viernes, 23 de mayo de 2008

A importancia do PP

Levo algún tempo en política e teño que recoñecer que, pese ó grado que teóricamente otorga a experiencia, aínda hai cousas que me sorprenden. E as sorpresas, como acontece con case todo na vida, hai moitas maneiras de entendelas e de encaixalas.

Explícome. Levo semanas vendo, lendo e escoitando un sin fin de opinións e informacións sobre o momento que está a vivir o Partido Popular. Levo semanas constatando que calquer movimiento ou declaración de Mariano Rajoy ou de calquera dirixente popular xenera un volume inusitado de reaccións. Se fala porque fala e mellor sería que estivara calado; se cala, mellor que dixera algo porque no silencio resonan estrepitosamente outras voces que doutro xeito non pasarían de ser murmullos… A min non me parece mala opción que se presenten outras alternativas, outros candidatos, pero son contrario a que o debate se faga fora de onde ten que facerse, que non é outro sitio que no transcurso do congreso que se celebará o vindeiro mes.

En fin, que é malo que chova e non e bo que non chova. Unha conclusión contradictoria que, aplicando a lóxica do siloxismo, lévame a unha verdade universal incontestable: nunca chove ó gusto de todos.

E partindo desta evidencia coa que, estou seguro, a gran maioría estará de acordo (e digo a gran maioría porque tamén confeso a miña convicción de que algún haberá que atope outra vía alternativa), chego a outra conclusión que, aínda que non dubido da súa certeza, non deixa de sorprenderme que sexa asumida tamén neste caso por unha gran maioría: a importancia do Partido Popular.

Eu non dubido da importancia do Partido Popular por motivos obvios. Milito nesta formación e tiven e teño a sorte de ocupar cargos de maior ou menor responsabilidade, por facer referencia a algunha das razóns polas que resulta lóxico que entenda e afirme que o PP é importante. E eso que non fixen referencia á que, creo eu, é a máis salientable: que representa a máis de dez millóns de españois.

O que xa non me parecía tan evidente e que outros (e neste gran saco inclúo ás demais forzas políticas, medios de comunicación, colectivos da máis diversa índole e cidadáns en xeral) pensaran, ó igual ca min e sin estar amparados por motivos tan obvios coma os meus, que o PP é importante.

E a importancia ven dada fundamentalmente, aínda que lóxicamente ésta non é a única razón, pola trascendencia que se lle está a dar a un lóxico e normal proceso de renovación interna dun partido cando, dende o meu punto de vista, hai centos de temas con maior trascendencia e, sobre todo, de maior interese xeral. Enumero sólo un: a grave crise económica na que estamos inmersos sen que dende o Goberno a estas alturas se asuma aínda como tal.

Por todo o exposto, permitídeme concluir que os movementos internos do Partido Popular (ós que evidentemente lle otorgo unha gran importancia) serven a moitos de excusa para desviar o interese mediático doutras cuestións que requerirían unha maior atención. É unha pena.

1 comentario:

breogan dijo...

Tes toda a razón. Este país está a sufrir graves problemas en tódolos ámbitos: económicos, xudiciais...pero eso parece que non lles importa ó resto dos cidadáns nin ás cadenas de televisións (algunhas) nin ás radios (algunhas). POR FAVOR FALEMOS DO QUE REALMENTE LLE IMPORTA Á XENTE.