martes, 18 de agosto de 2009

Xuicios paralelos

Presunción de inocencia. Aí está a clave. Nun estado de dereito, o acusado ou, mellor dito, o presunto acusado, non ten que demostrar que é inocente, senón que son as autoridades xudiciais competentes e pertinentes as que deben despregar as probas que teñan na súa contra e, polo tanto, probar as imputacións que se lle atribúen.

Por eso digo que o principio da presunción de inocencia é básica e unha garantía incluida non só xa na nosa xurisprudencia senón na mesma Declaración Universal dos Dereitos Humáns. En definitiva, toda persoa é inocente ata que se demostre o contrario, ata que non se probe a súa culpabilidade.

Fundamentado no exposto, entenderán que as imaxes que recentemente inundaron as portadas dos xornais, dos informativos da televisión e da radio deste país non resultaron do meu agrado. Os tribunais son os únicos facultados para dar un veredicto pero a proliferación de pomposas actuacións policiais amparadas na apertura de dilixencias xudiciais convértense, en si mesmas, en xuizos paralelos ante a opinión pública nos que a culpabilidade dase por feita.

En Lugo non somos alleos a actuacións deste tipo. Na retina de todos están aínda as (se me permiten a expresión) peliculeiras actuacións da denominada 'operación muralla', que, dito sea de paso, quedaron, tras meses de voltas e reviravoltas, en nada.

A prudencia, que, según din, é a nai de todas as ciencias, brila pola súa ausencia en moitos casos, demasiados. E na vida, aínda que existen as casualidades, non proliferan co exceso co que pretenden convencernos para xustificar a cando menos sospeitosa connivencia ou coincidencia de pareceres entre os desexos expresados polo partido político no Goberno do Estado e as actuacións emprendidas polos estamentos xudiciais.

O acoso, case cacería, ó que está a ser sometido o Partido Popular nos últimos meses como consecuencia dun uso partidista por parte do Goberno das institucións públicas é inadmisible nun estado de dereito coma o noso. Penso incluso que é antidemocrático, e dende o punto de vista ético, totalmente reprochable.

Empregar sen pudor nin recato as institucións con fins partidistas é inadmisible e a persecución da que está a ser obxecto o Partido Popular leva impresa, sen ningún tipo de disimulo, a marca socialista.

As chamativas exhibicións públicas das actuacións policiais, amparadas na apertura de procesos xudiciais, son, dende calquer punto de vista que se miren e sexan quen sexan os implicados, excesivas. O escarnio diario ó que está a ser sometido o principal partido da oposición está a enrarecer o ambiente ata uns límites insospeitados e inaguantables. O clima político neste país está a ser irrespirable.

Creo firmemente que un dos pilares da nosa democracia debe ser a independencia do poder xudicial; non comparto, por tanto, a opinión expresada hai algún tempo por Alfonso Guerra de que "Montesquieu ha muerto".

A xustiza debe actuar con total independencia onde, cando e contra quen considere que hai razóns para facelo. E, por descontado, o Goberno non debe inmiscuirse ou tratar de empregar as institucións públicas non seu beneficio.

Fago, por todo elo, un chamamento á reflexión e recupero a idea de partida deste artigo porque, insisto, ónde queda a presunción de inocencia e, o que é máis importante aínda, cómo se borra da memoria colectiva a imaxe degradada dos implicados se resulta que ó final todo queda en nada?

8 comentarios:

Anónimo dijo...

No se debe ser tan desconfiado, las casualidades existen y los milagros, aunque pocos, también

Anónimo dijo...

La justicia tiene varas de medir diferentes según para quien. Lo de ser rico ayuda, igual que, según la época, ser de un partido o de otro. Habitas se cuecen en todos los lados

Anónimo dijo...

La justicia actuan en función de a quien juzgue. No es lo mismo ser rico que pobre, ni pertenecer a un partido u a otro. Las habas se cuencen en todas partes

JTIRIMOL dijo...

Indo por partes, evidentemente o Partido Popular está sendo víctima dun acoso constante, e os membros del, igual, esteñas onde esteñas, case que tes que pedir disculpas por pertenecer ao PP, e fanche unha radiografía botándoche a culpa de tódolos males que sufre o mundo. En calquera conversa que manteñas con alguén non afín ao partido, sempre che vai botar en cara ou ben cousas do pasado ou ben xuizos hipotéticos, que eles mesmos, se encargan de facer e xuzgar, sendo os prisioneiros e os carceleiros das súas propias verbas. Pero vamos, que dende que se gañaron as Autonómicas, dependendo do lugar e da xente, case hai que disculparse por pertencer ás Novas Xeneracións.
E deixando a un lado isto, Xuzgar só o poden facer as Administracións competentes, e é unha vergonza que o Goberno empregue a esas institucións públicas, única e exclusivamente para o seu beneficio.
E deliberar a cerca da culpabilidade dalguén (persoa, cargo, institución…) ou da razón que hai nun asunto determinado para proceder a facer unha sentencia do mesmo, só o pode facer quen ten autoridade para elo, é decir a Xustiza, a cal debe actuar con total independencia.
E ante os comentarios anteriores, as casualidades e os milagros poden existir, pero eu de momento non vin ningún, será porque inda son xoven. E o de que a xustiza ten varas para medir, pois… Persoalmente quero pensar que non, porque senon mal vamos ¿verdade?, evidentemente non é o mesmo ser rico que ser pobre, pero non o é en ningunha faceta e eido da vida, E a época tamén inflúe, non é o mesmo a época Napoleónica que o Século XXI. E vivimos na era da información e quen ten a información ten o poder, e tendo ese poder que lles da dita infeormación, xa se cre con plenos dereitos para xuzgar, acusar e condear. Os medios de información teñen ise poder.
Pero quédome co que di Xosé Manuel e cito textualmente “un dos pilares da nosa democracia debe ser a independencia do poder xudicial”. E nada máis que engadir, coido que isa frase é a que debera servirnos a todos/as de reflexión, non xa pola persecución que está a sufrir o PP, senón a modo de ter en conta antes de abrir a boca para referirnos aos temas antes citados.

armadanzas dijo...

O que esta a acontecer e máis propio de "repúblicas" coma a actual Venezuela onde se persegue a oposición case coma delincuentes ou se pechan aquelas canles que non comulgan coa doctrina oficial.
Veremos o que tarda esta xente en facer algo similar no noso país

Anónimo dijo...

agora vai a ser cos do PP son todos unhos santiños que non levan un peso para o bolsillo...
Menos cara dura señor Barreiro e mais cartos para o pobo que os necesita mais que ninguen

Estrella dijo...

Es indignante que en un estado de democracia como el nuestro el gobierno utilice la justicia a su antojo y nadie haga nada.
En las dictaduras no existe la separación de poderes y hoy en día en España el poder judicial no es independiente del gobierno, ahora entiendo la amistad de ZP con Hugo Chávez puesto que le puede dar consejos al respecto.

Anónimo dijo...

JAJAJA bien dicho Estrella.
El "gorila rojo" quiere exportar si modelo de gobierno a España y su fiel mascota ZP toma buena nota de todo lo que le explican...