martes, 7 de noviembre de 2017

O 155 e a volta á legalidade

Os cidadáns de Cataluña poden vivir de novo baixo o paraugas e o amparo da legalidade. A aplicación do artigo 155 non foi un capricho, foi unha medida meditada e consensuada que permitiu volver ao marco Constitucional, apostar pola convivencia e restaurar o autogoberno. Que ninguén nos engane, o artigo 155 foi a maior expresión de democracia e da aplicación do Estado de Dereito, e foi en beneficio de todos. Quero reiterar o meu agradecemento ao PSOE e C’s, así como a outras forzas políticas, polo apoio ás medidas propostas polo Goberno de Mariano Rajoy ao amparo do artigo 155, que aprobamos no Senado cun respaldo del máis do 80% da Cámara. O 155 non supón só a volta á legalidade, senón tamén implica devolver a igualdade a todos os cidadáns e aportar confianza ás empresas que, aínda que seguen abandonando Cataluña, fano a un ritmo menor. A actitude de Mariano Rajoy e de todo o Goberno ten sido clave en todo este proceso. Primou a responsabilidade, a prudencia e a cordura. Desde o Partido Popular seguiremos traballando para restaurar a convivencia e acabar co clima de confrontación ao que o anterior goberno da Generalitat levou á sociedade catalá. Puigdemont demostrou a súa falta de seriedade e a súa carencia de principios ao abandonar o seu propio proxecto e ás persoas que o apoiaron e confiaron nel. Parapetouse tralos seus conselleiros e seduciunos cunhas ideas disparatadas e faltas de rigor e, cando se impuxo a Lei, fuxiu. Agora busca novos aliados noutros países de Europa pero alí o seu discurso non ten eco porque alí, agora, é un prófugo. Que non engane, que non intente trasladar a Europa unha imaxe falsa do noso país. En ningún caso podemos aceptar as acusacións de déficit democrático en España; o noso país é unha democracia consolidada onde existe a separación de poderes e a xustiza funciona. O que teñen que facer agora é ser coherentes e asumir as consecuencias dos seus actos irresponsables. Aquí non temos presos políticos, en España, como una democracia que é, hai políticos presos. O próximo 21 de decembro os cataláns poderán votar con todas as garantías democráticas e poderán elixir libremente ao seu Parlamento e isto, non nos esquezamos, é posible grazas á aplicación do 155 e á actitude responsable do noso goberno e en particular do noso presidente, Mariano Rajoy.

No hay comentarios: