viernes, 19 de diciembre de 2008

Sen rectificación

O cogoberno da Xunta de Galicia non foi quen de recoñecer ou tan sequera sopesar a posibilidade de facer nin unha soa rectificación ós seus orzamentos para o 2009.

As máis de 800 enmendas presentadas polos deputados do Partido Popular foron rexeitadas dun plumazo; PSOE e BNG non aceptaron nin unha soa aportación feita polo grupo parlamentario maioritario (non hai que esquecelo) da cámara. Nin unha soa, insisto.

As dúas forzas políticas que confoman o Goberno galego quixeron sacar adiante en solitario uns orzamentos que non responden ás necesidades reais dos galegos e que non están, ademais, á altura das circunstancias. E as circunstancias principais non son outras que esta grave crise económica na que estamos xa metidos de cheo.

Si os orzamentos para o vindeiro ano son, no seu conxunto, malos para Galicia, son aínda peores para Lugo.

Lémbrolles: a nosa provincia recibirá en 2009 44 millóns de euros menos que no presente exercicio, que representa unha reducción do 25 por cento. Para ser aínda máis gráfico, aporto outro dato: a inversión por habitante pasará de 500 a 374 euros, é dicir, 126 euros menos.

Non vou a referenciar eiquí pormenorizadamente o retraso que por esta rebaixa de fondos acumularán proxectos de indiscutible relevancia para o benestar dos lucenses e para facilitar e promover o desenvolvemento económico da nosa provincia en todos os ámbitos. Só indicar que as obras e a dotación de servicios, sexan estes os que sexan, únicamente se poderán convertir en realidade, por moito que se compromentan de palabra, si se respaldan ou sustentan con consiganacións orzamentarias. E en Lugo os responsables da Xunta prometen moito pero, á hora da verdade, fan moi pouco.

Polo ben de Lugo, agardo que estes sexan os derradeiros orzamentos do cogoberno de socialistas e nacionalistas porque con este teórico goberno de progreso os lucenses sempre saímos perdendo.

No hay comentarios: