martes, 17 de mayo de 2016

PACTOS CONTRA O PP

Os movementos políticos de Podemos estes últimos días acabaron de retratalos. Primeiro achegáronse a EU para selar un acordo entre populistas e comunistas, os mesmos que gobernan en Venezuela. E logo tenden a man ao PSOE para formar una candidatura conxunta ao Senado. Sexamos claros, non son pactos para compartir proxectos, ideas ou programas, nin para mellorar o benestar dos españois. O seu único obxectivo é conseguir cadeiras e desbancar ao PP. Nas eleccións do 26 de xuño os españois terán que elixir entre o Partido Popular ou unha suma de esquerdas nos seus distintos formatos. Existe o risco de que se repita a escala nacional un “pacto á granadina” para facer presidente ao perdedor das eleccións. En Granada Albert Rivera, incumprindo a súa promesa electoral, botouse en brazos do PSOE e Podemos. C´s non é un proxecto político serio, din unha cousa e fan a contraria; din que son o centro-esquerda, pero depende do día. Sentáronse a negociar con Podemos e intentaron facer presidente a Pedro Sánchez; agora xa non hai dúbida: votar a Ciudadanos é votar ao partido socialista. Sánchez, nun novo xiro de torca, enche as súas listas con nomes de históricos socialistas nun intento de lavar a súa imaxe e recuperar o liderado perdido. O que ten que facer Sánchez é dar a cara e ser claro cos españois, dicir se tralo 26-X pensa aliarse cos populistas e comunistas. O PP nin participou nin vai participar deste tipo de teatros políticos. A nós preocúpannos os problemas das persoas. Somos o único partido que garante que os seus votos non irán destinados a investir a ningún outro candidato que non sexa Mariano Rajoy. Somos o único partido que mantén a coherencia desde as eleccións do 20 de decembro, os únicos que non enganamos aos españois e así o seguiremos facendo. Mentres os demais confunden a economía co gasto, o PP dedícase a crear emprego, a baixar os impostos, a mellorar a confianza e a fortalecer o crecemento. O positivo destes meses foi que se xerou un “efecto experiencia”; os españois puideron coñecer realmente quén é quén na escena política e agora as cartas están todas sobre a mesa.

No hay comentarios: