jueves, 26 de junio de 2008

Gañou o noso partido

Mal que lles pese a algúns, o Partido Popular deu en Valencia un exemplo de unidade e, sobre todo, tamén pese a que algúns o poñían en dúbida, foi un congreso participativo, no que todo o que quixo puido expresar a súa opinión, e que arroupou maioritariamente ó seu líder.

O PP fixou a súa liña de traballo para os vindeiros anos que vai a caracterizarse polo sentido común, a coherencia e o traballo a favor dos intereses de todos os cidadáns.

O partido saiu reforzado deste congreso, ó igual que PPdeG que ampliou a súa representación nos máximos órganos de decisión da formación a nivel nacional, tanto no que atinxe á Executiva, da que teño a honra de voltar a formar parte, coma na Xunta Directiva.

O PP de Lugo verase beneficiado pola representación acadada e encargareime de que a voz da nosa provincia se sega a escoitar con forza.

Debo salientar tamén o feito de que os populares sexamos pioneiros en designar a una muller como secretaria xeral. Nunha clara e decidida aposta do Partido Popular polas mulleres e por reforzar o seu peso dentro do noso partido.

Non nego a miña satisfacción polos resultados acadados. Agora é tempo de retomar o traballo e de fixar os próximos obxectivos: gañar as eleccións en Galicia e en España.

No hay comentarios: