadáns; catro anos de reformas, moitas delas impopulares pero imprescindibles. Reformas necesarias que, como xa percibe a sociedade, están dando os seus froitos. Temos a xente con experiencia de goberno contrastada, porque os gobernos non se improvisan, os programas e os equipos tampouco e oPP é o único que partido que conta con un equipo solvente e un candidato, Mariano Rajoy, con experiencia acreditada. Non podemos retroceder a políticas económicas que foron as que xeraron a maior crise que viviu o noso país e tampouco necesitamos que ninguén veña ao goberno a aprender. España non pode volver atrás nin facer experimentos. A nosa mensaxe de recuperación é crible porque está avalada polos feitos: pasamos da destrución de 1.400 postos de traballo diarios á creación de 1.200 empregos ao día, son datos obxectivos que ninguén pode poñer en dúbida. Aínda quedan moitas cousas por facer e moitas necesidades dos cidadáns que atender e niso seguiremos centrando os nosos esforzos. Somos o único partido que garante a defensa clara e rotunda da soberanía nacional, porque o que sexa España decídeno todos os españois. Hoxe, máis ca nunca, a unidade é fundamental fronte aos que ameazan os nosos dereitos e liberdades. A firmeza é imprescindible para derrotar ao terrorismo, por iso cremos que calquera decisión debe ser consultada co resto de partidos políticos. No PP falamos en serio e pensamos sen prexuízos. Traballamos nun proxecto de país unido, seguro e en plena recuperación. Somos a única garantía de estabilidade e temos o aval dos catro anos de Goberno, todo o demais representa unha volta atrás ou o abismo máis absoluto.

No hay comentarios: