jueves, 10 de enero de 2019

"Non", por responsabilidade e sentido de Estado

Actuamos guiados pola responsabilidade; o noso deber de velar polo benestar de todos os españois e o sentido de Estado. Nada novo para o Partido Popular, aínda que outros se asombren diso. O noso “non” no Senado á senda de déficit do Goberno é un “non” ao malgasto e á suba de impostos. O teito de gasto de Pedro Sánchez contempla un déficit do 1,8% para 2019, cinco décimas máis que o obxectivo actual. Na práctica esas cinco décimas tradúcense en 6.000 millóns extra que o Executivo pretendía gastar nun momento no que todos os indicadores falan dun estancamento da economía. Non se acordan, ou non queren acordarse, da situación na que o PSOE de Zapatero deixou a España coas súas políticas expansivas de gasto incontrolado. Non estamos dispostos a que moitos españois volvan a pasalo mal, o noso obxectivo é outro: que os que aínda seguen notando os efectos da crise se recuperen. Para iso traballamos cando estabamos no Goberno, creando máis de 3 millóns de empregos e seguimos traballando agora, poñendo límite desde a oposición aos disparates de Sánchez. Nin a Comisión Europea, nin a OCDE, nin o FMI, entre outros organismos internacionais, deron o visto bo ao Plan Orzamentario do Goberno de Sánchez. Ninguén, nin dentro nin fóra de España, cre xa as súas políticas económicas. Ninguén salvo os seus socios independentistas, que apoian unhas contas nefastas para o noso país a cambio de avanzar no camiño independentista. Sánchez aceptou o seu apoio, agora falta que nos explique a todos os españois cal é o prezo real que teremos que pagar a cambio do seu voto favorable. Non todo vale para continuar na Moncloa, ceder ao chantaxe dos independentistas; poñer en cuestión a unidade de España e non respectar a Constitución, non é aceptable. Por iso, desde o Partido Popular votamos “non” ao seu programa orzamentario e por iso, pedímoslle a Pedro Sánchez que non siga traizoando aos españois e prexudicando ao noso país. Pedímoslle que convoque eleccións para que en 2019 España poida seguir medrando e liderando as listaxes económicas europeas.

No hay comentarios: