jueves, 29 de mayo de 2008

Os 400 euros

A aplicación de rebaixas fiscais é sempre unha noticia moi ben acollida polos contribuintes. É lóxico. Nestes tempos que corren nos que resulta moi difícil estirar os euros, por pouco que sexa, unha axudiña non lle ven mal a niguén.

A promesa electoral do PSOE de modificar o IRPF para poder aplicar unha rebaixa de 400 euros foi un bo golpe de efecto durante unha campaña na que a economía estivo no punto de mira. Daquela, segundo os socialistas, todo ía ben. Pero pasou a romería, é dicir, a cita coas furnas, e o sol resplandecente foi tornándose en nubarróns persistentes. Durante unhas semanas falouse de desaceleración entre outros eufemismos varios, ata que resultou inevitable recoñecer a realidade. A crise xurdiu entón con nome propio.

E neste contexto actual de protestas xeralizadas nos sectores productivos básicos, de parón da construcción, de incremento do desemprego, de subida das hipotecas… o Consello de Ministros cumpriu o trámite de dar os pasos precisos para que a devolución dos 400 euros do IRPF se fixera efectiva. Vaise adicar a esta medida 6.000 millóns de euros. Un bo pellizco nas arcas do Estado.

Pero neste intre, no que o que máis e o que menos está a botar contas de si é un dos agraciados, constátase o que xa no momento do anuncio auguraba o Partido Popular, que a devolución non repercutirá nos que máis o necesitan: os mileuristas, que son xa un exercito neste país, ou os pensionistas, por mencionar so dous dos colectivos excluidos deste “premio”.

En resumo, algo máis do 60 por cento dos asalariados galegos non se beneficiará desta medida segundo os datos dos que se fixeron eco hai un días os medios de comunicación.

Así as cousas, non me parece que esta devolución sexa ni moi solidaria nin moi xusta, por non mencionar que o superávit quedará prácticamente dilapidado por ésta e outras circunstancias, como pode ser o incremento do paro, o que posiblemente nos leverá, ademais, a pechar xa con déficit este exercicio.

No hay comentarios: