lunes, 8 de mayo de 2017

O froito do esforzo de todos

Rematamos a semana cunha boa nova para todos: o desemprego continúa descendendo en España. Os datos do paro e de afiliación rexistrados no mes de abril son históricos e baten todas as marcas. No pasado mes o desemprego reduciuse en 129.281 persoas, o maior descenso nunca rexistrado. Coincido co noso presidente, Mariano Rajoy, en que os datos son alentadores e deben animarnos a continuar traballando na mesma liña. Hoxe temos 849.323 parados menos e 893.000 afiliados máis que en decembro de 2011, cando asumimos o Goberno. As cifras amósannos o acerto das políticas do Partido Popular e que os españois non se equivocaron na súa decisión de apoiar a Rajoy. En abril, todas as Comunidades Autónomas e todas as provincias viron reducido o desemprego e isto non ocorreu por casualidade. Ocorreu como consecuencia dun traballo ben feito, de ter uns obxectivos claros e dunha reforma laboral que funciona e crea emprego grazas ao esforzo de todos. É o momento de continuar cun Goberno serio e responsable que nos permita manter o ritmo de crecemento e creación de emprego, porque o emprego é a alma da recuperación e sen emprego é imposible manter o Estado do Benestar. É tamén o momento de aprobar os PXE para 2017, porque sen eles será imposible consolidar a recuperación económica e manter o ritmo actual de crecemento. Por iso, unha vez máis, desde aquí apelo á responsabilidade de todas as forzas políticas. Grazas ás reformas do PP e ao esforzo de todos os españois conseguimos recuperar o 60% dos empregos perdidos durante a crise; pero isto non é suficiente, por iso seguiremos traballando. Seguiremos traballando ata conseguir que as máis de 3.5000.000 persoas que aínda están en paro encontren un posto de traballo e se unan á recuperación. Este é o noso único obxectivo e continuaremos facendo esforzos para conseguilo, porque é un reto real, aínda que outros se empeñen en poñer trabas.

No hay comentarios: