martes, 28 de abril de 2009

O Goberno de Galicia

Moito se folou durante estes días da composición do novo Goberno da Xunta de Galicia. É lóxico. Incluso podería decirse que obrigado.

Dada a responsabilidade que asumen, as persoas elexidas para integrar o executivo, como hai unhas semanas acontenceu cos cambios promovidos por Rodríguez Zapatero e máis recentemente no Goberno de Andalucía, son susceptibles de valoracións.

Claro está que, segundo quen opine, o raseiro empregado é completamente distinto, incluso o baremo varía en función da posición que ocupe nese intre a partido en cuestión. Máxime no caso de Galicia que, despois do 1 de marzo, os que eran goberno pasaron á oposición e a oposición pasou a ocupar as bancadas do goberno.

Poñendo por diante que as opinións, positivas ou negativas, enmárcanse no discurrir cotidiá do xogo democrático, penso que hai que ser xustos, cando menos intentar selo.

Así, creo, ante todo, que hai que dar unha marxe de tempo prudencial para que os novos conselleiros tomen as rendas dos seus respectivos departamentos, para que coñezan a situación na que se atopan, qué asuntos lle deixaron pendentes sobre a mesa os seus antecesores no cargo e qué cuestións fixarán como prioritarias na súa acción de goberno. E despois, xa falaremos e valoraremos.

En segundo lugar e non por eso menos importante, é a constatación dun feito, penso que incuestionable, de que todos e cada un dos integrantes do gabinete de Alberto Núñez Feijoo teñen sobradamente demostrada a súa capacidade e os seus coñecementos sobre a área que lle corresponde dirixir. Os méritos ós que fago alusión son, insisto, comprobables e contrastables.

Por agora, aínda non hai feitos ós que poñer nota. Sí hai constatación de intencións e sobre todo a reiteración, contundente e xeralizada, dos compromisos adquiridos durante a campaña electoral polo Partido Popular. O prometido e débeda e eso, por riba de todo, o ten claro o executivo de Núñez Feijoo ó completo.

Imaxino que os que estén a ler este artigo estarán agardando que me pronuncie sobre esa polémica (algo artificial) ó redor da representación territorial, sobre as cotas provinciais dentro do gabinete. Así que reafírmome no xa dito. O Goberno da Xunta non é “propiedade” de ninguén. Representa e ten a encomenda de gobernar a Galicia, a toda Galicia. E do que non recelo é de que todos e cada un dos novos conselleiros abordarán con sensibilidade exquisita todos os asuntos relacionados directa ou indirectamente coa nosa provincia. A voz de Lugo oiranse en Santiago. Forte e claro, non o dubiden.

No hay comentarios: