jueves, 11 de junio de 2009

Gañamos as europeas

Xa pasaron as europeas e, en primeiro lugar, quero facer referencia ó indice de participación. O da provincia de Lugo foi, despois de Ourense, o máis alto de Galicia, superando en máis de tres punto a media galega.

Quere dicir esto que algo máis da metade do electorado acudiu a depositar o seu voto, o que supón un incremento, con respecto á cita do 2004, de preto dun tres por cento.

Lugo rebaixou notablemente, en máis de catro puntos, a abstención media do Estado. Comparativamente, por tanto, é unha alta participación, aínda que hai que tomar nota do dato. Incentivar máis ó electorado para que exerza este dereito, básico ademais nun sistema democrático, é unha asignatura pentende de cara a celebración de vindeiros comicios. E nese ámbito debemos implicarnos todos, os políticos e as instituciones pero tamén os cidadáns, porque Europa non nos é allea senón que, ó contrario, é determinante en moitos aspectos, sobre todo, como xa quedou de manifesto no transcurso desta campaña, en sectores básicos da nosa economía.

Feito este matiz, quero felicitar e sobre todo agradecer o compromiso e a sensibilización co que a Unión Europea supón e representa a todos e cada un dos que o pasado domingo, alleos as condicións meteorolóxicas, acudiron a votar.

No que atinxe ós resultados, a primeira consideración é que o Partido Popular gañou con contundencia; o Partido Socialista segue a reducir os seus apoios e o BNG está en caída libre.

Os resultados acadados en Lugo polo Partido Popular son excelentes e imponse neste punto agradecer a cada un dos nosos votantes o seu apoio, ó igual que o traballo realizado por todos e cada un dos nosos afiliados e representantes por terse volcado do xeito que o fixeron durante toda a campaña e na propia xornada electoral. Sin o seu esforzo, esta nova victoria non sería posible. Matizo, sen embargo, que non debemos caer na autocomplacencia porque quedanos aínda moito camiño por andar.

A provincia de Lugo é maioritariamente popular. Os datos non ofrecen a máis mínima dúbida sobre elo e sobre o feito, tamén irrebatible, de que a tendencia vai en ascenso. O 53,84 por cento dos votos emitidos foron para o Partido Popular, o que supón, en relación coas europeas de 2004, un incremento de algo máis de tres puntos, e máis do cinco por cento con respecto ás recententes autonómicas.

O respaldo que obtivemos en Lugo supera en algo máis de tres puntos a media galega. En relación co resto das provincias, só nos supera Ourense, que baixou un chisco con respecto ó 2004. mentres que eiquí obtivemos unha subida do 3,21 por cento.

En clave provincial, os resultados son incontestables. O PP supera en máis de 20 puntos ó PSOE e en máis do 45 ós nacionalistas. Gañou en 60 dos 67 municipios da provincia e en 53 deses 60 por maioría absoluta.

Significativos son os votos acadados nalgúns concellos como pode ser Lugo, no que aventaxamos ós socialistas en máis de dez puntos, 3.877 votos, ó igual que en Monforte (+12,16%), Chantada (+24,18%), Vilalba (41,78%), Sarria (11,85%) e Viveiro (11,46%), entre outros.

Incluso en concellos nos que o PSOE goberna por maioría, arrasou o Partido Popular e, de feito, se extrapoláramos os resultados ás municipais, coa lóxica distancia existente entre unhas eleccións e outras, teríamos maioría absoluta en Guitiriz, Viveiro, Triacastela, Becerreá ou Monterroso. O mesmo acontecería en municipios como Monforte, no que o BNG goberna por maioría; en Chantada e Burela, onde PSOE e BNG están coalidagos, ou incluso en Sarria.

Por todo o exposto, creo que é lóxico e comprensible que manifeste a miña completa satisfacción polo afianzamento e crecemento que está a experimentar o partido ó que represento nesta provincia, e que reitere o meu agradecemento a todos os que confiaron en nós e a todos os que contribuiron, desde os seus respectivos ámbitos e responsabilidades, a conseguilo.

Creo que estamos no camiño axeitado; creo que o traballo, serio, riguroso e responsable que estamos levando a cabo, está a dar os seus froitos. E debemos continuar así, sen desfallecer e, sobre todo, sen confiarnos nin vanagloriarnos en exceso dos nosos logros. Insisto, non debemos caer na autocomplacencia.

Ánimo e gracias a todos.

No hay comentarios: