miércoles, 8 de octubre de 2008

As “malas contas” para o 2009

Do prometido, nada de nada. Todo o contrario, orzamentos menguados en infraestructuras tan importantes para a vertebración e o desenvolvemento da nosa provincia como o AVE ou as autovías, ningún proxecto novo e prazos de execución que se alongarán aínda máis no tempo.

Uns orzamentos xerais do Estado para o 2009 malos, en definitiva, para o conxunto do país e de xeito destacado para Lugo. Ó fin, somos a provincia que menos investimento recibirá de Galicia. Un mero 12,8 por cento do total (que no caso do AVE, por exemplo, adícase principalmente á redacción de estudios informativos), que se sitúa moi loxe do 36,6 que recibirá A Coruña, o 28,1 de Pontevedra ou do 22,4 co que contará Ourense. E eso que en Lugo tempos unha das taxas de inflación máis altas, superior ó cinco por cento, que en Madrid non se molestaron en ter en conta.

Pero os socialistas, co seu vicesecretario xeral, José Blanco, á cabeza, tentan convencernos de que estas son unhas boas contas para Lugo. Pero a mentira, por moitas veces que se repita, non se convirte en verdade. E xa resulta igual que Blanco, mentres cena polbo no San Froilán cun reducido grupo de cargos do seu partido, diga que a nova ponte sobre o Miño estará aberta a finais de 2010, que haberá AVE no 2012 ou que o teletransporte será realidade o ano que ven, niguén o cree.

Non sería posible nin sequera por un acto de fe porque, con respecto á ponte, por exemplo, en maio de 2004 dixo que se ía adxudicar en 2005. En 2005 que estaría rematada en 2008. En 2006 que entraría en servicio no 2009. En 2007 a cousa quedou en que xa se faría; e agora, a finais de 2008, pese a que o Ministerio de Fomento aínda non sabe se o enlace irá polo parque Marcos Cela, ven Blanco e nun encontro nocturno cun reducido grupo dos aseguroa que se poderá usar no 2011 ou incluso a finais de 2010. Parece que pasou por alto que nos orzamentos do 2009 só se adican a esta obra 150.000 euros.

Así que ó que di Blanco non é garantía de nada e non sei, si é que non lembra o que promete ou ten tan pouco vergonza que lle dá igual.

En fin, que ninguén cree, agás os pais e nais da criatura, que os orzamentos do 2009 sexan bos para Lugo. Fixémonos putualmente nas obras que nos fixemos, no norte da provincia, no centro ou no sur, ou mesmo nas partidas globais dos ministerios (algúns evitan incluso adicar unha partida testimonial), o único claro é que para o Partido Socialista Lugo non conta. Deixouno claro o Goberno cando lle preguntamos por prazos de remate de obras ou de grados de execución dos orzamentos e refrendao agora coa presentacións das súas previsións para o vindeiro exercicio.

Nestas últimas semanas os responsables do Ministerio de Fomento poideron dicilo máis alto pero non máis claro. Do AVE, nin palabra, as autovías estarán operativas cando rematen as obras e dos cartos asignados para Lugo nos orzamentos de 2007 só se investiron o 49 por cento. Idéntica tendencia se está a seguir cos de 2008. Para mostra un botón: dos cinco millóns que se consignaran para a ponte sobre o Miño só se investiu o un por cento.

Lugo sae moi mal parado. Nada da apertura do porto de Alcoa para o tráfico de mercadorías. Nada para a autovía Chantada-Monforte. Partidas irrisorias, adicadas case en exclusiva a redacción de estudios informativos, para as tres liñas do AVE que discurrirán pola provincia e nin un euro para o AVE do Cantábrico…

O compromiso dos socialistas con Lugo limítase ás palabras, a fixar prazos que sistemáticamente incumplen porque o que prometen nunca está avalado despois coa consignación orzamentaria precisa.

No hay comentarios: