martes, 13 de septiembre de 2016

Para que Galicia sexa unha excepción

Dentro de dúas semanas os galegos temos que decidir quén queremos que nos goberne. A decisión é sinxela: ou o actual Presidente e líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, ou un conxunto de partidos liderados pola extrema esquerda que so poden aportar inestabilidade. O PP sabe o que é gobernar e é a única opción de goberno estable. Somos o único partido que nos presentamos cun programa para aplicar desde o primeiro día e durante os próximos catro anos e somos tamén os únicos que nos presentamos co aval da boa xestión destas dúas últimas lexislaturas. O PPdeG conta cun programa centrado nas persoas con máis de 1.400 medidas que buscan consolidar o crecemento; fronte a isto so hai unha folla en branco sen ningún tipo de experiencia na xestión: Fronte ao PP so hai desgoberno. O noso programa é un gran pacto cos galegos, sen vetos nin liñas vermellas. Votar ao PP é votar pola estabilidade e a unidade; polo emprego e o benestar, pola seguridade e a certeza. Temos proxecto, programa e partido e a única alternativa a que goberne Núñez Feijóo é que o faga En Marea co apoio do PSOE e coa entrada de novo no goberno do nacionalismo. Unha maioría suficiente para o Partido Popular é a única forma de que se constitúa un goberno coherente; o contrario suporía deixar a Galicia sumida nunha maraña de partidos que non se entenden nin entre eles nin dentro das súas propias filas. As enquisas débense tomar con cautela e prudencia. Aínda que é difícil, non é imposible acadar unha nova maioría absoluta e para logralo temos que traballar duro e conseguir o apoio de todos aqueles que queren que Galicia siga sendo unha excepción, unha excepción en positivo. Fronte ao “non é non” que se instaurou en España, en Galicia Alberto Núñez Feijóo aplicou a política do “si”, unha política que permitiu sacar adiante proxectos beneficiosos para os galegos. Agora hai 85.000 parados menos que hai catro anos, o naval conta con carga de traballo acreditada, temos hospitais novos e Lugo vai camiño de converterse nun referente mundial da innovación aeronáutica. O próximo 25-S “Feijóo en Galicia si”.

No hay comentarios: