domingo, 25 de octubre de 2009

Dous xeitos de facer política

A Xunta aposta por Lugo. Clara e decididamente.

Os orzamentos para o vindeiro ano así o refrendan. Non se trata xa de dar números, aínda que resulta significativo que, en cómputo global, incluídas partidas xenéricas e singularizadas, o vindeiro ano o investimento rondará os 1.144 euros por habitante.

E digo que non se trata de particularizar sobre as cifras, ademais de porque son xa seguramente ben coñecidas, senón porque considero que por riba delas hai cuestións conceptuais que non só explican os números, tamén a diferencia de concepto que aplica o Partido Popular á hora de facer política e gobernar.

O Goberno de Alberto Núñez Feijoo aplicase a máxima de menos impostos, máis servizos públicos e máis emprego. Avoga pola austeridade e a reducción dos gastos superfluos e polo incremento do gasto productivo e social. O resultado é un incremento do investimento en infraestructuras e na prestación de servizos básicos, e eso pese a que a situación económica está como está.

Trátase, en definitiva, de adaptar o orzamento á realidade; de administrar sesudamente os cartos de todos en beneficio de todos; de non facer pagar ós que neste intre máis dificultades económicas teñen os erros dunha crise mal entendida e peor xestionada.

Os orzamentos de Feijoo son, de partida, contrarios, no fondo e na forma, ós plantexados por Zapatero, que poden resumirse en máis impostos, máis déficit e, desgraciadamente, máis paro.

Nunha situación de dificultade todos temos que apretarnos o cinto e os Gobernos, por moi lexitimados que estén polo respaldo electoral que recibiron, non poden nin deben condenar ós cidadáns a pagar as súas equivocacións, os seus disparates. Un exemplo significativo: cada familia desta provincia, por obra e gracia da suba de impostos argallada polos socialistas, terá que aportar ás arcas do Estado 60 euros máis ó mes. E seguiremos sumando.

En conclusión, considero que o orzamento en Lugo da Xunta é axeitado e que denota, ademais dun xeito ben distinto de gobernar, unha aposta e un compromiso inequívoco con esta provincia.

As actuacións previstas para o vindeiro ano e o propio plan Impulsa Lugo, que avanzou un paso máis coa aprobación por parte do Igape das modificacións normativas que permitirán facer efectivas as bases reguladoras dos incentivos económicos especiais para as empresas lucenses ou para aquelas outras que queiran investir ou instalarse nesta provincia, permítennos atisbar un futuro próximo algo máis tranquilo e sobre todo algo máis productivo para Lugo.

9 comentarios:

armadanzas dijo...

O exemplo que está a dar Feijóo na xunta tiña que ser aplicado tamen na Moncloa.
Xa era tempo de que Lugo deixara de ser a gran esquezida da xunta. Con este novo goberno as cousas van a cambiar para ben

Estrella dijo...

Feijóo es un ejemplo a seguir para mucha gente. Espero que el plan impulsa Lugo sirva para que esta ciudad mejore y se creen más empleos.

JTIRIMOL dijo...

PARTE PRIMEIRA: Nun mundo que só se move por os intereses duns poucos, non quero entender porque temos que pagar a crise financiera os pobres, nen que as subidas de impostos nos afecten igual aos pobres cós ricos.

O que está claro é que hai que adaptar os presupostos á realidade que estamos vivindo e padecendo, hai que adaptar todo iso ao uso común de todo aquello que existe, e hai que facelo dende o punto de vista político.

Nestes catro anos, a nosa provincia foi a gran esquecida da Xunta, tal se vivisemos a anos luz dunha realidade, completamente irreal para o Bipartito, boa falta fai que se nos teña algo en conta.
O que está claro é que ningún membro nen “membra” (para que non se me enfade a señorita Bibiana Aído) do Bipartito debeu ler os escritos de Ludwig Wittgenstein. E entón pasa o que pasou, que se promete o que é totalmente imposible (xa non de cumplir) senón de levar a cabo, que os ornamentos dán pánico literalmente, e que as cifras non as cadra nen Karl Gustav Jacob Jacobi nos seus mellores tempos. E claro despois da desfeita económica, social e política, as consecuencias pagámolas todos os cidadáns. E recae toda a responsabilidade no novo Goberno de Alberto, non vou entrar no debate de se é xusta ou inxusta, dita responsabilidade; só direi que ao meu parecer é bastante excesiva e que polo de agora vai sacándonos do paso, nalgúns aspectos paseniñamente, e noutros de golpe como o plan de austeridade, por pór un simple ejemplo.

JTIRIMOL dijo...

PARTE SEGUNDA: Dito isto, e referíndonos xa a nosa provincia, decir, como xa dicen noutras ocasións, que teño plenas confianzas no Plan Impulsa para Lugo, sen dúbida ningunha, a cidade medrará grazas a él. Por outro lado está o esforzo que implica a reducción dos impostos, crear máis servicios públicos e máis emprego. a austeridade e a reducción dos gastos superfluos son dúas medidas que requiren dunha gran responsabilidade política, que espero, desexo e confío en que o equipo de goberno de Feijóo asuma isa responsabilidade.
Decir que ata día de hoxe, Lugo deixou de ser a gran esquecida da Xunta, e os cidadáns xa comezamos a dislumbrar algo de luz ao final do túnel, ao ver que se aposta pola nosa Provincia, e non se nos deixa quedar nun segundo ou nun terceiro plano.
Despois o de que hai que apretar o cinto, a verdade é que xa estamos bastante fartos de facelo, que de tanto apretar vámonos a quedar sen o pouco alento que nos fai falla para respirar. Que moitos de nós seguimos aumentando a lista de parados, e a situación non mellora, e algún político, preocúpase máis por asuntos intranscendentais, que por axudar ao cidadán, que se diexen de ser Micht Albom, e que baixen á Terra para ver os problemas que temos todos, que solucións non hai, e que non me aburran coa fe, porque os meus ollos ao igual cos ollos de millóns de españois, só creen o que vén, e polo de agora vén; solucións cero.
Confío no Plan Impulsa, alégrome que a Xunta aposte definitivamente pola nosa Provincia, e espero que isto serva, sobre todo, para crear emprego que é a base de todo.

zETA dijo...

Después de 4 años de olvido de Lugo por la Xunta, por fin tenemos el gobierno que necesitamos. Gracias Barreiro por hacerlo posible con tu trabajo en toda la provincia.

Anónimo dijo...

Te vas a hundir

Anónimo dijo...

Barreiro a ver cando fas unha entrada do congreso e nos das a tua opnión perosoal de como o viches
Un saludiño

caracu dijo...

MANUEL LORENZO VARELA RODRÍGUEZ

Os teus representantes (na páxina web provincial)

Iste será representante teu Barreiro, pero eu so recoñezo a Susana como a miña representante no partido local, ACTUALIZADE XA A PÁXINA!!!!!!!!!

Anónimo dijo...

Barreiro, dentro de pouco xa non che fara falta representante en Chantada, quen te representa e non e a Susana, farate dimitir.
Bos dias e boa sorte