viernes, 15 de mayo de 2009

O Congreso do PPdeG

O Partido Popular de Galicia renovou, sen dúbidas nin fisuras, a súa confianza en Alberto Núñez Feijoo. A súa reelección era, se me permiten a expresión, cantada.

A laboura que desenvolveu dende as bancadas da oposición e os resultados acadados o pasado mes de marzo eran aval máis que suficiente para que continuara ó fronte do noso partido.

Agora que asumiu, precisamente por esa confianza maioritaria que os galegos e as galegas depositaron no PP, a difícil tarefa, dada a coxuntura económica actual, de comandar o Goberno da Xunta, era tamén lóxico que as bases do noso partido o respaldaran do xeito que o fixeron. A el e a todo o seu equipo do que me honro seguir a formar parte.

Pero no XIV Congreso do PPdeG, aínda que a máis de un lle interesara sacar o tema a colación e a outros corealo, os nomes e esas tan aludidas cotas territoriais foron o de menos. O verdadeiramente importante era, como moi ben resumía o lema da xuntanza A maioría somos todos, abordar, analizar e sobre todo tentar acadar solucións ós problemas ós que cada día se teñen que enfrontar cada un dos cidadáns deste país, a sociedade galega no seu conxunto.

O Partido Popular de Galicia ten os pés no chan; e comparte as inquedanzas e tamén as esperanzas de todos os galegos e as galegas. Nestes intres é un exercicio de responsabilidade, e un deber ademais, adicar todos os esforzos, o esforzo de todos, a que eses tan manidos “brotes verdes” diexen de ser ilusión (ou alucinación) e xerminen de verdade e con toda a forza que sexa posible impregnarlle.

No Partido Popular de Galicia, e por descontado tamén no Partido Popular de Lugo, andamos a estas cousas. Outros andan a outras.

1 comentario:

Lugojoven dijo...

Nosotros hemos estado en el congreso y la verdad es que lo que se vivió en La Coruña fué una fiesta.
Aporvechamos la ocasión para invitarte a nuestro blog: www.lugojoven.blogspot.com y que nos des tu opinión.
Un saludo.
Carlos Díaz y Cristina López