sábado, 13 de septiembre de 2008

"¿A qué ha venido usted aquí?"

O outro día seguín con interese a comparecencia de Rodríguez Zapatero no Congreso e confeso que agardaba outro discurso. Pensaba, quizais ilúsamente, que tocaría terra e faría un recoñecemento da realidade, cando menos, da realidade que cada día, por desgracia, máis sectores e más familias están a padecer.

Pero non, equivoqueime.

Zapatero recoñeceu implícitamente no seu discurso que as tardías medidas adoptadas polo seu Goberno para afrontar a mala situación económica que está a vivir o país non serviron para case nada.

Non só non frenaron a caída senón que a situación foise agravando paulatinamente como consecuencia, en gran medida, do retraso na reacción e que ésta, ademais, non foi todo o axeitada que debera.

A conclusión é que todos os parámetros da economía española rozan ou están xa na franxa vermella e que o Presidente recoñece que o noso país ten unha excesiva dependencia enerxética exterior e que a nosa economía non se asenta sobre bases sólidas que lle permitan afrontar con certa contención o temporal.

Efectivamente Zapatero non nos sorprendeu con ningunha medida ou iniciativa nova. Tiña razón cando dixo que non é bo improvisar que é, ó fin, o que parece que estivo facendo o seu executivo nestes últimos meses.

Outro dato a ter presente é que aínda que o Presidente insista en que o principal obxetivo do seu goberno é o emprego, a realidade é que a pesar de que no programa electoral dos socialistas falábase de que ían crear máis de dous millóns de novos empregos, no que vai de ano destruíronse 600.000.

Cando as cousas non van ben, o que necesitamos todos é un Goberno no que confiemos, que actúe con firmeza e contundencia.

Permítanme, por tanto, tras este somero análise, que parafrasee a Mariano Rajoy cando lle preguntou “¿a qué ha venido usted aquí?”.

No hay comentarios: