lunes, 9 de marzo de 2009

Galicia falou

Pasou o 1 de marzo, e Galicia en xeral e Lugo en particular falou con claridade. O Partido Popular gañou as elecciones autonómicas.

Cada quen terá que facer agora as lecturas e as reflexións que considere oportunas ou necesarias. É tempo de valoracións.

Hoxe parecen quedar lonxe xa aquelas dúbidas sobre os liderazgos no Partido Popular na que algúns quixeron incidir e que outros se encargaron de amplificar alí onde puideron ou os deixaron.

O amplo respaldo acadado polo Partido Popular pecha dun plumazo a boca, sen prácticamente dereito a réplica, de uns e outros.

Esta campaña electoral foi longa e, ás veces, ata dura. Todos, hai que recoñecelo, xugabámonos moito. A arrogancia, ata chegar a rozar ou converterse incluso en soberbia, pasou factura. O traballo, a entrega e sobre todo a verdade tamén deu os seus froitos.

Pero se algo merece ser reseñado, e por riba de todo ademais, foi a porcentaxe de participación acadada, máis dun 73 por cento na nosa provincia. Non cabe dúbida de que estes índices históricos poñen de manifesto o interese, a implicación e sobre todo a preocupación que os galegos en xeral e os luceses en particular tiñan sobre o futuro de Galicia.

Neste punto, resúltame obrigado agradecer a cada unha das mulleres e cada un dos homes, exactamente 106.224, que o pasado domingo confiaron e respaldaron co seu voto a candidatura do Partido Popular en Lugo. Fago extensible tamén este agradecemento ós que, aínda sen apostar polo PP, acudiron ás urnas. A súa participación, a de todos, ademais dun exercicio de responsabilidade, afianza, aínda máis se cabe, a saúde e o espíritu democrático do noso país.



Non podo obviar tampouco o meu máis sinceiro agradecemento á gran familia do PP lucense, ós alcaldes, ós voceiros, ós interventores, ós apoderados, a todos os afiliados, pola súa adicación e polo seu esforzo nestes intensos días de campaña.

A responsabilidade que asume agora o Partido Popular é enorme, e non só pola maioritaria confianza expresada polos votantes, tamén pola peculiar coiuntura existente.

Non son éstes bos momentos, pero estou convencido de que non se vai escatimar traballo nin adicación para resolver os problemas e as preocupacións que neste momento nos acucian a todos os galegos. E o máis importante dende o meu punto de vista é que este traballo e esa adicación se faga, aínda que non teño dúbida de que así será, con humildade.

Estou seguro de que entre todos, porque todos somos imprescindibles e necesarios, seremos capaces de sair desta grave crise económica. Non teño dúbidas de que o equipo que liderará Alberto Núñez Feijoo estará á altura das circunstancias.

No hay comentarios: