martes, 25 de abril de 2017

Apoio sen fisuras a Venezuela

Varios mortos e multitude de feridos. Este é o balance da situación crítica que atravesa Venezuela e que recruou coas manifestacións dos últimos días. O chavismo impulsou ao país á sen saída; Nicolás Maduro e antes Hugo Chávez, condenaron a Venezuela e levaron aos cidadáns á insoportable situación que viven hoxe. Millóns de persoas que piden o restablecemento da democracia saíron á rúa e o Goberno decidiu contrarrestar as marchas con dureza, empregando todos os instrumentos de represión que ten ao seu alcance. O réxime bolivariano fixo propia a vulneración dos dereitos humanos; ningún dos valores esenciais da democracia está presente hoxe en día en Venezuela. A crise non é só política, senón tamén económica e humanitaria: o 60% da poboación non pode comer tres veces ao día e o acceso aos medicamentos é cada vez máis difícil. O Partido Popular non pode nin quere permanecer alleo a esta dramática situación, por iso esta semana o Grupo Popular presentará no pleno do Senado unha moción pedindo a inmediata liberación de todos os presos políticos venezolanos, a restitución de todas as competencias á Asemblea Nacional e a celebración de eleccións. O noso compromiso con Venezuela non é novo, nos últimos doce años o GPP impulsou máis de 50 debates na Cámara Alta denunciando a deriva totalitaria do Goberno venezolano. Tampouco é nova a posición de algunhas outras formación políticas que se negan a condenar as atrocidades do réxime bolivariano. Esta semana terán que facelo no debate no hemiciclo, terán que dicir se apoian a democracia ou se son partidarios das posición ditatoriais e radicais que levaron ao caos a Venezuela. En ningún caso se poden apoiar, nin dar conivencia co silencio, as torturas e violacións dos dereitos fundamentais. Por iso é necesaria a condena rotunda de todas as forzas políticas parlamentarias españolas, igual que é necesario o esforzo de toda a comunidade internacional para conseguir a apertura dun diálogo entre goberno e oposición que permita a reconciliación entre venezolanos e devolva a democracia ao país.

No hay comentarios: