sábado, 6 de diciembre de 2008

Balance desalentador

O Partido Popular de Lugo celebrou esta pasada fin de semana en Vilalba a súa cuarta convención. Aproveitamos o encontro para, entre outras cousas, facer unha pormenorizada análise do que deron de si os algo máis de tres anos de cogoberno de socialistas e nacionalistas na Xunta de Galicia.

As conclusións non poden ser máis desalentadoras.

A información achegada polos nosos voceiros no Parlamento de Galicia ós preto de 200 cargos electos da provincia que nos demos cita alí non fixo máis que disipar calquera dúbida sobre o que xa tiñamos bastante claro: o autodenominado Goberno de progreso non troixo consigo ningún progreso para Galicia e moito menos para a nosa provincia.

Ningunha das áreas de goberno, estén capitaneadas por socialistas ou por nacionalistas, se salvan do balance negativo. Todo, en xeral, foi a peor.

Así, podería principiar por indicar que a Xunta non ten unha política de emprego capaz de atallar a situación actual, e aínda menos a que se aveciña, por mor desta crise económica sen precedentes tantas veces negada.

Os malos datos do paro (que resultaron ser aínda peores dos que barallamos en Vilalba despois de que se deran a coñecer os resultados do mes de novembro, mes no que em Lugo 52 persoas ó día quedáronse sen traballo, o que equivale a dicir que dous lucenses cada hora pasaron a englosar a lista de desempregados); o feito de que nestes tres anos o ritmo de afiliación á Seguridade Social fora en caída libre e de que se incrementara a temporalidade nas contratacións así o confirman.

A situación na que se atopan os pilares da nosa economía provincial, a gandeiría e a pesca, é igualmente preocupante. 600 explotacións gandeiras desapareceron no último ano en Lugo, 3.000 dende o 2005 en toda Galicia.

Os problemas que teñen os nosos pescadores (e ós que tiveron que enfrentarse en solitario) son tamén de dominio público. A suba do gasoleo, a entrada masiva de peixe foráneo, o desplome dos precios en orixe...,moitos barcos abocados ó desguace...

Acceder a unha vivenda nunca foi tan difícil, imposible para os máis novos. Nin unha soa vivenda de promocion pública foi iniciada e rematada nesta lexislatura e todas as decisións adoptadas pola responsable desta consellería (léase normas hábitat ou plan sectorial de chan residencial, que afecta na nosa provincia a Lugo, Ribadeo, Burela, Viveiro, Foz, Barreiros, Chantada e Monforte) son, en si mesmas e sen entrar en máis detalles, polémicas.

E así podería seguir: longas listas de espera para acudir a un especialistas ou a operarse e, por primeira vez na historia, tamén listas de espera para ser atendido polo médico de cabeceira; retrasos inaceptables nos xulgados; unha Lei da dependencia que non se aplica; un plan de reequilibro territorial ó que sempre se apela pero para o que logo nunha hai consignación orzamentaria…

E ante todo isto, o Goberno da Xunta impasible, inactivo, ineficaz.

Con este balance e estes antecedentes resulta incluso prudente dicir que a permanencia de socialistas e nacionalistas na Xunta sería un desastre.

PSOE e BNG, Touriño e Quintana, amosaron estar máis preocupados por facerse sombra o un ó outro que por resolver os problemas dos galegos. Primaron os intereses partidistas sobre o interese xeral.

As dificultades, os apuros, os dilemas que acuciaron ós galegos no día a día non estiveron nunca entre as súas prioridades á hora de exercer as súas funcións de cogoberno. Agora todos pagamos as consecuencias.

Nos momentos nos que a bonanza brila pola ausencia, faise máis necesario que nunca un goberno forte e eficaz e o PP está en condicións de liderar, a partir do vindeiro mes de marzo, ese goberno con Alberto Núñez Feijoo como presidente. O PP deu sobradas mostras da súa capacidade de xestión durante a súa etapa ó fronte da Xunta de Galcia e agora, con renovadas forzas, está preparado para asumir outra vez esa resposabilidade.

1 comentario:

CarlosDíaz dijo...

El título de este comentario creo que retrata bastante bien la situación actual de cientos de familias gallegas en general y lucenses en partucular, que tienen gravísimos problemas para superar el día a día y poder hacer frente a los gastos de la vida.
Balance desalentador, si, pero no para todos...
Mientras familias enteras no tienen dinero para afrontar el pago de la hipoteca, hay quien gasta sin pudor alguno los fondos de todos, dándose caprichos de nuevo rico y mirando hacia otro lado en las desgracias agenas.
Creo de corazón, que Galicia merece otra cosa, un gobierno serio, que nos haga recuperar la esperanza a todos y poder conseguir, de esta forma, los beneficios que hoy se nos niegan y que Lugo tanto necesita
Ánimo a todos, que al bipartito le queda un suspiro