miércoles, 2 de noviembre de 2016

Nova etapa política

Hoxe temos que celebrar que España entre nunha nova etapa política, una vez que, despois de dúas convocatorias electorais e máis de 10 meses de espera, Mariano Rajoy foi investido presidente do Goberno. Comezamos esperanzados esta nova etapa, que ten que estar presidida polo acordo, a negociación e o entendemento de todas as forzas políticas. Aínda que a andaina que iniciamos non será fácil para o Goberno do Partido Popular, a nosa obriga é traballar para chegar a acordos nos asuntos que de verdade preocupan aos españois. Cada día teremos que construír unha maioría para facer posible a gobernabilidade de España polo ben de todos os españois. Un exemplo disto é o anuncio realizado por Rajoy durante a súa intervención no debate de investidura, que informou da suspensión dos efectos académicos das reválidas da ESO e o Bacharelato ata chegar a un gran Pacto pola Educación. A pesar de que o Partido Popular gañou as dúas convocatorias electorais e se deixaron escapar 10 meses para continuar coas reformas, España conserva o seu impulso e estamos a tempo de reforzar a confianza e borrar calquera sombra de inestabilidade. A economía española medrou un 0,7% no terceiro trimestre deste ano e a última EPA sitúa o número de ocupados por riba dos 18,5 millóns. Mentres que no ano 2011 o paro subía a un ritmo del 12%, hoxe baixa a un ritmo de máis do 10% anual. O Goberno de Mariano Rajoy conseguiu reconducir a situación económica do país e vai seguir traballando polo ben común e polo futuro de España. Dende esta tribuna reclamo a todas as forzas políticas que teñan altura de miras para seguir creando emprego e seguir medrando para poder garantir as pensións e o noso Estado de Benestar. Todos queremos para o noso país un Goberno fiable e responsable, non os discursos, a demagoxia populista e os números de patio de colexio dos dirixentes de Podemos. Cualificar de “golpe á democracia” a abstención do principal partido da oposición, retrata a quen non gañou as eleccións nas urnas e, ademais, en tan só 6 meses perdeu máis dun millón de votos.

No hay comentarios: